domingo, 14 de decembro de 2008

** O F.C.Barcelona gáñalle ó Real Madrid por 2 a 0.

O F.C.Barcelona gañoulle onte ó Real Madrid por dous goles a cero o derbi de fútbol da primeira división. Os tantos foron obra de Etoo e Messi. O Real Madrid disfrazouse no Nou Camp de equipo menor co gallo de non encaixar un feixe de goles. Parecía que quen realmente xogaba contra o Barcelona non era o Madrid senón o Osasuna ou o Recreativo, con tódolos meus respetos para estes equipos da parte baixa da clasificación. Así, o equipo branco puxo o autobús diante de Iker Casillas e non dubidou en coser a faltas a Leo Messi para paralo e meterlle o medo no corpo. Fixo do contraataque a súa arma. A estratexia saiulle ben ata o minuto 83, momento non que o F.C.Barcelona deu coas chaves do autobús para abrir a portería de Iker (con anterioridade, o Barça incluso fallará un penalti), establecendo o 1-0. Un maxistral gol de Messi subiu ó marcador o definitivo 2-0.

O Barcelona non gañou a Liga, pero deu un paso moi importante. Distancia ó eterno rival en 12 puntos, namentres que o Valencia e o Sevilla, os seus perseguidores, se atopan a 8 puntos. O Villarreal é cuarto, a 9. Falta moita Liga por xogar, pero o F.C.Barcelona asestou un duro golpe.



UNHA MINICRÓNICA FEITA POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Im-Pulso dixo...

Non sabía que foras do Barça... Noraboa.