sábado, 3 de octubre de 2009

** A memoria fotográfica: o tempo todo o cambia (2)

Velaquí outra foto máis. É do mesmo lugar que a de onte, se ben está máis contextualizada. Coido que agora xa é un pouco máis fácil acertar. Xa vos dixen que estaba situado en Galicia. Hoxe tamén vos dou máis pistas:


PISTA 2: Lugar que se ubica nas Rías Baixas galegas.
PISTA 3: Ten moita fama por ser vila de mariñeiros.
PISTA 4: É ideal para comer marisco.
PISTA 5: Conta cun mirador cunhas excelentes vistas, e onde se pode apreciar excelentes amenceres e postas de sol.


ACTUALIZACIÓN:
PISTA 6:

O lugar en cuestión non ten porque dar nome ó Concello. Trátase de acertar o sitio exacto, non o nome do Concello. Con todo, a estas alturas podo dicir que non pertence ós Concellos de Vilagarcía de Arousa, Cambados ou O Grove. Está á beira do mar como se pode comprobar, nalgún enclave entre Cambados a pensínsula do Morrazo. Hai xente que o coñece cun nome distinto ó que realmente é...Non é "Santo Antonio de Louredo", pero ten certo parecido...Uyyy, que esta pista despista...

11 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Carlos dijo...

la playa de caneliñas en Portonovo

Isabel dijo...

Pode ser O Grove?

Julio Torres dijo...

Non son nin Portonovo nin o Grove, pero a cousa non vai desencamiñada. É máis, a vila está ou na Ría de Arousa ou na de Pontevedra. Agora sí que xa é moi fácil.

Gracias ós dous por participar. Por favor, seguídeo intentándoo. Como xa dixen mañán, coa publicación da terceira foto do mesmo lugar, revelarase a ubicación. Será unha foto desde outra perspectiva, e feita nos anos 40, pero que xa se coñecerá perfectamente....

An dijo...

E cambados, unha disas casas inda esta ali a veira do mar, na parte que da a torre de San sadurniño...non si?
Saúdos

Julio Torres dijo...

Parécese bastante, sí, pero non é. É outro pobo. Fíxate ben na foto e nos seus detalles. Insisto non é nin: Vilagarcía de Arousa, Muros, Portonovo, O Grove ou Cambados. A zona está bastante cambiada. Hoxendía non é así, pero hai certas cousas que siguen estando ali. Claro que outras cambiáronse...

Polo fondo agroma unha paisaxe, do outro lado da Ría... Algún edificio aínda existe, outro é un banco, outras moitas cambiaron. Por exemplo, unha estrada ou menos casas propiamente ditas...
An, moitas gracias pola resposta. Seguide participando. Mañán desvelarei de que lugar se trata.

Rosa dijo...

¿A Illa de Arousa?

Julio Torres dijo...

Benvida Rosa. Non é A Illa, que tamén podería ser. Hoxe a praia cambiou de aspecto, ó igual que as casas (a maior parte son edificios).

Gracias pola túa resposta. Mañán desvelarei a resposta. Seguide participando, por favor.

É máis fácil do que poida parece a simple vista. É unha lugar coñecido, pero o seu aspecto de hai bastante décadas despista moito.

Carlos dijo...

Pues no creo que sea Combarro. Pero se divisa la torre de la pequeña iglesia. ¿Puede ser?

Julio Torres dijo...

Non Carlos, pero seguimos andando preto. Está máis para abaixo de Cambados pero máis arriba de Vigo. Moita xente coñece o nome deste lugar cun nome lixeiramente distinto ó que debería ser.

Por certo, a igrexa que se ve na foto aínda sigue en pé...
A clave tamén pode estar en acertar que pobo é o que se ve ó fondo...

Gracias pola resposta. Seguide participando.

MAriña dijo...

SANXENXO SE VE LA TORRE DE LA IGLESIA CERCA DEL PUERTO

Julio Torres dijo...

Unha persoa acaba de descubrir o lugar en cuestión. Noraboa Mariña!!!

Paso a publicar a terceira foto, que xa era moi sinxela e unha cuarta foto, ésta xa de colleita propia, para comparar como cambiou Sanxenxo en 60 anos (entre a terceira e a cuarta foto).

Gracias a tod@s por participar.

Saúdos Máxicos
Carpe Diem