** A reducción do déficit público e a economía sumerxida (2/3)
O problema das economías mergulladas é tal que se publicaron varios informes (por certo, todos feitos por institucións extranxeiras xa que as que había no país tiveron que pechar por falta de recursos ou de interés, non sei), que revelan uns datos un tanto inquietantes: segundo o recente "Estudo Panaeuropeo sobre a Economía Mergullada" de VISA Europe, a finais de 2012, a economía mergullada de España rolda os 201.300 millóns de euros. O que supón un 19,2% do PIB español.
Por sectores, a economía mergullada, repártese da seguinte forma:
. O 29% da economía mergullada corresponde á actividade de reparacións do fogar e obras de renovación, o que supón un montante de 28.000 millóns de euros.
. O 19% á hostalaría e restauración.
. O 18% do sector de comercio é economía mergullada, o que supón unha cantidade de 20.000 millóns de euros. O comercio, en España supón uns 113.000 de millóns de euros de PIB.
. A industria xera uns 24.000 millóns de euros mergullados, o que implica un 16% do PIB industrial. O PIB industrial é de 149.000 millóns de euros.
. O sector de transportes e comunicación teñen un 14% do seu PIB en forma clandestina.
. As inmobiliarias xeran un 9%, aproximadamente, do seu PIB en economía mergullada.
. Sectores como traballo doméstico, clases particulares, etc. son imposibles de cuantificar.
. Os únicos sectores que non presentan ingresos clandestinos son os sectores regulados como a educación, etc.
Por outra parte, o Instituto Tax Research de Reino Unido elaborou recentemente un estudo das mesmas características que o anterior que reflicte que a principios do 2.013 existía en España, unha economía somerxida entre 212.125 e 239.175 millóns de euros, o que supoñería un 22,5% do PIB español. Polo tanto, FACENDA PÚBLICA DEIXARÍA DE INGRESAR 74.032 MILLÓNS DE EUROS AO ANO. O último ano descenderon 9.900 persoas traballadoras por conta propia.
A Taxa de paro é do 27,16% e máis de 6,2 millóns de persoas están no paro e subsisten grazas á solidariedade familiar e á economía mergullada, que fai de amortecedor. Os sectores máis característicos, que se ven a plena luz son "traballos a domicilio", "pintor", "cursos de inglés", "clases de apoio"..., do 20-30% da hostalaría e restauración defraudan mediante contratos fraudulentos (cotización á S.S. Por 4 horas diarias cando en realidade os traballadores realizan 8 horas diarias) e en vendas non declaradas.
Parte desta economía mergullada que se ve a simple vista podería desaparecer na maioría dos casos se tivésemos un sistema de cotización á S.S. máis liberalizado, xa que xente, a maioría mulleres, que por motivos persoais ou de crise, xa que hai menos horas de traballo, non pode traballar todo o día ou o mes enterio, estarían dispostas a contribuir á S.S. como autónom@s e non o fan porque teñen que pagar a cuota da xornada de 8 horas e polo mes enteiro...
O próximo día fareivos partícipes de posibles solucións, espero que este pequeno escrito vos axude a entender un pouco máis o que bos rodea e como poderíamos cambialo. Non creo na persecución da economía sumerxida a pequena escala pero sí na concienciación ciudadana, pero non será posible ata que nos liberalicen as cuotas que máis frean a nosa economía e fagan xustiza cos grandes defraudadores de Facenda, Tamén teño un trociño adicado para eles. Un abrazo.
SANXENXO. Mary Camiña
ARTIGO RELACIONADO:
** ¿Qué é o déficit público e cómo se modifica? (1/3)
4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Bueno, artigo sesudo que merecería un comentario elaborado e riguroso. O caso é que estou convalecente e en período vacacional, e nestas condicións tan pouco favorables ó traballo intelectual vou ser breve e expresar a miña opinión: se o sistema tributario español non fora tan tremendamente opresivo moita xente non tería motivos para pasarse á economía mergullada. E logo, ¿non coñecedes ningún autónomo afogado polos impostos? Tamén penso que existen moitas trabas burocráticas, como o exemplo que citas das normas de cotización a SS para o exercicio de determinadas actividades profesionales. Vamos, que se vas pola vía legal, non compensa que arruina.
E despois pasa o seguinte, a ninguén lle amarga un dóce. Vamos, que os españois seguimos a ser un chisco bandoleiros, si, vimos moito Curro Jiménez de pequenos, e se nos podemos aforrar o iva de pintar o cuarto...Non digo nada. A culpa téñena todiña os políticos e o exemplo que nos dan.
E agora, para rematar, unha bela perla. Non recordó exactamente a data, pero a policía desmantelou un taller de costura clandestino nas aforas de Santiago, en Montouto, onde uns 20 chinos vivían, sobrevivían, en condicións de semi-escravitude cosendo para unha famosísima firma dun home deses ricos, moi ricos. Esa, si que é das economías sumerxidas que apestan a explotación.
Moi acertado o teu comentario, Alvariño. De feito, aquí parece que se prima o "gran fraude fiscal" e se afoga ao pequeno "empresario", como se lle llama a un simple autónomo que traballa a pequena escala e para subsistir. Non se pode facer unha lei única cando existen tan diversos tipos de traballos e sectores, o que sí se pode é facer un marco legal flexible, igual que se fai co Plan Contable para adaptalo ao tipo de empresa da que se trate; perdón, non sei se o sabedes, explícoo da forma máis simple que podo: non se pode tratar igual unha contabilidade dun circo, que dun restaurante, que dunha fábrica de gasosas, son casos moi diferentes, o Plan Xeral Contable é aberto e ten unhas normas polo que podes adaptalo ao tipo de negocio do que queiras levar as contas. De feito, na carreira tivemos un mestre que é auditor e unha dos traballos que nos propuxo foi adaptar o plan contable a diversas empresas nada normais: dende un circo, á un prostíbulo e pasando por unha carnicería... Se coa contablidade se pode, por qué non coa fiscalía? Non é tan difícil, o problema é que non se quere... Bueno, ise é o meu punto de vista...
A tod@s os seguidores de A Lareira que estedes de vacacións que o pasedes ben, aos que nos toca traballar:ánimo!
Saúdos.
Coincido con vós. Para acabar coa economía sumerxida, á parte de perseguila, creo que se debería dotar ós autoónomos dun marco flexible. Non parece normal que haxa que pagar 200 e pico euros cada mes por ser autónomo teñas ou non actividade na túa empresa, cando en Inglaterra creo que non pagan máis de 40 ó ano polo feito de ser autónomo. Algo falla. Ás veces perder significa ganar. Se ganas menos de cada persoa cada mes, igual despois gañas máis do conxunto dos autónomos cada ano. Non se pode ter todo. E tendo en conta que á xente vaille interesar cotizar de cara a unha lonxana xubilación a sabe qué anos...e tendo en conta que agora o mínimo van ser 25 anos cotizados, ó ritmo que imos, vai haber moitas pensións non contributivas, tema do cal se debería -por certo- facer unha revisión profunda de requisitos para que as cobren os e as que realmente as necesiten e non sexa a pensión un ingreso a maiores...-
Noraboa pola triloxía de artigos. Xa lin os tres e están moi interesantes. Nos vindeiros días agardo poder subir o último da saga.
Saúdos Máxicos. Carpe Diem
Gracias a tí, Julio, por publicalos.
Saúdos.
Publicar un comentario