venres, 12 de xaneiro de 2007

** O empacho (Relato real como a vida mesma)

Teño un veciño ecoloxista, reciclador do imposible e experto en enxeñerías varias. O meu veciño é un xenio, a súa particularísima maneira, claro está. Avelino, que así se chama, sempre atopa unha forma innovadora, e barata, para facer calquer tarefa. A el non lle tira para atrás nada. Se algo lle envexo é a súa iniciativa para resolver calquer problema que se lle presente.
Á veciñanza, danos mostras do seu inxenio constantemente, e non é que queira presumir dos seus coñecementos, non, é un home modesto. A el o que de verdade lle gusta é compartir ideas e intercambiar experiencias. Nunha palabra, falar. Non é mal veciño, polo menos, non o foi ata que se lle dou polo cultivo de verduras e hortalizas en invernadero. O do invernadero foi unha ocorrencia da pasada primavera, cando se lle disparou o colesterol. Con tanta carne…
Ve-lo Artigo completo....



En fin, hoxe quero adicar este artigo ás súas innovacións procedementais no campo da “Metodoloxía terapéutica das obstrucións intestinais porcinas”. Parece un tema sesudo, pois todo llo debe Avelino ó seu afán aforrador. Porque sí, para que negalo, é moi tacaño.

Unha mañá de Agosto, a sogra de Avelino, que se chama Herminia, pero a que todos coñecemos por doña Rogelia… Non é por amolar, é que realmente a señora Herminia é un clon de doña Rogelia, a de Mari Carmen e os seus bonecos. Recapitulando, unha mañá de agosto, doña Rogelia comprobou que o porquiño dos seus ollos, aquel que alimentara cada día dende que era un bacoriño, aquel que mimaba e coidaba con tanta adicación, aquel ó que lle dicía sempre unhas palabras agarimosas,… estaba ¡tirado no cortello! Estaba enfermo, sen dúbida. Non lle fixo caso a comida, desprezou a auga con follas de col e fariña de millo, co bo comedor que era, que comía todo canto lle botaba na maseira: mazás cun anaco podre, tonas de pataca, sobras de cocido,…, o que fora. O porco era un auténtico triturador. Doña Rogelia alarmouse e contoulle a novidade ó Avelino.

A mediodía, o veterinario visitou ó animal. O seu diagnóstico foi claro: empacho. O tratamento aínda máis claro: enema. Total, que o porco estaba “atascado”. Os días de agosto son longos, e doña Rogelia non veranea en Sanxenxo, polo que tivo tempo dabondo para empachar ó porco coas sobras da Nuestra Señora. Son catro días de festa na parroquia e como se fai tanta comida…, porque eso sí, “os días da festa ten que sobrar de todo que o resto do ano xa se pasa como se pasa”, que a Avelino non lle gusta o derroche pero tamén sabe cumprir cos seus convidados.
O veterinario escribeu nun papel a prescripción e Avelino foi á farmacia. Volveu como foi.

- E logo, ¿non tiñan o medicamento? - preguntou doña Rogelia ansiosa.

- Sí que o tiñan, e que… e que…pareceume algo caro, e ó mellor non lle fai nada e o porco morre…, e tendo a sulfatadora no cuberto…- xustifícouse Avelino.

Avelino enxaugou a vella sulfatadora coa mangueira que tiña na horta. Cando lle pareceu que a máquiña acadara un nivel de asepsia suficiente, botoulle un par de litros de auga no fondo e enroscoulle a tapa. Despois foi ó seu cuarto, abreu o primeiro caixón da mesilla de noite e sacou un tubo de vaselina del. Con ela lubricou ben o pulverizador da sulfatadora. O animal estaba enfermo e non lle quería causar sufrimentos innecesarios. Cando tivo todo preparado cargou a sulfatadora ó lombo e díxolle a doña Rogelia:

- Herminia, veña comigo.

Doña Rogelia, seguindo as instruccións de Avelino, achegoulle ó fociño do porco a maseira mediada de fariña de millo, o seu manxar favorito, para tentar distraelo mentras Avelino operou por detrás. Con bastante facilidade introduceu o punta do pulverizador da sulfatadora no sitio requerido, logo, un pouquiño máis para dentro. Nisto, coa man dereita moveu arriba e abaixo a palanca da presión da sulfatadora e coa outra man accionou a manilla do pulverizador para que o líquido se verquera onde se tiña que verquer. E non se sabe se foi polo gusto que lle dou ó animal, se foi polo poder terapéutico da lavativa administrada coa sulfatadora “Matabi”, ou se foi polos efectos positivos dos restos do Sulfato de Cobre na flora intestinal, que o animal, ós dez minutos da intervención, aliviouse.

Coa primeira lúa do mes de novembro, seguindo a tradición de tódolos anos, acabouse o reinado no cortello. Un sábado cedo, na casa de Avelino, fixeron a matanza. Ós sete días, fixeron chourizos. Aquelas tripas doloridas do verán acabaron no cocido. Todo gracias a sulfatadora, que senón quen sabe…, porque Avelino comprar solo compra o moi imprescindible, e a lavativa non era prioritaria. Por suposto, tirar non tira nada, que todo pode facer falta.

Rosa García


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.


-------------------------------------------------------
Relato feito e remitido por: Rosa García
Colaboradora de A Lareira Máxica

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

jejeje!!! Se hai artistas para todo. O relato lémbrame os do noso xenial http://www.rabudo.com/ El tamén ten un veciño do mesmo tipo que o de Rosa. Soberbio relato o do empacho. ¿Cal será a vindeira aventura que lle ocurra ó seu veciño? Agardemos que cando isto suceda nolo conte!!!

Anónimo dixo...

Julio, ó meu veciño Avelino non lle ocorren aventuras, mais ben, a súa vida ¡é unha aventura constante! Prometo contarvos algunha máis, a próxima: "A piscina de Avelino"

Anónimo dixo...

Un mediodía, animal del ó del visitou del veterinario de o. Claro del foi del diagnóstico del seu de O: empacho. Claro de los máis del aínda del tratamento de O: enema. Total, estaba “atascado” del porco del que o;. Longos del hijo del OS días de agosto, de e del doña de Rogelia en Sanxenxo, da empachar Nuestra Señora del veranea no de los sobras de los coas del porco del ó de párrafos del dabondo del tempo del tivo del que del polo. Tanta comida… del fai del SE del como del parroquia e de catro días de festa na del hijo;, el sí del eso del porque, resto sobrar del que o de de todo del que del festa diez del da de los días de “os hace SE pasa” del como del pasa del SE del ano XA;, el que un pero del derroche del gusta o del lle de Avelino no tamén convidados del seus de lechuga romana del cumprir del sabe.
Papel de la monja del escribeu del veterinario de O un farmacia del á del foi del prescripción e Avelino. Foi del como de Volveu.

¿¿¿¿Lechuga romana, papel de la monja???? Carai, este sí que é un exemplo de traducción fideligna. ¿que fará o traductor este cando se lle clike ó botón de chino simplificado?

Julio Torres dixo...

Si, xa sei que o traductor non é gran cousa. A culpa é porque non hai un traductor online para traducir páxinas web do galego a outros idiomas distintos do castelán. Se o blog estivera en castelán non existirían todas estas imprecisións.
Sinto que non traduza como debera, pero é algo alleo a min. A única culpa miña -por chamarlle dalgunha forma- é ter o blog en galego, algo do que non me arrepinto, máis ben o contario. Viva o galego, pero o galego que se fala nos pobos, non o galego artificial ese denominado "normativo"