** Un ano sen Andrés Montes (o "Tiki-Taka" do deporte)
SANXENXO. Julio Torres
Hai un ano, un venres 16 de octubre, morría un crack do xornalismo deportivo chamado Andrés Montes, e que sempre será lembrado por ser un xenio retransmitindo os partidos de baloncesto e de fútbol, polos seus apodos a deportistas e compañeiros de traballo e por frases do tipo: "Tiki-Taka" (gran xogo) ou "La vida puede ser maravillosa". A ningúen deixaba indiferente. Podía gustar ou non (tamén tiña os seus detractores), pero do que non hai dúbida era de que conseguía animar o partido máis aburrido do mundo. Iso seguro.
O tempo pasa e pasa rápido, iso xa o sabemos tod@s. Nunca me olvidarei deste crack das retransmisións de raíces galegas (por parte de pai) e cubanas (por parte de nai). Quizás esa mezcla galego-cubana era a artífice da súa xenialidade. Non sei. O que teño moi claro é que poucos xornalistas consiguen inculcar o seu espíritu de emoción nas retransmisións deportivas. Hoxendía lévase un estilo moi conservador que so na radio se mellora, pero lonxe de acadar as cotas de Andrés Montes (quen, por certo, traballou moitos anos na radio) ¡¡Fan falta moit@s Andrés Montes nas retransmisións!!
ARTIGO RELACIONADO: Andrés Montes abandona La Sexta
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario