domingo, 14 de abril de 2013

** Un gran miudiño


SANXENXO. Julio Torres

A temporada do único equipo galego na ACB, máxima categoría do baloncesto masculino nacional, é sinxelamente de quitarse o sombreiro. Hoxe mesmo os composteláns veñen de derrotar no pabellón do Real Madrid ó equipo anfitrión. O Obradoiro gañoulle ó equipo branco por 61-64. Esta fazaña non é a única pois xa conquerira a victoria con anterioridade noutros campos moi difíciles como o do F.C.Barcelona, Baskonia (Caja Laboral) ou Málaga (Unicaja). De momento neste domingo xa logrou a permanencia matemática na ACB que, virtualmente, xa a tiña na súa man. Agora marcha oitavo e con bastantes opcións nos 6 partidos que restan de colarse nos play-offs da loita polo título. Sería a enésima fazaña do equipo que o merece, sobre todo, pola súa gran e incondicional aficción. A "miudiño conection". Esa aficción que fai da cancha do Obradoiro, o Multiusos Fontes do Sar, un fervedoiro. Seguramente o vindeiro ano perderá xogadores importantes pero ougallá sepan refacer o equipo e que non pase apuros para evitar o descenso. Este ano a misión cumpriuse sobradamente. Noraboa Obra!!!


2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O Moucho dixo...

Julio. Non sei si é posible pero abría que ver a posibilidade de intalar no teu blog un botonciño para os que non opinen, pero que queiran indicar que o artigo que se publica, che gusta. Algo parecido como no Facebook. Vamos.

Julio Torres dixo...

Iso en A Lareira Máxca non se pode facer porque é do blogger antigo de todo. Nos novos creo que sí se pode. Tenteino hai xa tempo e non hai maneira. O que sí se pode é enviar este artigo ás redes sociais, se se preme xusto ó final do artigo onde pon: "ENVIAR ESTE ARTIGO A:"

Un saúdo, ave nocturna