domingo, 28 de decembro de 2008

** MÚSICA: Dous cantantes que triunfaron en 1988

Eros Ramazzotti e Glenn Medeiros triunfaban a finais do 88 con sendos temas musicais. Os dous de temática romántica. Un vinteañeiro italiano con nome de deus, Eros Ramazzotti, empezaba a ser coñecido en España gracias a aquela inolvidable canción "Nada sin ti". Pola súa parte, un xoven hawaiano, Glenn Medeiros, saltou á fama polo "Nothing's Gonna Change My Love For You", da cal faría pouco despois a versión en castelán "Nada cambiará mi amor por ti".

O éxito de Eros foi crecendo. Vinte anos despois segue na música. En 2007 quitou o seu último álbum no que destacou un tema que canta a dúo con Ricky Martin "No estamos solos". Pola contra, Glenn Medeiros abandoou a música pola docencia. Exerce como profesor de Historia nun instituto de Hawai. Na música so deixou un par de éxitos, un deles foi o antes citado e que foi o que lle deu fama mundial.

¿Lembrádevos destes dous temas musicais de finais dos 80? ¿Que lembranzas vos traen? A min moi boas...


EROS RAMAZZOTTI "Nada sin ti"



GLENN MEDEIROS "Nothing's Gonna Change My Love For You"



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Im-Pulso dixo...

Julio,
Desexo que no 2009 se cumpran os teus desexos persoais.
Unha aperta... ¡e grazas polo vídeo de Ramazzotti!, é un dos clásicos da balada que sempre me prace escoitar.

Anónimo dixo...

Estupendo Ramazotti. Feliz 2009, compañeiro. Unha aperta.

Anónimo dixo...

Si, de feito, gústanme as súas cancións.
O que non sabía é que Glen Medeiros se dedicase a docencia. ¡Qué sorpresa!