luns, 15 de decembro de 2008

** A MEMORIA FOTOGRÁFICA: a radio, anos 60

Como vos adiantara hai tempo, ALM vai publicar fotos antigas que teñen, de por sí, un gran valor ou recordo. A primeira fora aquela de Manuel Ferrol sobre a emigración, na que un neno e un persoa maior choraban desconsoladamente nunha despedida.

Hoxe publicamos unha enviada pola colaboradora mariam, que foi quitada por Virgilio Viéitez en 1960 e que xira en torno a unha radio da época. Anímovos a que me comentedes esta imaxe e tamén a que sigades enviando máis fotos que fagan lembrar unha época. Podedes acompañala dun comentario propio ou alleo (tal e como fixo Mariam na imaxe da radio). En todo caso, identificade ós seus autores se os coñecedes. ¿Seguro que non tés ou coñeces ningunha imaxe que case fala por sí soa? ANÍMATE E ENVÍAME AS TÚAS!!! .



El sonido de la radio


Señora con el receptor de radio adquirido con el dinero enviado por su hijo, emigrante en América.
Virgilio Viéitez (1960)


Las fotografías tienen sonido. Es un sonido distinto, diferente del que estamos habituados a escuchar, pero es un sonido vivo.
En la fotografía de Virgilio Vieitez que ahora miramos, el sonido es más que evidente. Es el sonido de esa radio junto a la que la campesina posa con orgullo (el orgullo con el que los pobres muestran las pocas cosas que les pertenecen), pero también el de la posguerra en aquellos años de hierro que se pueden intuir en ambas cosas: en la fotografía y en el electrodoméstico. Quizá el primero que la mujer tuvo, como la mayoría de las casas españolas.
Por eso, basta mirar fijamente esta foto para escuchar en sordina el sonido del parte, el de los anuncios de comercios y productos provincianos, el rumor del rosario y de Radio Andorra, que llegaba por las noches a todos los rincones del país como por arte de encantamiento. Ese mismo encantamiento que invade esta vieja foto que tiene toda la dignidad de la obra bien hecha y el hechizo de lo que perdurará.

JULIO LLAMAZARES


FOTO FEITA POR: Virgilio Viéitez
COMENTARIO "El sonido de la radio" escrito por: Julio Llamazares



FOTO E COMENTARIO REMITIDOS POR: mariam
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Como xa sabedes @s habituais do blog, encántame o mundo da radio. A radio permite moitas cousas: imaxinación, compañía, escoitar,etc. A radio sempre cumpriu e seguirá cumprindo unha importante función. E é que non todo vai ser imaxes. A voz, a música son dous elementos moi importantes na vida cotián e permiten simultanear a súa escoita con outras tarefas. En fin, que outro día falarei das bondades do medio radio pois daríame para falar e falar.

A foto é moi bonita e entrañable. So pensar a miseria que se pasaba nos 60, pero aí estaba ela: a radio. E lembrar cómo eran daquela é unha auténtica reliquia que non convén olvidar.

Anímadevos a deixar as vosas impresións.