venres, 16 de agosto de 2013

** O gran heroe americano

Willian Katt, Robert Culp e Connie Selleca protagonizaron na década dos 80 a serie de humor: "El gran héroe americano". Uns extraterrestres regálanlle un traxe para voar a Ralph (William Katt), un profesor que perde o libro de instruccións do traxe e voa como boamente pode... A sintonía é de Joey Scarbury e a canción titúlase: "Believe it or not". Os creadores de Superman denunciaron á serie por considerala un plaxio da película. O acertixo musical da semana pasada queda, pois, desvelado.

.....................................................................................................................................
SANXENXO. Julio Torres

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Estrela de Xullo dixo...

Así que "El gran héroe americano"... Vaia, debo dicir que eu xa non acertei.
Lembro moi vagamente esta serie, pero si me decato agora de que o protagonista era un pouco patoso, unha persoa moi bondadosa que quería axudar á xente, que se metía en moitos líos -sen querer- e que ao final sempre acababa ben.
Na vida real non existen heroes así.
Saúdos.

Mariam dixo...

O mesmo me pasa a min, case non recordo esta serie. Eu, de El coche fantástico xa debín pasar a Falcón Crest.

Mary Camiña dixo...

Vaia recordos!!! Estaba bastante perdida ata que Patricia fixo o comentario de se trataba de alguén que ía de vermello. Mimá, onde van aquelas tardes!!! Moito teño rido con esta serie.