** ¿Subes ou baixas?
SANXENXO. Julio Torres
Entró en el ascensor. Tras verlo lo saludó. No se conocían. El tiempo le parecía una conversación banal y ambos optaron por no decir nada. El silencio se hizo. Se miraban de reojo, a la vez que intentaban clavar sus ojos en cualquier lugar fuera del alcance del otro. Sus caras, teñidas de un halo de misterio insospechado, se separaban cada vez más y más. Aquellos 12 segundos de trayecto se convirtieron en 12 largas e inoloras horas imaginarias y en una huida frenética. Dos personas en el ascensor, atracción y timidez al mismo tiempo. Poco y mucho tiempo. Todo es relativo, pero tiene su momento. ¿Un flechazo? ¿Química? ¿Subían o bajaban?. Nunca, nunca lo sabrán. Hay momento irrepetibles que es mejor no dejar pasar...
Por certo, a raíz deste imaxinario minirelato, ¿cara onde soedes mirar nun ascensor cando ides en compañía doutra persoa de sexo contrario?. Unha vez, hai xa 12 anos, fixera unha enquisa para Radio Voz e as respostas eran do máis ocurrentes. E xa non vos digo nada dos temas de conversación, cando non coñeces a outra persoa, ou qué farías se te quedaras encerrado con outra persoa nuns ascensor. Loxicamente, todo depende de con quen...As contestacións foron moi divertidas. Probade a facer unha pequena enquisa entre @s vos@s amig@s. Seguro que vos sorprende algunha contestación. O ascensor, fonte de onde beber anécdotas. ¿Quen non ten unha?
5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Boísmo Julio, encantoume porque é ben certo que cando entramos nun ascensor nunca sabemos cara onde mirar, direchei que eu miro sempre para o indicador de pisos para ver cando chego o meu.
bicos meigos
A mín pasoume unha fai uns anos... ía saúdar a un amigo, xa que eu estivera fora un tempo, e cando chegue o edificio estaba aberto, así que, tan ancha, entrei e chamei o ascensor... e cando chegou o ascensor, viña o amigo nel con media camisa por fora e unha moza toda despeinada. Claro, como me coñece, non pudo evitar a risa, porque entendeu que me había dado conta de que os pillei... DÁNDOSE O LOTE.
E non era a súa moza.
Se os ascensores falaran...¡jaja!
Ben, agora en serio, non sei si vos pasa, pero eu veño observando que de dicir as típicas banalidades sobre o tempo pasouse ó saúdo desganado polo medio dos dentes.
Agora xa estamos entrando nunha fase na que se suprimiu por completo o saúdo. Sorpréndeme cando fan isto os pais indo acompañados polos fillos pequenos, ¿qué clase de educación lle dan ós cativos? ¿xa non lle ensinan os modais máis elementais? Non me estraña que despois teñan que chamar á Supernany da TV. Parecéravos unha parvada, pero a min paréceme un síntoma da progresiva perda de valores éticos. Dáme a impresión de que hai xente á que lle costa moito ser amable.
Eu quedeime encerrada cun tío que non conocía de nada, que ó entrar ata me caeu mal, porque cando dixen boas tardes, non se dignou contestar. Logo resultou que tiña máis medo ca min.
Cristina Conde.
Pois eu miro, sonrío e doulle os bos días, boas tardes ou boas noites! Despois preguntolle a que piso vai. E mentras o ascensor sube (ou baixa) sigo a mirar e sonreir e se da moito "cante" miro para o indicador. A mín os ascensores non me gostan nadiña, pero, canto vou nun, fixome na xente porque me fai gracia como mostran timidez.
Ou senón, imaxinome que pego un chimpo, un berro e poñome histérica dicindo que vai caer o ascensor para asustar aos demais. Imaxinandoo dame a risa e fago máis amena a baixada ou a subida.
Publicar un comentario