venres, 19 de abril de 2013

** Amor


SANXENXO. Mary Camiña

Amor é mirarte e verme reflexada en tí,
amor é sentir “bolboretas” bailando no meu interior.
Amor é mirarte e entenderte.
Amor é a maxia de sentirte cerca ainda que non estés.
Amor é que se me dilaten as pupilas con tan só verte.
Amor é a inexistencia dun mundo sen tí.
Amor é formar parte dun soño común.
Amor é sentirse libre coma un paxaro.
Amor é alimentar día a día o mellor de cada un.
Amor é curar xuntos as feridas
para as que non estamos preparados,

Amor é dar saltos de ledicia cando te vexo feliz...
Amor é a manta que me abriga cando teño frío.
Amor é que me doia o corazón cando te vexo sufrir.
Amor é saberte feliz ainda que non sexa comigo.
Amor é que me doia a alma cando non te teño cerca,
Amor é o motor da miña vida e sen él non podería vivir...
Amor, ...qué é o AMOR???
AMOR es TÍ...



** Humor para principiar un fin de semana soleado (por fin!!)

domingo, 14 de abril de 2013

** Moras


SANTIAGO DE COMPOSTELA. Alvariño


Me gustan las moras. Quizás sea la única fruta, junto con las frambuesas, que como por puro placer. Sí, hoy va de moras. Concretando un poco, del poder limpiador de la mora. De ese Kalia Oxi-algo del alma llamado mora. Lo que pasa es que la mora sólo quita manchas de mora. Es decir, sus poderes son un poco limitados pero, por otra parte, tremendamente eficaces.

El refranero español es muy oportunista. Existe un refrán para cada tema y también el refrán que afirma justo lo contrario. ¿Fiabilidad del refranero? A priori, no muy elevada. Desconozco si a algún sesudo del CSIC se le ha ocurrido estudiarla.

Bueno, al tema: moras. Hay varios tipos de moras atendiendo a su tamaño, a su grado de maduración, a sus cualidades organolépticas, etc., etc. Y, por pura lógica, si existen tan variada tipología de frutos, tiene que existir, por lo menos, la misma variada tipología de manchas. De aquí, que no todas pueden ser iguales. Y con eso quiero decir que unas manchas tienen que ser más difíciles que otras. Son esas manchas que se incrustan en el alma y que sólo la fuerza de los vientos y los temporales más feroces son capaces de eliminar. Otras, no. Esas son simplemente manchas y una mancha es siempre un incordio, para que negarlo. El caso es que donde había poco calor, las manchas se van más fácilmente.

Y con esto, y finalizando, diré que puse todo de mi parte y que las cosas no salieron bien. Será que soy persona y no paloma, será que no me conformo con las migajas.

Puede que el refranero en esta ocasión lleve razón. En estos días grises que acabamos de dejar atrás, cuando el camino se me hizo cuesta empinada y las piedras milenarias se volvieron crestas afiladas, encontré quién me tendiera la mano. Es primavera, otra vez.

** Un gran miudiño


SANXENXO. Julio Torres

A temporada do único equipo galego na ACB, máxima categoría do baloncesto masculino nacional, é sinxelamente de quitarse o sombreiro. Hoxe mesmo os composteláns veñen de derrotar no pabellón do Real Madrid ó equipo anfitrión. O Obradoiro gañoulle ó equipo branco por 61-64. Esta fazaña non é a única pois xa conquerira a victoria con anterioridade noutros campos moi difíciles como o do F.C.Barcelona, Baskonia (Caja Laboral) ou Málaga (Unicaja). De momento neste domingo xa logrou a permanencia matemática na ACB que, virtualmente, xa a tiña na súa man. Agora marcha oitavo e con bastantes opcións nos 6 partidos que restan de colarse nos play-offs da loita polo título. Sería a enésima fazaña do equipo que o merece, sobre todo, pola súa gran e incondicional aficción. A "miudiño conection". Esa aficción que fai da cancha do Obradoiro, o Multiusos Fontes do Sar, un fervedoiro. Seguramente o vindeiro ano perderá xogadores importantes pero ougallá sepan refacer o equipo e que non pase apuros para evitar o descenso. Este ano a misión cumpriuse sobradamente. Noraboa Obra!!!


** A Frase Máxica de ... O Dalai Lama

sábado, 13 de abril de 2013

** Cuando paso cerca de un colegio...



SANXENXO. Julio Torres

Esta nostálxica canción do grupo Los Secretos evoca un manantial de sentimentos da vida mesma, entre eles o do paso do tempo que é susceptible de lembranza cando pasas cerca do colexio onde estudiastes cando eras rapaz/a. Parece que foi onte, so parece, pois foi hai moitos anos. Cando escoito a palabra colexio neste tema teletranspórtome, por un intre, a esa época da vida onde o tempo non pasaba, mesmo semellaba que camiñaba lento, despacio, quedo, de vagar, xordo ós desexos dos cativos que debecían por facerse maiores, por acadar os ansiados 18 anos. Superada esa mítica barreira soemos dicir "¡qué rápido pasan os anos!". É verdade. ¿A quen non lle aconteceu algunha vez? Por iso, superados os 18 o tempo non corre, nin voa, senón que compite coa velocidade do son poñéndose ambos cambadelas imposibles de esquivar namentres procuran a chegada a unha meta tan irreal como finita. O que un día escoitabamos dicir ós nosos pais, o que pensabamos que xamais íamos repetirlle @s nos@s fill@s, agora ou nun futuro dirémosllo cun ton deliberadamente vivencial que denotará o inevitable transcurrir do tempo: "cando era nen@...". Lóxica lei de vida.

martes, 9 de abril de 2013

** Que rabia da cando....Hai que prepararse para irse do país.


SANXENXO. Mary Camiña

Últimamente non sei qué demos está pasando no noso país. A única saída que nos están dando para poder traballar, tanto os nosos gobernantes como as institucións, é que nos vaiamos do país...

Estou cansa de ver como as persoas que formaron as nosas universidades e as nosas escolas, entre as que me inclúo, non teñen cabida no noso país. E por riba, se te negas a ir porque tes lazos afectivos que consideras máis importantes que gañar uns euros máis, ou simplemente porque no fondo te negas a crer que ninguén queira aproveitar os magníficos recursos humanos, pertencentes a unha xeración ilustrada, preparada e capacitada sin precedentes na historia de España, mírante como un bicho raro. Irse a traballar fóra do noso país debería ser unha opción e non unha imposición...

Por qué temos que irnos da nosa terra? Acaso non chegou con que os nosos devanceiros tivesen que deixar todo para probar fortuna, e separar familias durante anos? Como filla de emigrantes digo: Basta!!! Temos medios humanos máis que suficientes como para facer unha industria propia!!! Só nos falta que o goberno impulse e premie a aqueles inversores que realmente queren aproveitar os recurso nacionais, axudando a levar a cabo reestructuras industriais necesarias para ser competitivos. Ser competitivo non significa reducir os gastos vía despidos, senon máis ben reducir beneficios a favor dunha maior calidade ou ben creando economías de escala...

Seguimos bailando ao son do que nos dicen os demáis, seguimos a pensar nos cartos para hoxe e fame para mañán. Así non se pode... Tódalas inversións do país se fixeron no sector inmobiliario, e no turístico. Chegáronse a pechar fábricas para crear solares. Ninguén, a pesar de que estudios económicos demostraban que se estaba a producir unha burbulla, quixo escoitar, e agora que a vaca enfermou e xa non dá máis leite, collen os cartos que lles quedan e fuxen para o extranxeiro en busca dunha nova vaca que muxir...

E namentras, Europa rise de nós..., non nos dan solucións para crear máis postos de traballo, para renovar e reestructurar a industria española, non, iso non convén, a man de obra española está ben cualificada e ademçáis sae máis rentable que a súa propia, quédanse cos beneficios do seu traballo, coa tributación do seu salario,( xa que son rendas obtidas fóra de España), e coa súa contribución á Seguridade Social, a cambio dunhas migallas: o soldo. De novo, pan para hoxe e fame para mañá...


Os que decidimos quedar e intentar por tódolos medios sobrevivir, que obtemos a cambio?: Máis impostos, novas taxas, menos postos de traballo, menos becas para estudar aos nosos fill@s, condicións máis duras para poder acceder aos poucos postos de traballo que quedan...

Como non che teño “espíritu aventureiro”, négome a formar parte da “fuga de cerebros” que agora mesmo existe no país, eu estudiei aquí e aquí quero deixar a plusvalía que os meus coñecementos poidan xerar...



** A Frase Máxica de....José Luis Sampedro. IN MEMORIAM

luns, 8 de abril de 2013

** Hoxe o Messenger despídese para sempre


Hoxe faise efectiva a despedida do Messenger. Será o último día que se poida usar. Logo haberá que solicitar a migración a Skype, conservando tódolos contactos. Cada vez que queiramos iniciar o Messenger convidarannos a mudar a Skype, mercada por Microsoft.

Adiós Messenger. Gracias polos bos momentos que nos fixestes pasar, incluso cando a aplicación non ía e se colgaba. Adiós guiños simpáticos, adeus emoticonos do mesenger. Isto parece unha despedida rosaliana. A nostalxia...


sábado, 6 de abril de 2013

** Humor moi de moda


venres, 5 de abril de 2013

** Adeus a unha gran e entrañable veciña

Moi bos momentos e moito nos fixo rir Mariví Bilbao en "Aquí no hay quien viva" como Marisa, e en "La que se avecina" como Izaskun. Onte deixounos para sempre, pero foi alguén difícil de olvidar.O seu humor acompañado do sempiterno cigarro e aderezado con doses do cotilleo inconfundible de Radio Patio. Coido que era unha as protagonistas máis queridas e importantes de ambas series. Unha das poucas que fixo case tódolos capítulos da ámbalas series de humor. Descanse en Paz.




** Feliz, feliz...


En poucas semanas, o 1 de maio A Lareira Máxica, cumprirá o seu 7º ano de vida. O inicio desta andaina era un blog tan so persoal, pero pronto quixen abrilo a tod@s vós. Lembro que naquel mesmo outono empezou a colaborar Mariam (en realidade chámase María, pero como queira que dúas Marías empezaran a colaborar case ó mesmo tempo, ela decidiu rebautizarse como Mariam). Foi unha das que primeiro se animou a colaborar e fíxoo en numerosas ocasións.

@s que me coñecedes ben sabedes que son persoa de acordarme de datas especiais, sobre todo, cando hai amig@s polo medio. Como queira que Maria(m) e máis un servidor somos grandes amigos desde hai moito, e como hoxe é 5 de abril e isto é A Lareira Máxica, o medio no que colaborou moito, coido que é de recibo desexarlle un MOI FELIZ CUMPREANOS a esta gran persoa e amiga.

María: como sei que nos visitas a cotío aínda que non escribas desde hai bastante tempo e que hai outras cuestións que ocupan o teu tempo, xa sabes que perdo a esperanza de que voltes a colaborar en A Lareira Máxica pois a vida da moita voltas e nunca nunca se sabe...

Polo de pronto: "feliz, feliz no teu día...."


** Eres, es...



SANXENXO. Julio Torres

A música vive gracias ás persoas e as persoas viven e ilusiónase gracias á música. A música é un condimento sen efectos secundarios sempre disposta a facernos compañía incluso cando menos o esperamos. Sempre hai algunha canción que nos conquista ou que, sinxelamente, nos apetece escoitar polo que sexa. A musicoterapia, como a risoterapia, chegan a alma, adéntranse nela, refórzana e revivan no seo dunha persoa. So é cuestión de acertar coa que nos fai falta en cada momento. A música, soa ou con letras, acende unha chamarada no noso interior que de por sí pode ter a forza psíquica necesaria para mover o que sexa, para facernos sentir ben e para ilusionarnos e acompañarnos. Testigo das nosas inquedanzas e apoio moral. Un ser abstracto con forma melodiosa.

Esta canción de Alejandro Fernández simboliza moitas cousas. Non so amor, senón paixón, alegría, desexos, motivación e moitas cousas máis, como a música mesma. E cadaquén pode interpretala de distinto xeito a pesares de ser a mesma canción. A música, como as persoas, ten vida propia. So hai que arrimarse a ela para adentrarse no seu interior e deixarse asulagar polos seus efectos. "Eres" mesmo simboliza a esperanza daquilo que poidera parecer perdido, pois nesta vida nada hai imposible e o que hoxe parece gris mañán pode ser azul. Ás veces so é cuestión de tempo e de decisión. De non desfalecer no primeiro, nin no segundo intento, ou incluso no terceiro. No momento menos agardado a vida pode reservarnos unha ledicia antes aprazada.

A música é, la música es, forza para vivir e para acompañarnos en moitas situacións das nosas vidas. Non despreciemos os seus distintos valores. Deixémonos atrapar por aquelas cancións que nos gustan e que nos fan sentir ben e nos dan alas para voar e para ilusionarnos. Todo é posible, e a música agocha moito poder, moita forza no seu interior. So hai que descubrilo...

** Máis vale tarde que nunca...

xoves, 21 de marzo de 2013

** A gripe española


SANXENXO # Mary Camiña

Nun recuncho da cama, con catro mantas e un “nórdico”, toda encaracolada e chea de frío, así foi como comezou a miña viaxe; unha viaxe increíble que me remontou a principios de século pasado. Entre o frío que sentían os meus ósos e a calor que sentía a miña pel, encontreime de repente no medio dun pequeno pobo cheo de miseria e enfermidade. Era unha noite de xeada, con xente que se refuxiaba no calor do seu lar, co fogo da lareira intentaban quentarse e escapar daquela enfermidade. Por todos lados se oían queixumes e toses; podíase respirar enfermidade e pobreza..., Vía, oía, sentía pero...como espectro doutros tempos e lares, non me podían ver; as poucas persoas que se cruzaban comigo seguían o seu camiño como se non existira. Qué frío facía!!! Ese frío que se mete nos ósos e ainda que o queiras botar fóra volve a sair unha e outra vez do teu interior, sentindo que che recorre todo o corpo e te fai tremer.

Como engaiolada por un laiar cáseque inaudible, funme achegando a unha casa, e sen cáseque decatarme, as súas paredes volvéronse transparentes para mín, atraveseinas, e vinme no medio dun cuarto terreño, alumeado polo lume da lareira, onde estaba unha pota con auga a ferver. No medio do cuarto, unha muller xoven con faciana triste, cansa e desacougada miraba para a porta, chorando en silencio, mentras sostiña no seu colo a un mozo que se vía con dificultades para respirar. Ao fondo, un neno pequeño durmía enriba dun saco de follato.

Alguén entrou no cuarto sen chamar e, sen mediar palabra, foi cara a pota , botou nela unhas herbas que traía nun saquiño e unha cullarada de mel que sacou dun diminuto frasco. Feito esto, sacou a pota do lume. A muller que tiña o mozo no colo, con bágoas de esperanza nos ollos, diulle as gracias. Entón a muller das herbas fitou para mín e díxolle:

- Escoitaa, ven doutros tempos e lares..., onde esta enfermidade xa non ten tanto poder...
Vinme rodeada dun lume que por moito que quentase non me sacaba o frío e comecei a decir:
- É a gripe española, señora. A gripe española que tanta xentiña matou, cando non había alimentos que darlle aos enfermos, cando o pobo morría de fame, cando as únicas menciñas que existían eran as herbas e receitas ancestrais que mulleres e homes cheos de sabiduría e bo facer mantiñan nas súas mentes e transmitían xeración tras xeración. Pero iso non era suficiente, nunha época na que o alimento, por mor dunha guerra, escaseaba en cáseque tódolos lares. É a gripe española, señora, que tantas vidiñas segou...
- De súpeto, sentín uns brazos que me rodeaban eun bico na caluga, e unha voz fixome regresar:
- Ruliña, estás ben? Queimas...
E, ainda a medio transportar daquel insólito lugar susurrei:
É a gripe española, que tanta xentiña contaxiou...
Entón, o meu inseparable compañeiro, fixo amago de se levantar decindo non sei qué do ibuprofeno, pero non lle deixei, agarreime a él como quen se agarra a un barco en alta mar e no medio dun temporal:
- Non, non te vaias- susurrei.

E así adormecín de novo, entre frío, calor, tremores e abrazada á persoa amada; pensando na sorte que tiña de ter ao meu carón a alguén que me coidara tanto, na sorte que tiñamos de vivir nunha época na que a gripe xa non é sinónimo de morte e desolación, da sorte que tiña de non pertencer a aquel “mundo” ao que viaxei,...ou quizáis sí?...