domingo, 9 de novembro de 2008

** Unha voz que nos deixou moi pronto....

Como vos escribía xa hai dous anos, cada 9 de novembro sempre me acordo dela. Foi unha cantautora española que tivo un gran éxito, so apagado por un desgraciado accidente preto de Benavente (Zamora) no ano 1976, cando regresaba de dar un concerto na Sala Nova Olimpia (Vigo). Contaba tan so 27 anos. O ano anterior quedara segunda no festival da OTI coa canción: Estoume referindo a Cecilia. Pero a parte de "Un Ramito de Violetas" -que podedes ver e escoitar no primeiro dos links deste artigo e é a canción que fai referencia ó 9 de novembro- tamén tivo outras cancións que merece a pena lembrar. Todas elas tiñan un denominador común: o seu ton triste e melancólico, pero non falto de esperanza e debuxando algunha que outra realidade social. Outro das súas cancións famosas foi "Mi querida España".




UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Encántame Cecilia, al menos algunhas cancións que coñezo dela.
Especialmente encántame "un ramito de violeta" pero está ben outras que falan, supoño, da realidade da época: "dama, dama de alta cuna, de baja cama, señora de su señor, amante de un vividor" É unha parte dunha canción senón confundo a letra.