domingo, 21 de febrero de 2010

** O F.C.Barcelona, campión da Copa do Rei de baloncesto

SAN XENXO. Julio Torres



O F.C.Barcelona de baloncesto conqueriu hoxe a súa 21ª Copa do Rei de básquet ó imporse na final ó Real Madrid por un resultado de 80-61, diferencia que chegou a ser de 28 puntos. O Barcelona -que este ano ten un equipo moi completo e equilibrado- non deu nunca opción ó equipo merengue. No que vai de tempada, xa gañou a Supercopa de España(tamén fronte ó Madrid) e é un dos grandes favoritos para alzarse tanto coa liga ACB como coa Euroliga, pero gañalas non vai ser tarefa doadas.

Cómpre salientar que é a terceira vez que o equipo culé se impón ó madridista. Amais da referida Supercopa, tamén lle venceu en Madrid no partido de ida da liga regular por 22 puntos de diferencia.

O F.C.Barcelona so perdeu ate o de agora tres partidos, todos por un punto, diante do Gran Canaria e Valencia na liga ACB, e diante do Partizán, logo dunha última acción moi dubidosa (na que os colexiados tardaron 15 minutos en resolvela a prol do Partizán).

Ricky Rubio, Juan Carlos Navarro, Pete Mckeal, Morris (nome que fai lembrar a un gran xogador azulgrana da década dos 80: Audie Norris), Fran Váquez (galego e elixido mellor xogador da final), Lorbek, Grimau, Sada, Basile, N`Dong, Lakovic e Trías son os integrantes deste gran equipo adestrado por Xavi Pascual. Un plantel cheo de figuras, que tamén sabe xogar moi ben en equipo. Aí radica o seu éxito.

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

migramundo dijo...

Nótase que hai un traballo ben feito. É unha ledicia velos xogar, coma aos seus compañeiros do fútbol. Apertas.

Julio Torres dijo...

Concido Guillermo. Nótase que a parte de figuras hai feito equipo e traballo como tal.

Gracias polo comentario.
Un saúdo, amigo.

Carpe Diem