domingo, 9 de novembro de 2008

** Un aniversario feliz dentro da desgracia que foi

E é que hai muros que xamais se tiñan que ter construído . O malo é que hoxendía aínda seguen existindo bastantes, invisibles a maior parte, pero muros ó fin e ó cabo. Muros que falan mal dunha sociedade e dun mundo do século XXI. O progreso non avanza, por desgracia, en tódolos sentidos. Cando falamos de progreso non so debería significar tecnoloxía, senón moito diálogo e paz, sobre todo paz. Iso sería navegar cara a un progreso real e amplo, non coartado. Unha sociedade avanzada que non camiña da man da paz, non debera presumir nunca de ser unha sociedad desenvolvida.



UNHA OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Hola! Vai progreso, eu pregunto ¿que é progreso? Xa non o sei, cada vez evolucionamos máis teconolóxicamente, temos máis, e sen embargo, nesta parte do mundo temos tanto, e cada vez, temos máis problemas de relacións, falta de habitos de resolución de problemas...En seguida vemos problemas complexos. En fin, penso que moitos buscamos os problemas, non estamos cheos. ¿Que pasa agora que temos máis que nunca? Que pasa na sociedade desta parte que chamamos primeiro mundo ¿en que?