** Titular ambigüo. Respostas a "Colorín, colorado"
Antes de nada: NON VOU PECHAR A LAREIRA MÁXICA. Dito o cal quero manifestar:
1- Grazas a todos e todas pola interese mostrada. Gracias a Mariam, Guillermo, Eifonso, Martín, Alvariño, Patricia, Rosa, Ineti, Jose e algun/ha comentarista anónimo/a. Gracias tamén ós que me chamástedes por teléfono para preguntarme se me pasara algo. Síntome orgulloso de tervos como amig@s". GRAZAS DE TODO CORAZÓN.
2. Non vou pechar o blog. Non. Se vos fixades en ningún momento dixen tal cousa. A entrada foi ambigüa a propósito. "Colorín, colorado (...) se ha acabado. Foi bonito. Gracias a TODOS por telo feito posible".
Hai uns días que se me pasou pola mente publicar esta entrada. ¿Por que non podía estar referíndome a que o tema da selección española de fútbol se acabou, logo de saturar o blog nos últimos días con este tema? "Grazas a TODOS", escribín. Non dixen a tod@s ou a todos/as.... En realidade o de colorín colorado era pare referirme a que xa tocaba pasar páxina co tema da selección, e da alegría que TODOS OS XOGADORES NOS DERON GAÑANDO A EUROCOPA. Doutro lado, a etiqueta do artigo so poñía "actualidade", non poñía "a lareira máxica" nin, certo é, "deportes".
Quería facer un experimento, no que sen dicir a que me estaba referindo e sen dar explicacións, ver cómo reaccionaba á xente que o lía e era visitante asidua do blog. Conste que se mo fixeran a min, tería reaccionado da mesma maneira que vós. Ás veces sen que ningúen nos diga algo expresamente, xa damos por suposto que nolo dixo. Pero ás veces, non todo é o que parece.
Guillermo Pardo deu no clavo, como sempre o fai: "e volve dicíndonos que era unha broma para ver si picabamos". Mariam e Patricia tamén: estrañáballes que pechara o blog, sabendo a moita ilusión que me fai "este fillo virtual" meu e, como apuntaba Mariam, non podía despedirme cun lacónico colorín colorado e un artigo de dúas liñas no que non explicaba nada.
Tamén se nota que Patricia e Mariam me coñecen ben, aínda que as dúas dubidaron e moito...Sorry. Sí, se de verdade fora en serio o do blog, teríao dito: PECHO A LAREIRA MÁXICA POR XX MOTIVOS. Se algún día tomo esa decisión -espero que tarde moitos anos en tomala- tede claro que explicarei claramente que a pecho e porqué.
DE TÓDOLOS XEITOS, PIDO PERDÓN A TOD@S POLA ENTRADA AMBIGÜA E AGARDO QUE NINGÚEN SE TEÑA OFENDIDO.
Con todo, SI que durante o verán vou reducir drásticamente o ritmo de publicación de A Lareira Máxica porque certo é que tamén preciso recargar pilas. Incluso haberá algunha temporada que non o actualice. A tódolos blogueiros nos pasa que precisamos parar, como apuntaban moi ben Eifonso, Martín Bolívar e alguna persoa máis. Non vai ser a primeira nin a última vez que a min tamén me pase.
INSISTO: perdoade, grazas pola vosa preocupación, A.L.M. non pechará, pero durante o verán verá recortada a súa periodicidade. Paciencia. Digamos que vai ser un semi-pechado por vacacións.
GRAZAS A TOD@ POLOS ÁNIMOS E POR TERVOS COMO AMIGOS, COMPAÑEIROS E VISITANTES. SEN VÓS -e agora si que me refiro A Lareira Máxica- este blog non sería o que é. GRAZASPOR ESTAR AÍ.
4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Vai, acábome de enterar deste tema, non sabia da entrada na que falabas do "posible" peche do blogue, pero se ao final foi un malentendido pois mellor que mellor, pásome de cando en vez a botar unha ollada e sempre hai cousas interesantes que ler, asi que xa sabes, a seguir uns cantos anos máis....
Un saúdo Julio :)
Alédome moito que todo fose un malentendido Xulio
alegrome moito de que este blog siga adiante,é moi interesante, xa estaba todo triste pensando que a chama desta lareira xa non volveria a quentar os nosos fogares . grazas por todo Xulio
Lástima
Publicar un comentario