miércoles, 30 de mayo de 2012

** Noticias banales nun país en crise...


SANXENXO. Julio Torres

Escoitaba hoxe na televisión esta noticia que me chamou a atención. Tanta crise económica e fai falta desviar a atención. Pregúntome eu ¿tan importante é coma para salir nun telediario en horas de máxima audiencia? ¿Obedece todo a un intento de restarlle importancia a situación económica do país? ¿Por que hai medios que o destacan e outros que nin caso lle fan? ¿Por qué será? ¿Non é algo totalmente prescindible coa que está caíndo? As novas tecnoloxías poden facer isto e moito máis. Está claro que terá a súa utilidade para certas persoas, pero non por iso me deixa de parecer algo friki. Se tódolos problemas do país foran éste... Claro que para gusto hai colores. Seguro que o agradecerán todos aqueles banqueiros retirados e apetitosamente indemnizados que non saben que facer con tantos cartos e tempo libre...

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

sonia dijo...

Certamente o mundo vai ao revés, je.
Somos seres totalmente manipulados as ordes duns cantos, as veces un é consciente, outras vives a vida e non pensas.

As veces penso se o mellor é non pensar para así ser máis felices, je, ou máis manipulables. Vivir deixándose levar...¿Non sei?

Entón pregúntome, cal é o concepto de liberdade, pregúntome ¿somos seres libres?...Libres hasta que punto....¿Podería facer o que me dese a gana respectando a liberdade do outro?...¿Podería vivir sen pagar impostos?...¿Podería vivir libremente indo en contracorrente? ¿A que prezo...?
Admiro os que aínda que sexa mínimamente rompen a norma para protestar polos dereitos reais da persoa.

Menos mal, que, polo menos podemos falar. Mil grazas a quen o permite...Pero supoño que con ollo por si acaso.

Supoño que haberá que pensar nos feitos positivos para non enloquecer neste mundo precioso pero as veces corrupto polas acción do home.