** Alumeados navideños: ¿por qué tanto derroche?
Tódolos anos penso o mesmo cando se aproximan as festa de Nadal (Navidad). Todos, sen excepción. Non hai un que non o pense. E este ano co tema da crise económica, con máis motivo aínda. ¿De que se trata? Das luces e adornos navideños que se adoitan colocarse en nos sitios públicos e que pagamos os cidadáns cos nosos impostos. Non entendo porque hai que despilfarrar cartos neses alumbrados. ¿Para que? Se todos sabemos que estamos no Nadal. Porque aínda que te quixeras olvidar, o espíritu consumista da televisión -e inherente á esta sociedade- encárgase de que non nos esquezamos de que o Nadal está aí e que para constatalo é preciso gastar, gastar, gastar, consumir, consumir, consumir. Senón, non é Nadal.
A Navidad hai que lembrar que é un festa relixiosa. Non debería impoñerse o consumismo sobre o propio sentimento relixioso, pero o afán de comprar e/ou regalar pois apodérase de todos nós. E non debera ser así. Pero iso xa é outro tema, que non é asunto deste artigo. Quero centrarme en que o feito de poñer alumeados con inxente cantidade de bombillas e luces o que fai é ser O SIMBOLO DO CONSUMISMO. O Nadal hai que levalo no espíritu navideño e non se deberían despilfarar enerxía e cartos. A medida pode resultar impopular. Sí, seino pero hai que acostumarse e acostumar á xente. Deberiamos decatarnos conta e ser conscientes. ¿Somos unha sociedade madura? Que ningúen o xustifique pola relixión, porquea fe está por riba de alumeados públicos navideños. Son cristiano e creo, pero tamén coido que para celebrar o Nadal non me fai falta ver alumeados públicos polas rúas. Por que o CONSUMISMO e o DESPILFARRO nada ten que ver coa relixión. O Nadal hai que levalo no corazón e celebralo, sí, pero os alumeados públicos non é o máis importante, nin moito menos.
En moitos pobos e cidades o que fan é usar un alumeado que consuma menos. Tampoco me parece a solución, máis ben é so un parche. ¿Por que non nos atrevemos a dar o paso de eliminar alumeados e adornos navideños nos lugares públicos? Eses cartos poderíanse adicar a moitas cousas máis necesarias e útiles para a sociedade. E este ano, por riba, estamos coa crise económica as costas. Xente que pasa fame e, a sociedade tira os cartos en alumeados navideños....Vamos que estamos para gastar por gastar. E non pretendo ser demagóxico, so realista. Seguro que moit@s non estarán dacordo conmigo. Respéto@s, pero non estou dacordo con eles, polo que acabo de explicar.
Outro motivo que xustificaría a súa retirada é o medio ambiente, que oa castigamos por castigar. Logo queixámonos que o tempo anda tolo e que deberiamos artellar medidas para non danar máis a capa de ozono....
Xa sei que se podería falar moito do tema. De feito, tamén o consumismo de cada familia daría para un libro, cando menos. Pero hoxe so quería centrarme nos alumeados públicos. ¿Son realmente necesarios? ¿Qué pasaría se se prescindise deles? ¿Non se pode, acaso, celebrar o Nadal sen eles? ¿Sería a súa eliminación unha medida acertada?
¿E vós que opinades?
A viñeta gráfica que acompaña ó artigo foi extraída do gran blog de humor gráfico http://www.jrmora.com/blog/. Aproveito para aconsellar a súa visita. É un blog moi inxenioso e cheo de humor. Noraboa ó seu autor, que é debuxante gráfico, polo seu brilante e estupendo traballo. Gracias por facernos rir (e reflexionar tamén).
UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
10 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Podemos protestar alto, claro, fuerte, bajo... dará igual, este año todos volverán a empeñarse en Navidad.
Por mucho que nos empeñemos en criticar dicha contaminación, la navidad no sería lo mismo sin ella.
Tal vez, es cierto, se podría acotar en determinadas zonas, comercios o en barrios comerciales, ya que existe una iluminación exterior, no recargarla con la interior.
Hay formas de ahorrar energía, pero siempre hay que procurar que los adornos so se transformen en una competición por ver quién ilumina/gasta más.
Un abrazo.
HOLA...
ACTIVAMOS LA SECCION SEGUIDORES EN NUESTRO BLOG...
QUERIAMOS INVITARTE A FORMAR PARTE DE LOS MISMOS.
SALUDOS EL EQUIPO.
Hola Julio:
Muchas gracias por la reseñita/recomendación
Saludos y suerte!
O Nadal é bonito, vaia por diante. O problema está en que antes o Nadal duraba 15 días e agora dura máis de dous meses. O Nadal perdeu o seu significado primitivo e converteuse nunha montaxe comercial máis. Dentro da “campaña do Nadal ” tamén entra o tema do alumeado que seica axuda a dinamizar o consumo, a crear ambiente de festa, de alegría, de derroche, de un día e un día, de nós non imos ser menos,... É un despilfarro, por suposto.
Hai que aforrar enerxía polo ben do planeta. (Ós que non lles convenzan os argumentos ecoloxistas que aforren polo ben da súa carteira. Os ricos que fagan o que lles pete, eles poden. Non poñades esa cara e ide dar unha volta polo Corte, sección adornos navideños. Eu xa fun e quedei pasmado ¿Crise? ¿Onde? Este ano hai máis chilindradas que nunca. ¿Vanse vender? Non sei, non son pitoniso.
O uso racional dos recursos enerxéticos non é un tema de onte, xa hai moito tempo que está sobre a mesa. Penso que xa se deberan ter tomado medidas de contención do gasto fai moito tempo. Anque tarde, benvidas sexan. Xa vai sendo hora de que á esta sociedade consumista e boba lle veña o sentidiño. Para pasalo ben, para disfrutar destas festas non fai falta tanto despliegue de medios. Non sei como viviron nosos avós, nosos pais, non sei como non se tiraron no pozo da auga ou na tinalla do viño. O paradóxico é que nunca se recetaron tantos antidepresivos e tantos ansiolíticos coma agora. O consumismo non debe dar moita felicidade. Ó contrario, máis que felicidade parece que da insatisfacción permanente, ansiedade, angustia, malestar. ¡Carallo, parezo Rojas Marcos! É o que ter ler, sempre se che pega algo. Seica se van reunir os que gobernan no mundo para inventar un novo capitalismo. Que se dean presa, fai moita falta un novo modelo. Este apesta.
Saúdos a tod@s e moitas grazas por chegar ó final.
Plingo / Alberto : Sí, tedes razón. Pero a ver se as cousas cambian co tempo. Non vai ser nada fácil.
Liniers: Gracias por la invitación. De momento no tengo activada la opción en mi blog (si en el perfil), pero aquí un seguidor. Saludos para Argentina.
JRMora: Tu blog es muy bueno. No es pelotilleo. Me encanta el buen humor gráfico (lo puedes comprobar en el apartado de humor de A Lareira Máxica). Gracias por los deseos. Te traslado los mismos para ti en los Premios 20 Blogs.
Alvariño: ABSOLUTAMENTE DACORDO CONTIGO.
Un saludo a tod@ e gracias polos vosos comentarios. Os que acabades de comentar e os que comentedes a continuación. Un blog sen comentarios está morto. Da gusto tervos como visitantes. Gracias e noraboa polos vosos respectivos blogs que me gustan. O bo dos Premios 20 blogs foi coñecer estupendos blogs que doutro xeito seguro non coñecería. E que, ó mesmo tempo, te poidan coñecer.
VUESTRAS VISITAS, COMENTARIOS Y COLABORACIONES ME ANIMAN A SEGUIR CON EL PROYECTO DE BLOG COLECTIVO ADELANTE, que cuesta y mucho. Y cuando todo es por amor al arte, debes quitar el tiempo de donde no lo hay, porque hay otras cosas que en este momento son MAS PRIORITARIAS PARA MI. Gracias!!!
ESTÁIS TODOS INVITADOS A PARTICIPAR EN A LAREIRA CON propuestas, comentarios, artículos cortos, largo, medianos. bueno, regulares,etc.
GRACIAS NOSOTROS A SU VEZ TE SEGUIMOS Y ENTRAMOS ASIDUAMENTE A VISITAR ESTE BLOG. EXCELENTE TRABAJO Y POR SUPUESTO QUE MANTENDREMOS EN CONTACTO POR DIVERSAS TEMATICAS. SALUDOS. EL EQUIPO DEL BLOG.
Pura gastadera... como si no hubiera crisis.
Saludos
En case todas as cuestións unha postura intermedia e case sempre a mellor, ao meu xuízo, no caso do alumado tamen, pois entendo as dúas posturas. Deberíase minimizar ao máximo tanto en cantidade de luz como en cantidade de horas encendida, e deberíase substituír no posible o consumo electrico polo de energias limpas: solar, eolica, etc.
Creo, quizá, teña un día pesimista, pero moitas veces nesta sociedade, a hipocresia luce, incluso nestes detalles (explícome).
As veces queremos encher de cor, ese vacío que tanta xente nesta socidade ten, pero non manifesta. Os cores, as luces, os regalos, o consumismo o fin a cabo, fainos olvidar doutras situacións.
Isto paso nunha sociedade occidental, capitalista, onde as necesidades básicas en xeral están cubertas, pero non ao mellor tanto as persoais, a satifacción, o benestar da persoa.
Buscamos, aparentamos lucir, cando estamos apagados.
Claro, isto é unha impresión xeral, claro que é unha impresión moi relativa, cada quen ten a súa idea.
Si creo que estas situacións queiramos ou non implicannos porque somos parte da socieade.
Publicar un comentario