** Un blog que denuncia a falta de seguridade na A-9
Conducir por autopista en principio é seguro, pero se se produce un accidente éste pode ter graves consecuencias. Ser precavido e cauto ás veces non chega, porque hai outros factores que ti non podes controlar, como por exemplo a climatoloxía e unha insuficiente información nos paneis informativos da autopista.
Remíteme Miguel Edreira un correo no que me informa da creación do blog autopistasdelatlántico.com. Contra o que poida parecer non é un blog de AUDASA senón duns usuarios da autopista no que dan conta dun accidente acontecido o pasado 12 de decembro. Nel viuse implicada Luisa, a muller de Miguel. No blog relata cómo foi e critica a AUDASA: "creemos que é de recibo que se manteñan unhas mínimas condicións de seguridade, que hai xeo se bote sal ou se advirta, que se hai accidentes bloqueando a auto-estradas se corten as entradas inmediatamente. Queremos xustiza pero sobretodo que isto non volte suceder", afirma, con razón, Miguel. E é que Luisa sufriu un accidente grave que lle provocou unha fractura de columna, tal e como afirma o seu home, por mor do abundante xeo existente no firme da calzada e no que se viron implicados uns 40 vehículos.
O blog nace co fin de "denunciar a falta total de seguridade e mantemento da AP-9 xestionada por Autopistas del Atlántico (AUDASA). Para que todos os afectados/as teñan un lugar onde contar a sua história. No meu caso serverá para dar conta das accións legais e demais reclamacións contra AUDASA polo accidente do día 2 de decembro de 2008 na AP-9 (en Ordes)".
Coido que a información que se facilita no blog é moi interesante (incluidos links da noticia en vídeo e en prensa) e merece a pena visitalo. E máis se ti eres unha da persoas dos que se viu implicada nese accidente en cadea, que lle puido ter pasado a calquera de nós.
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
O problema non era a neve, senón un tramo de autoestrada de alómenos 1 km de xeo no que era imposibel frear. Daba igual a que velocidade fosen, os coches non freaban polo xeo. Dai que houbese tantos veiculos implicados. Non botaron sal gordo. Seica se lles esgotou e botaron "sal comun". Incrible pero certo. A miña muller entrou na autoestrada as 7:30 e xa habia coches accidentados desde as 6:00 AM. Isto confirmado pola Radio Galega. Tardaron case 4 horas en evacuar a miña muller (tivo que ir até A Coruña para logo volver até Sigüeiro no camión-grua pese a queixar-se de dores na espalda a garda civil non a meteu nunha ambulancia, logo resultou que tiña unha fractura de vértebra).
Contamo-lo en: http://autopistasdelatlantico.blogspot.com/
Grazas Julio, pola tua colaboración.
Publicar un comentario