luns, 3 de novembro de 2008

** Lápices para la Paz, triunfa en los Premios 20 Blogs

Leveime unha tremenda alegría cando souben que o blog máis votado destes Premios 20 Blogs - que chegaron ó seu fin na medianoite do domingo - foi para a bitácora "Lápices para la Paz", de Alicia Mora, unha traballadora social moi comprometida. Non teño o gusto de coñecela pero o que fai, o compromiso solidario é motivo suficiente para alegrarme. É un triunfo ben merecido. Foi o blog que tivo máis votos: 103. Lembrar que participaban máis de 4500 blogs. Triunfou na categoría de blog solidario e tamén foi o blog máis votado de tódalas categorías.

A Lareira Máxica, este blog de Sanxenxo (Pontevedra), quedou 2ª na categoría mellor blog en versión orixinal, cun total de 37 votos. O blog gañador foi o catalán "En Veu Alta", con 60. De 3º quedou "Aprender Inglés on line", con 28. Cuarto posto para "Falla Casa d´Alonso", con 25, e quinto posto para outro blog galego: "A Botica da expresión", con 22.

No total da clasificación xeral, A Lareira Máxica ocupou o posto 21º con 37 votos. Na categoría de diseño A.L.M. so obtivo 2 votos e acadou o posto 36º (¿tan pouco gustou?).

Os 5 primeiros clasificados de cada categoría teñen a consideración de blogs finalisas e optan ó premio de Mellor Blog 2008 que entrega un xurado dos Premios 20 Blogs. Son case 100 blogs xa que aínda que hai 20 categorías, máis dun da de mellor diseño tamén foi finalista noutras categorías. O resultado do gañador farase público o 17 de novembro.

Felicidades ós gañadores e alédome de que houbera 37 persoas ás que lle gustara A.L.M. Gracias a elas. Agardo que sigan visitando o blog e, invitadas quedan a participar nel ó igual que tódolos lectores en xeral. ¿De que maneira? Pois enviando artigos dos temas que estimen oportuno ou simpremente relatos propios ou alleos (poñendo autor), fotos, vídeos, viñetas de humor, cousas que vos enfadan ou alegran, frases que vos gusten, blogs ou webs preferidos, artigos de opinión alleos (poñendo tamén autor) ou calquera outra proposta que será benvida. Non é preciso ser ningún escritor para publicar algo nesta páxina. Non hai extensións nin máximas nin mínimas. Máis fácil imposible.

Quixera tamén darlle as gracias a tod@s @s colaboradores e comentaristas que fan posible que este blog teña vida máis alá das miñas opinións. Este segundo posto, é de tod@s eles. Sen eles isto sería unha persoa que predica no medio dun deserto.

P.D.: As clasificación en principio son provisionais ata a súa confirmación o 17 de novembro.



Clasificación completa de mellor blog en versión orixinal

Clasificación xeral completa (os blogs máis votados entre tódalas categorías)


ACTUALIZACIÓN 22-11-08:

Estes son os RESULTADOS DEFINITIVOS. A Lareira Máxica quedou 2ª na categoría mellor blog en versión orixinal, sendo finalista. Na categoría de deseño quedou no posto 36, con 2 votos. Na xeral sitouse na posición 20ª, entre un total de 4514 blogs.

15 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Hola compañeros

Felicidades a vosotros también por vuestro excelente blog. La verdad que los resultados de unos premios, aunque se agradecen, no deben cambiar el trabajo que se viene haciendo y el vuestro es de primerísimo nivel.

Mis felicitaciones más sinceras.

Saludos Julio

M@R dixo...

HOLA,,,
FELICIDADES,,,
Y QUE GANE EL MEJOR,,,
PIENSO QUE TODOS LOS BLOG TIENEN SUS MERITOS,,,
PERO COMO DICEN LO IMPORTANTES ES COMPETIR,,,
GRACIAS, MIL GRACIAS,,,
VOLVERE DE VEZ EN CUANDO A VISITARTE,,,

ABRAZOS,,,

MATANUSKA dixo...

la que tal? é certo tes de todo, pero me custa un pouco entender o galego pero cun bo tradutor nada é imposible.

un saúdo.

gustoume o teu blog

Anónimo dixo...

Noraboa por ese segundo lugar. A min tamén me aleda que a bitácora de Alicia tivese esa repercusión. Meréceo, certamente. Saúdos.

Julio Torres dixo...

Eduard: te vuelvo a felicitar por haber sido "En veu alta" el mejor blog en versión original. A ver si el próximo año gana un gallego, que ya toca. Saludos para Cataluña.

M@R: Gracias. Lo mismo digo.

(Mar se refiere a que el jurado decidirá el mejor blog 2008 entre los 5 primeiros clasificados de cada categoría, es decir como son 20 categorías, entre 100)

MATANUSKA: Tienes un traductor gallego-castellano en la parte superior en donde dice Español.

GUILLERMO: Coincidimos compañeiro. A labor de Alicia ben merece unha recompensa como ésta. Un saúdo para A Coruña ou La Coruña ou como se diga.

entrenomadas dixo...

Es estupendo, es un pedazo de blog, y me da una alegría que no veas.

Besazos,

Marta

Albalvcor dixo...

Felicidades, al menos hay algún galego entre os primeiros.... está visto que o meu non tivo moita repercusión e, tal vez por iso, quedei na peor posición: 6º.

No referente o correo electrónico, non, non recibín nada... (anque coido que non cho dera)....

Respecto o de colaborar... todo depende do que pretenas, meu tempo e moi limitado e a mallor parte das veces entro para facer visitas e dexar algún comentario, a parte de actualiza-la miña bitácora... Se me precisas máis podré repostarte.

E agora me toca darche un pequeno tirón de forellas. O de albalvcor, é por as miñas iniciais do meu nome, no foro xa o teño comentado más dunha vez.
Chámome Alberto.

Unha perta e grazas por as túas visitas e comentarios.

Sorte nas votacións do xurado... ata o final o rabo tamén e touro.

Julio Torres dixo...

Vaia, perdoa, pensei que o de Albalvcor era que te chamabas Alba L.V. e eras de coruña. Pois nada desde este momento Alba pasa a ser Alberto, sen operación nin cambio de sexo ningún. Simpremente que era e segue sendo home.
Todo se debe a que hai poucos días que coñecín o blog gracias a estes Premios.

Enviame un mail para o das colaboracións a alareiramaxica@gmail.com e falamos. Xa te aviso que non pagamos nada. Todo é por amor a arte.

Un saúdo, e de verdade que sinto que os teus relatos do teu blog "A un intre" non acadaran o 5ª premio que da dereito a ser finalista e optar ó mellor blog de 2008. Puntuacións a parte, hai moitos e bos blogs que nin recibiron puntos, e o teu podía ter quedado perfectamente entre os 5 primeiros.

P.D.: Os relatos ou o que queiras podes envialos e publicalos en castellano Alberto

Albalvcor dixo...

Ainda que escreber en galego no é algo o que esta afeito, podo facer un esforzo e tentalo... pero o máis seguro e que acabe metendo a pata nalgunha verba.

Se o que qués é coller algún dos contos que xa están, dímeo antes, pero non terás problema conmigo.

Alberto Álvarez Cor.....

y sí, soy de Coruña.

Julio Torres dixo...

Gracias pola felicitación Alberto. Polo das faltas non te preocupes bótolle un ollo se acaso.
Podes enviar textos que xa publicastes no blog ou outros novos. Como ti prefiras. E insisto, aínda que o blog está maioritariamente en gallego, acepto colaboracións en castellano.

Un saúdo Alberto e gracias tamén polos túas visitas e comentarios.

Eifonso Lagares dixo...

Solo por la labor que realizan en lapices merecen el premio. Muy buen detalle por tu parte hacerte eco de este resultado.

Un saludo

Anónimo dixo...

Felicidades Julio.

Alicia Mora dixo...

Hola Julio!
no he tenido tiempo para decirte y agradecerte todo tu apoyo a Lápices.
Madre mía..ahora estoy algo más tranquila (trabajo,estudios...gatito nuevo!!,etc,etc)Pues eso:GRACIAS APAÑERO!!! un abrazo y enhorabuena por esa peazo de posición de A Lareira Máxica!!!!!!!!!!!!!
Abrazos y besos
Alicia

Julio Torres dixo...

Anónimo: Gracias a ti e gracias pola túa visita. Non deixes de facelo, por favor!!!

Alicia: O teu blog cumpre unha importantísima labor. Os premios non se conseguen por sorte. Tamén fai falta merecelos. E Lápices teno de sobra merecido, como ben apunta Eifonso, Entrenómadas e otros comentaristas.
Por certo, gústame enlazar os blogs que me gustan e visito periodicamente. Entre eles o teu. A día de hoxe so teño 25 (iso de poñer blogs e blogs por poñer non vai conmigo).

Por certo, gracias polas túas felicitacións. O meu propósito era dar a coñecer un pouco máis A Lareira Máxica, porque se non o fas e como se non existises. Agardo que gañara algún visitante asiduo e que se anime a comentar ou enviarme proposicións para publicar (non fai falta escribir ben nin nada de eso). Pretende ser un blog colectivo e aberto a todo tipo de opinións (feitas con respeto, claro). Nesta vida fai falta reflexionar, analizar e opinar. O diálogo e a opinión educada son moi importantes.
Oxalá consiga que A Lareira Máxica axude a iso. Sería unha auténtica ledicia. Os premios dánme igual. É máis ten menos valor do que poden ter visitas, comentarios e colaboracións en ALM.

Saúdos a tod@s e gracias polos vosos comentarios

Anónimo dixo...

Noraboa, alegromme moito.