** Feliz Consumo...
SANXENXO. Julio Torres

Encántame a época do consumo de decembro. Nada é máis importante... Imposible conciliar o sono en todo o ano. Disfruto unha barbaridade vendo consumir compulsivamente á xente, pois hai que ser feliz consumindo. Diso se trata ¿non?. ´
É unha alegría indescriptible que neste periodo os publicistas e medios de comunicación nos fagan chegar, totalmente desinteresadamente, o bo que é a publicidade e mercar por mercar. Iso é o que hai que facer. Sería unha falta de respeto que non compraramos aquela cousa que logo nos fará falta para usar de pisapapeis, abrumdada do tanto e tanto que a empregamos...
Emocióname ver cómo a xente durante quince días continúa sendo -como no resto do ano, claro- amable, solidaria, e tantas cousas boísimas e que non predica con todo isto so nestas dúas semanas, vamos que non é hipócrita. Faltaría máis...
A mágoa é que ó mes de decembro non se lle cambie o nome polo de Consumo. Claro que sería unha pena que tiveramos que aprender de novo a dicir os penses: (...),octubre, noviembre y consumo (ou consume). Custaría aprender o novo nome. Polo menos ata que unha gran superficie ou empresa se encargase de patrocinarnos unhas clases de aprendizaxe dos renovado último mes do ano. O máis importante para o consumo, que diso se trata...
E digo eu: ¿e o mes de nadal non era ante todo outra cousa? Dicían os vellos que antes, no mes chamado de decembro ou nadal se celebraba o nacemento dun neno nun portal, ó carón de animais e pallas. Hoxe por haber case que non hai nin portal. Os avances e os intereses comerciais adormecen ó verdadeiro ambiente navideño, un ambiente real, verdadeiro, continuista e cheo de valores...
Por certo, que non o dixen: FELIZ NADAL E FELIZ 2011. Sí, soa unha mensaxe moi corriente e manida, pero deséxovos, de corazón, que o 2011 vos inunde a vosa vida de alegría e felicidade, moita felicidade. Por moitos cartos que se teñan e por moito que consumades a alegría non se instalará máis alá duns días. A felicidade verdadeira non ten precio, como tampouco o ten a vosa amizade e a vosa fidelidade ó blog, incluso logo dun mes sen poder actualizalo. MOITAS GRACIAS!!!


















