** Un día calquera...xa será tarde
Un día calquera decatarémonos de que nos equivocamos, pero xa será tarde. Un día calquera darémonos conta de que esta sociedade peca de cinismo, hipocresía e egoísmo individualista, pero xa será tarde. Un día calquera observaremos que os monopolios nos asolagan apoiados nos cartos, pero xa será tarde. Un día calquera veremos tronar e quereremos evitalo, pero xa será tarde. Un día calquera pretenderemos apuntarnos para correr unha maratón cando os participantes xa chegaron á meta, pero xa será tarde. Un día calquera contarannos que houbo unha crise económica, pero xa será tarde. Un día calquera PENSAREMOS, pero,claro, XA SERÁ TARDE...
UNHA REFLEXIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Si, vai que vo o escrito. O ser humán moitas veces deixa para mañán o que pode facer hoxe, e así pasa o tempo. Ao final acaba todo e non chega as metas, porque xa pasou o tempo.
O tren ou se colle xa, ou se perde.
Cantas cousas deixamos pasar e logo xa é difícil engancharse. Desde o máis mínimo no fogar ata o que serían os grandes logros da humanidade.
Priorizamos ou preocupámonos a miúdo por cousas tan materialistas, tan banais, e esquecemos o verdadeiro, o máis profundo, o sentimento, o que está ao noso carón...
As veces cúlpamos a sociedade porque as cousas van mal, e esquecemos que nos somos sociedade e desde o gran de area, desde o máis sinxelo podemos cambiar algo este planeta. Si, posiblemente moitos non o fagan, pero que importa, pode que si nos nos implicamos animamos a outro a facelo.
Pode non, as veces é mellor non deixar marchar o tren, porque logo nos arrepentimos pero....
Preciosas y certeras palabras
Vexote un chisco pesimista.
Tamán din que nunca é tarde se a sorte é boa. Sorte!
xOsse, mOendo do revés
Eu teño a sorte de crer que xa estoy a pensar... porque do contrario a vida non tería ningún sentido.
Estas palabras so pretendían facer reflexionar sobre o pouco que pensamos en xeral. Non pretendía ser nin optimista nin pesimista. So realista. Por certo que hai xente que vive ó día por riba das súas posibilidades e logo, un mal día, lévase unha desagradable sorpresa e non lle queda máis remedio que vender piso, coche,etc.
Gracias a tod@s polos vosos comentarios, amig@s.
Carpe Diem
Publicar un comentario