venres, 24 de outubro de 2008

<> Premios 20 Blogs: So masivo intercambio de votos

¿Cómo vai A Lareira Máxica nos Premios 20 Blogs? Paso a informar. Lembrade que participa en:

- Mellor diseño de blog: Pois o diseño non debe gustar porque teño 0 puntos (hummm a partir de agora máis me vale non lle dar importancia o diseño, total para o que vale despois...)

- Mellor blog en versión orixinal (ou sexa nunha lengua distinta do castelán): vai a día 24 de octubre en 9ª posición e contabiliza 4 votos. O Ránking é o seguinte nesta categoría (participan 6o blogs):

Posición Blog Votos
1- En veu alta 19 votos
2- A Botica da Expresión 9 votos
2- Verbas ceibes 9 votos
4- Aprender Ingles Online 8 votos
4- lovecooking 8 votos
6- CINEMA FRIKI 6 votos
7- AixòToca 5 votos
7- Des de Maragu 5 votos
9- A Lareira Máxica 4 votos
9- COLLONADES 4 votos
9- Cuina, cuina, cuina 4 votos
9- Learn English Online 4 votos
9- L´home que no sabia riure 4 votos

Non está nada mal, aínda que polo que vexo non se premia a calidade do blog senón o amiguismo. ¿Por qué? Pois porque hai blogs ben situados que non son nada do outro mundo e outros peor situados que son moito mellores. Polo tanto, as votacións seguen a tendencia do que a está a pasar no resto de categorías destes premios. Senón comprobádeo por vós mesmos.

Tamén me chama a atención no apartado de mellor blog orixinal a bitácora: "Aprender Inglés online", que está escrita totalmente en....castelán!!!!! Carai, cómo gañe o premio ó mellor blog en versión orixinal...Pero non é todo: o mesmo autor inscribiu outro blog idéntico pero en ingñés "Learn english online". Este sí que está en versión orixinal, pero ¿por qué 2 blogs idénticos, agás na linguaxe na mesma categoría? Pois fácil porque o ter un blog inscrito supón que poidas votar unha vez en cada categoría -menos ó teu propio blog-, pero claro: se tés 2, pois un vota ó outro... GRAVE ERRO QUE OS ORGANIZADORES NON SE DERON CONTA O DE DUPLICAR UN BLOG NUNHA MESMA CATEGORÍA SEN SER UN DELES EN LINGUA ORIXINAL. PARÉCEME UNHA TOMADURA DE PELO.

Outro erro dos organizadores é dar a coñecer as votacións día a día. Penso que iso favorece ós blogs máis coñecidos e votados en detrimento doutros menos coñecidos ou votados pero moito mellores. Deberían ser os propios organizadores os que escolleran os mellores blogs e,si acaso, dar so un premio ó mellor blog e que fose elixido entre os propios participantes.

En fin, que a miña intención era dar a coñecer máis ALM e gañar máis visitas ó blog. Confío en conseguilo. O de gañar un premio (danche simpremente un diploma acreditativo)nin en soños. Nin é o mellor blog da categoría nin o peor. É un blog máis.

INSISTO: Polo xeral, non se premia a calidade dun blog senón o intercambio de votos e o amiguismo. Mal asunto todo isto se se lle quere dar relevancia a uns Premios. Os organizadores saberán...

Por certo, as votacións dos Premios 20 Blogs rematan o día 2 de novembro. Firmaría con estar entre os 10 primeiros. Non estaría nada mal.



UNHA OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

8 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Prismatico dixo...

Hola te invito a que votes por el mio y viceversa.

thefutblog.com

categoría deportes

Andrés Schmucke dixo...

Hola, pasaba por aquí para echarle un vistazo a los nominados a los premios de 20 minutos. Aunque no estamos participando en el mismo renglón vine a pedir vuestra colaboración, solo pido un voto que no enriquece ni empobrece a nadie, claro que pido ese voto siempre y cuando te haya gustado lo que viste al pasar por mi espacio. Si no te gusto lo que viste pues no votes por mí.

Tremendo blog, un saludo desde Venezuela.

Andrés Schmucke.

Rosa dixo...

Xa tes outro voto. Saudos

Anónimo dixo...

Loitas contra os elementos, en especial contra os que ensinan inglés pola Rede. Sorte.

J.Carlos Nesta dixo...

Outro voto pola parte que me toca

xOsedorrio dixo...

eu escribinme o ano pasado e, vendo o panorama, non volto a facelo máis. E como non estou inscrito... tampouco podo votar. Saudos!

Julio Torres dixo...

Gracias a tod@s polos vosos apoios.

XOsse: Xa che perdera a pista. Alégrome que voltes por este lar e que actualizaras o teu Blog And Roll, un gran blog. Por certo, non me estraña que quedaras decepcionado dos premios 20 blogs de ano

Mariló García dixo...

Te he descubierto gracias al concurso. Pasate por el mio, compito como Blog Personal y estoy en segundo lugar.Si te gusta, vótame en 20 minutos! o en los que te hagan falta! ;)

Y por cierto llevas toda la razón en lo que dices!
yonomeaburro.blogspot.com