luns, 7 de xullo de 2008

** 008 É Nadal, Rafa Nadal

Rafa Nadal é xa, sen dúbida, o mellor tenista español de tódolos tempos. Onte conqueriu o título de Wimbledon, trofeo que non gañaba o tenismo español desde que o lograra Conchita Martínez en 1994 e, antes, Manolo Santana en 1966.

O mallorquín derrotou na final, unha vez máis, ó número un: o tenista suizo Roger Federer por 3 sets a 2, no partido máis longo de toda a historia do torneo inglés (case 5 horas). Noraboa Rafa! Nadal segue crecendo e, con tan so 22 anos, aínda non coñece o seu teito. Ougallá lle queden moitos anos de alegrías e titulos que gañar e morder...



UNHA OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :