jueves, 25 de febrero de 2010

** Un premio para as piores empresas do ano

SANXENXO. Julio Torres




Sempre se dan premios ós mellores, casi nunca ós piores. Pois hai que "recompensar" o seu mal facer, aínda que sexa de maneira simbólica como no caso destas empresas nominadas. E pregúntome: ¿Con cal te quedas das nominadas? ¿Serán as únicas que o fan mal? ¿Cal cres que deberían figuran na terna.Difícil elección. Se cres que a pior é a primeiro marca un, se é a segunda preme 2..Acabas de elixir...Se a opción é correcta,di correcto ou preme 1...¿Sóache?
En fin, sobran comentarios e poderíase escribir un gran libro sobre o tema en cuestión...

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

María dijo...

Pois eu, a verdade, paréceme que, ata onde sei, calquera delas podería saír vencedora. As 3 levan facéndo méritos dabondo non so durante o último ano senón moito antes xa. Vamos, que non é que se sumarán a última hora á carreira, senón que levan na competición ben tempo. Por iso, eu abría o abano de premios e outorgáballes ás tres o PRIMEIRO.
Aínda así, como a que a min me toca de cerca é Movistar, pois por min, que sexa para eles o primeiro premio á EMPRESA MÁIS CUTRE DO ANO.
Pola miña parte o meu premio persoal creo que o van ter en breve.
Movistar, pronto teredes noticias miñas. Ide preparando a miña baixa coleguitas.

O Moucho dijo...

Non hai moito sain da compañía Orange. Xa estaba farto, de ter o movil aceso e (ainda que dispoñía de cobertura) en vez de recibir a chamada, orange enviabame unha mensaxe avisandome de que tiña unha chamada. Claro, para que eu a continuación usase o movil para chamar a quen me chamou. Son uns mangantes. O peor de todo e que funcionan mal gracias á falta de control destas empresas, que so miran os beneficios.

Alvariño dijo...

Eu son de Orange e de Vodafone. De Orange non teño queixa. Con Vodafone teño un "litixio" de 9 euros pendiente de resolver. Xa reclamei 3 veces e aínda non me comunicaron nada. Vou a ir a Consumo solo por fastidialos. Si todos os consumidores perxudicados o fixéramos habíalle pasar a gana de facturar o que lles peta. É unha cantidade ridícula pero eu non penso perdoarlles.

Julio Torres dijo...

A min ultimamente pásame que estou co teléfono na man esperando a recibir unha chamada. O teléfono non soa e acto seguido chégame unha mensaxe vía spinvox (o meu móbil é voda....) dicíndome que tiven unha chamada. ¿Cómo se come iso se a zona onde estou ten cobertura? ¿Un fraude da compañía para incitar a chamar a quen te chamou e que, nalgúns casos, tamén tivo que deixar a súa mensaxe no contestador? ¿Que pensades? ¿Non é un fraude? ¿Que fariades?


Por suposto, calquera destas 3 compañías, as de avión e moitas outras deberían recibir TODAS este premio ó unísono.

Un saúdo
Carpe Diem