** Cúmprense hoxe 15 anos daquel 6 de agosto de 1998...
Hai 5 anos publicaba un artigo no que relataba a miña experiencia de prácticas como xornalista en Radio Voz Vigo no verán de 1998. Daquela, e trala publicación do artigo, varias foron as persoas que me pedían un audio meu pois saían tódalos compañeir@s cos que estiven pero non a voz dun servidor. Non quixen poñelo. Dábame un pouco de reparo.
5 anos despois sí vou subir un pequeno fragmento dos titulares. O outro día repasando as miñas grabacións daquela época atopeime co meu estreo coma presentador principal dos informativos. Foi tal día coma hoxe hai 15 anos. Era un 6 de agosto e facía moitísima calor na cidade. Tanto era o traballo que so puidemos ir media horiña á praia logo de xantar. Dada a singular efeméride que se cumpre hoxe, será a primeira vez que se escoite a miña voz en A Lareira Máxica. Tamén vos advirto que non foi precisamente a miña mellor locución. Desde aquí aproveito para mandarlles un novo saúdo a tódol@s persoas coas que tiven o gusto de traballar. Pasa o tempo, pero é imposible olvidar a tan boa xente. ¡¡Moitas gracias amig@s!!
.....................................................................................................................................
SANXENXO. Julio Torres
9 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
¡Qué voz máis bonita e radiofónica!
Pois sí que cambia a voz a radio..., entre a entonación e o son característico da radio cómo para recoñecerte... Foi un bo ano, por esas datas comecei coas miñas primeiras vomitonas matutinas causadas polo meu primeiro embarazo. Sí que fixo calor ese ano... Sempre está ben recordar as nosas primeiras veces... Saúdos.
Moitas gracias Alvariño!!. Neste corte non se nota aínda moito, pero sí que estaba nervioso. Iso sí, era a miña primeira vez de conductor principal do informativo...Fun de menos a máis nese informativo.
Ó meu lado tiña o meu titor de prácticas -e amigo desde hai 15 anos-, o gran Iñigo Elvira (que neste fragmento so aparece no apartado do tempo pero el sae máis veces no informativo) e co que aprendín moito. Gracias Iñigo!!
Saúdos Alvariño!!
Normalmente os aparellos electrónicos cambian un pouco a entoación: cando escoitamos a nosa propia voz nunha gravación nunca nos recoñecemos nela. Aquí pasará o mesmo. E os nervios tamén influirán algo, aínda que eu non os noto por ningures.
É o señor Julio Torres o que ten que dicir se parece ou non a súa voz quince anos despois...
Ah! E a radio perdeu un gran locutor.
Moitas gracias Estrela de Xullo, pero non é para tanto, asegúrocho. O que sí boto en falta é a radio. Sempre me encantou e escoitar a túa voz pola radio é unha gozada. Sendo un traballo moito máis duro do que aparentemente parece, a radio é un medio que te atrapa. É duro traballar nela, sí é moito, pero é moi bonita. Para o oínte é cercania, entretemento e acompañamento namentres realizas un traballo, etc. Amais, o que escoita a radio se non coñece ó que fala é imaxinalo, aínda que logo case nunca coincide a imaxe imaxinada coa real.
E traballar nela é xenial. Amais tiven a sorte de ter moi bos e boas compañeir@s. Doutra parte non é o mesmo traballar por exemplo nos informativos que nun magazine. En fin, que é complicado explicalo. Afortunadamente puiden traballar nese medio e ver cómo é por dentro. Boto en falta falar polo micrófono.
Vaia que me encanta...
Saúdos máxicos
Abofé que Julio ten unha fermosa voz, pero asegúrovos que en "directo" gaña aínda máis; non é pola voz en sí, senon a expresividade. Nótaselle o seu humor retranqueiro, niso recórdame a meu avó, quizáis por iso me guste tanto a súa maneira de falar.
É unha pena que non sigas na radio,Julio, pero ..., Quén sabe? Igual o día menos pensado... Nunca digas nunca xamáis, nin dés por perdido nada. Mentras tanto, como parece que é o caso, disfruta con ledicia dos bos recordos e dos amigos que fixeches polo camiño.
Saúdos.
Gracias Mary. A ver non noto que teña unha voz do outro mundo, ou creo. Pero gracias.
Sobre o do "directo" penso que tódalas persoas non é o mesmo escoitalas en directo que en "diferido" que diría a outra... Eu prefiero o directo, de aí que decidira darme de baixa no face hai unhas semanas.
A radio sempre me gustou, e como ben dis nunca se pode dicir nunca xamais. Sería algo moi bonito regresar a ela aínda que so fose de colaborador. A radio ten o seu puntiño, sobre todo cando che encanta como a min.
Saúdos Máxicos. Carpe Diem
Bueno, pois eu vino partir cara as prácticas aquel verán de 1998 e podo asegurarvos que era a encarnación da felicidade máis absoluta. Resplandecía. Non sei si sería que estaba estreando roupa o caso é que cerro os ollos e véxoo rodeado dunha aureola especial no hall da sinistra e escura facultade de xornalismo da praza de Mazarelos. Sinistra por fea e polo ambiente de hostilidade e envexa que se respiraba nela.
Anos máis tarde baleiraron aquel edificio por dentro e reconstruírono. E non hai moito arranxáronlle a fachada e agora reloce caleada de branco, como na data da súa edificación. Creo que agora alí é a facultade de filosofía. ¡Quén vería o profesor Outeiriño, xa que logo..., xa que logo..., dando clases de filosofía clásica!. Tiña que ser unha experiencia relixiosa, que diría o outro. E non o digo porque non o vexa capacitado, senón por aquelas interminables divagacións de intelectual de campus de Oxford que facía sempre. Eu nunca fun capaz de seguilo, era moito para min.
Pois, dígoche o mesmo que Mary Camiña, foi unha experiencia máis e o mundo da moitas voltas.
Vaites! Ao Xulio gústalle máis a radio ca o Piraña comeres. Xa nos puxera ao Xaime i a min este anaco. Certamente súa voz non semella a mesma ca ouvido en direto i tamén coido que apenas a mudou de hai 15 anos.
Publicar un comentario