** ¿Os cartos compran a honestidade?
Hai determinadas palabras que corren serio peligro de extinción. Non é broma. Dígoo en serio. Ás veces por hipocresía, vanidade ou egocentrismo presúmese de posuíla cando lle falta a raudales. Estoume referindo a HONESTIDADE.
Coñezo a poucas persoas honestas de verdade. Moitas dicen selo e é mentira. Véndense polos cartos, incluso sen precisalos, en canto poden. Tod@s nos temos levado decepcións neste senso. ¿Ou acaso non?.
Unha das grandes virtudes dunha persoa é ser honesta, coherente consigo mismo, decente, que non se traiciona a sí mesma ou ós que lle rodean. Son moit@s ós que se enchen a boca alardeando que son honest@s. Como diría un famoso dito: "Dime de lo que presumes y te diré de lo que careces".
Non me gusta nada esa xente que dice ser honesta sen selo. Non. Tendo a arredar a esas persoas do meu entorno. Non son persoas dignas de confianza. E un bo amigo ou amiga se, en verdade o é, debe ser digno da nosa confianza.
Este post ven a raíz dunha conversa que mantiña estes días cunha moi boa amiga. Unha persoa honesta, como poucas. Unha persoa que vai de fronte, que non te engaña, que é fiel ós seus principios e que non se deixa comprar por nada. Que non ten pelos na lingua. Que di o que pensa, e que, ante todo, é coherente consigo mesma e coas súas accións. Debatiamos sobre o tema ela e máis un servidor. Os dous coincidimos que a honestidade hoxendía sona case a utopía porque a honestidade, un valor tan apreciado noutros tempos, hoxe está en perigo de extinción. E moita culpa téñena os cartos.
Hai uns meses Nacho de la Fuente, no seu blog La Huella Digital, preguntábase
"¿Compensa ser honrado?" . Á par, ese gran mago da reflexión, Guillermo Pardo, recollía na bitácora Migramundo a luba tendida polo seu compañeiro de profesión e titulaba "Honrados en la selva". A resposta á pregunta de Nacho non é nada sinxela, porque entran moitas casuísticas persoais e familiares que conlevan necesidades económica reais -e non de enriquecemento- que todos podemos entender. Con todo, servidor respostaría que sí. Polo menos desde o punto de vista humano e espiritual sempre compensa. Fai ter a conciencia tranquila, e conleva unha gran paz interior, outr@s non poden dicir o mesmo... Alá eles/as coa súa conciencia.
Un dos obxectivos deste blog é que sexa un lugar de reflexión de moitos temas, porque a reflexión, como a honestidade, estase perdendo. É iso fai que sexamos monigotes en mans alleas. Debemos aprender a pensar por si mesmos, e non a deixarnos levar ou comprar ás primeiras de cambio...
¿E vos que pensado da honestidade ou da honradez?
UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
¿Honestidade? Si, é unha palabra en perigo de extinción. Non é culpa de ninguén ou é culpa de todos, quén sabe… Eu, cando vai calor razoo fatal. Estamos ante un tema complexo, interesante. ¿Compensa ser honesto? Depende. ¿Compensa economicamente ser honesto? Creo que non. Na sociedade consumista trunfan outro tipo de valores. O rol “ir de honesto” pasou de moda hai moito tempo. Ó mellor foi unha adaptación ó medio, como diría Darwin. Si, debeu ser iso. Estamos na “xungla” do consumo feroz e para sobrevivir nela o que fai falta, basicamente, é ter cartos, cantos máis mellor.
Recapitulando:
1.- Vivimos en España, pais de pillos por tradición histórica. Ningún comportamento pasado serve para predecir comportamentos futuros, aínda que as evidencias son evidencias e debemos telas en conta.
2.- Vivimos nun modelo social consumista.
3.- Non parece existir unha relación clara e directa entre os conceptos “honestidade” e “progreso económico”. De feito, a observación empírica parece demostrar o contrario.
4.- Sí existe unha relación clara e directa entre os conceptos “deshonestidade” e “rápido enriquecemento”: (Non reparamos en que sexa lexítimo ou ilexítimo, para cuestións de moral xa temos o papa. A palabra “ética” tamén se considera en serio perigo de extinción).
5.- Tendo en conta todo o anterior e despois de reflexionar un chisco, penso que no noso país deben quedar poucos “honestos”. Non sei si escribirlle a Zapatero para que tome algún tipo de medida. Ó mellor, ós honestos era mellor metelos nunha especie de “reserva” como facían os ianquis cos indios. Algo hai que facer, vivimos rodeados de tentacións, de ameazas, de perigos ocultos detrás de cada cristal de escaparate. A honestidade hai que salvagardala o mesmo que se facía antano coa virxinidade das mulleres. Unha idea que se me ocorre sería xuntar a todos os “honestos” e crear unha comunidade, unha “Honestilandia” exemplar. Ó peor é que inda os han de tomar por unha secta.
-¿Perigosa?
- Quen sabe...
En esencia, penso coma ti y coma o Alvariño, e, en liñas xerais, o meu pensamento está exposto no post que enlazas do meu blogue. É verdade que hai que verse na circunstancia para decir que un non porá a man neste ou noutro lume. Non hai verdades absolutas, porque aínda as máis absolutas son rebatidas con posterioridade. Agora mesmo non sería quen de nomear a ninguén que sexa capaz de vender ou venderse sen sentir que detrás dese acto hai un arrebato de culpa, o que me leva a pensar que no fondo os valores funcionan como alarmas que chegado o caso servirán ou non para seguir adiante ou o contrario. Penso que á maioría gústanos ser honestos, pero que o grao de honestidade vése nas circunstancias. Por exemplo, podo aceptar trocar un coche por outro con vantaxe para min, pero posiblemente non acepte votar por un partido contrario ás miñas ideas por obter unha compensación que me desacougue. É decir, podo aceptar sen problemas unha deshonestidade que supoña unha mellora pasaxeira, pero quizá non poida facelo cunha que implique unha rotura emocional ou moral. Non é sinxela a cuestión. A humanidade ten contradiccións que, lonxe de debilitarnos, refórzannos. Dun erro pode sair un gran acerto, e seguramente ás veces tamén o contrario. Saúdos e grazas pola mención. Unha aperta.
Bueno, por un momento acerqueime por aquí,e atopeime cun artigo interesante. Por suposto a honestidade, ser honrados, é un valor moi importante.
Coincido bastante co que dicides, sobre todo contigo Migramundo. Pois tamén creo que non hai verdades absolutas, e que as veces, depende, non somos honestos nalgúns actos.
Pero por suposto que é importantísimo a honestidade, ser claros nas ideas e ser coherente co que dis (as veces non se consigue, son máis un desexo, un alcanzar...).
Pero todos os valores son impresdinbles no ser humano, é aínda que moitos, as veces parece que se están deixando de lado...Hoxe, sinto ganas de ser positiva e creo que a pesar de tantas veces que se fala de crisis en valores, suscitome a seguinte pregunta ¿se o mundo existe, se está en pé, se hai parellas, se hai pais e nais, se hai amigos ...pode ser por qué os valores sustentan o mundo?
As veces centrámonos máis no negativo, pero non contamos todo o que vai adiante no mundo, cos valores positivos, desde un simple abrazo ou a man de axuda no máis mínimo, a persoas que loitan día a día por un mundo mellor nunha organización, no seu traballo...Ou tantos xóvenes, que teñen ideas e valores realmente positivos (¿por qué centrarnos so no negativo?)
Sí, estamos nun mundo de occidente, máis individualista esa a parte triste... Pero vamos a pensar en todo o demáis, ....
De vez en cuando, supoño que está ben, ver o vaso medio cheo (aínda que outras, a maioría un vexa o vaso medio vacío, je) Serán as vacacións.
Bo día a todos.
Publicar un comentario