
Tódolos anos penso o mesmo cando se aproximan as festa de Nadal (Navidad). Todos, sen excepción. Non hai un que non o pense. E este ano co tema da crise económica, con máis motivo aínda. ¿De que se trata? Das luces e adornos navideños que se adoitan colocarse en nos sitios públicos e que pagamos os cidadáns cos nosos impostos. Non entendo porque hai que despilfarrar cartos neses alumbrados. ¿Para que? Se todos sabemos que estamos no Nadal. Porque aínda que te quixeras olvidar, o espíritu consumista da televisión -e inherente á esta sociedade- encárgase de que non nos esquezamos de que o Nadal está aí e que para constatalo é preciso gastar, gastar, gastar, consumir, consumir, consumir. Senón, non é Nadal.
A Navidad hai que lembrar que é un festa relixiosa. Non debería impoñerse o consumismo sobre o propio sentimento relixioso, pero o afán de comprar e/ou regalar pois apodérase de todos nós. E non debera ser así. Pero iso xa é outro tema, que non é asunto deste artigo. Quero centrarme en que o feito de poñer alumeados con inxente cantidade de bombillas e luces o que fai é ser O SIMBOLO DO CONSUMISMO. O Nadal hai que levalo no espíritu navideño e non se deberían despilfarar enerxía e cartos. A medida pode resultar impopular. Sí, seino pero hai que acostumarse e acostumar á xente. Deberiamos decatarnos conta e ser conscientes. ¿Somos unha sociedade madura? Que ningúen o xustifique pola relixión, porquea fe está por riba de alumeados públicos navideños. Son cristiano e creo, pero tamén coido que para celebrar o Nadal non me fai falta ver alumeados públicos polas rúas. Por que o CONSUMISMO e o DESPILFARRO nada ten que ver coa relixión. O Nadal hai que levalo no corazón e celebralo, sí, pero os alumeados públicos non é o máis importante, nin moito menos.
En moitos pobos e cidades o que fan é usar un alumeado que consuma menos. Tampoco me parece a solución, máis ben é so un parche. ¿Por que non nos atrevemos a dar o paso de eliminar alumeados e adornos navideños nos lugares públicos? Eses cartos poderíanse adicar a moitas cousas máis necesarias e útiles para a sociedade. E este ano, por riba, estamos coa crise económica as costas. Xente que pasa fame e, a sociedade tira os cartos en alumeados navideños....Vamos que estamos para gastar por gastar. E non pretendo ser demagóxico, so realista. Seguro que moit@s non estarán dacordo conmigo. Respéto@s, pero non estou dacordo con eles, polo que acabo de explicar.
Outro motivo que xustificaría a súa retirada é o medio ambiente, que oa castigamos por castigar. Logo queixámonos que o tempo anda tolo e que deberiamos artellar medidas para non danar máis a capa de ozono....
Xa sei que se podería falar moito do tema. De feito, tamén o consumismo de cada familia daría para un libro, cando menos. Pero hoxe so quería centrarme nos alumeados públicos. ¿Son realmente necesarios? ¿Qué pasaría se se prescindise deles? ¿Non se pode, acaso, celebrar o Nadal sen eles? ¿Sería a súa eliminación unha medida acertada?
¿E vós que opinades?
A viñeta gráfica que acompaña ó artigo foi extraída do gran blog de humor gráfico
http://www.jrmora.com/blog/. Aproveito para aconsellar a súa visita. É un blog moi inxenioso e cheo de humor. Noraboa ó seu autor, que é debuxante gráfico, polo seu brilante e estupendo traballo. Gracias por facernos rir (e reflexionar tamén).
UN ARTIGO ESCRITO POR:
Julio TorresCoordinador de
A Lareira Máxica