domingo, 14 de abril de 2013

** A Frase Máxica de ... O Dalai Lama

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

sonia dixo...

Din que das experiencias non gratas é das que máis aprendemos, ás veces incluso favorecen unha boa nova situación. É posible, o que ocorre é que mentres pasas a situación parece ás veces que o mundo rematase.

Sen embargo se o pensamos ben é posible que a frase do Dalai Lama teña moito de razón.

Julio Torres dixo...

Esta frase que parece desconcertante coido que agacha unha gran sabiduría. "A veces" di a frase. Pode ser certo, pois non sempre o que queremos pode ser o mellor.
Asemade, efectivamente, das experiencias non gratas sempre se quita algo en limpo. Hai que ver o lado positivo das cousas, aínda que ás veces pareza que non exista.
Unha frase que se presta a moita reflexión.

Alva dixo...

A min gústame a ilustración. Gústanme os tréboles. Son coma se a natureza me chiscara un ollo e me fixera un agasallo. Algo así coma un "maloserá", "un todo che ha de ir ben", "nunca choveu que non escampara",... Bueno, benvido todo aquelo que traía boa sorte e boas vibracións.

Mariam dixo...

:)
Menos é máis, hoxe a cabeza non me da para outra cousa. O sorriso adícollo a todos os homes e mulleres que se sinten afortunados por levaren un trébol de catro follas gardado preto do seu corazón.