venres, 21 de xullo de 2006

** Óscar Pereiro, un ciclista 10

Galego, concretamente do concello pontevedrés de Mos. Chámase Óscar Pereiro. Conseguiu pórse de líder varios días no Tour de Francia. Todo un hito para o ciclismo galego. Casi seguro non poida gañar esta fin de semana a ronda ciclista gala, pero CHAPEAU. É un ciclista 10. Todo un orgullo para Galicia contar cun excelente profesional como el. DE PODIO.
Non é o primeiro Tour de Francia que disputa, Álvaro Pino foi o que apostou por el e fichouno hai uns anos para o Phonak, equipo que deixou o ano pasado por problemas económicos da formación suiza. Alí deixou pegada positiva e moitos amigos. Xa rematou 10º no 2004. Daquela era gregario (o que no argot ciclista quere dicir “currante” do xefe de filas).

Este ano fichou polo Illes Balears. No Tour 2006 o galego tiña como obxectivo quedar entre os 10 primeiros. A súa misión era traballar de gregario para outro grande: Alejandro Valverde. Inesperadamente herdou a condición de xefe de filas, logo da baixa por caída de Alejandro. Estoutro era o gran favorito para gañar este Tour, tras non admitir ós tramposos que presuntamente se doparon (Ulrich. Mancebo, etc.).


Metade por sorte, metade porque o mereceu, colocouse de líder do TOUR a finais da semana pasada. Logo Landis, o americano, arrebatoulle o liderato. A cousa non acabou aí, porque ó día seguinte, Öscar voltou a recuperalo. Onte conseguiu conservalo ó igual que hoxe, pero a etapa de onte foi inxusta co galego.

O seu equipo fixo un excelente traballo, do que se beneficiou o CSC doutro españo: Carlos Sastre. Se non tivese deixado irse a Floyd Landis con tanta diferencia de tempo, posiblemente este domingo houbese un campeón de Tour galego. Pero non. Nin o TMobile nin o CSC lle axudaron ó Iller Balears, equipo brillantemente capitaneado por un Óscar Pereiro. Unha cousa é que Landis estivese forte, outra ben distinta é deixarlle tantos minutos de marxe. Non pode ser que un día estea a 8 minutos e 8 segundo do liderato e o día seguinte a so 30 segundo. Insisto que o único que non ten culpa diso é o equipo do Illes Balears, que se vaciou e con Öscar á cabeza.

O Tour principiara mal para Óscar que tivo un día malo na etapa dos Pirineos que chegou a Cataluña. Pero un día malo teno calquera. E senón que llo preguntou ó mesmo Landis, -que se non ocurre algo anormal mañán (ougallá que sí!!!) gañará o Tour o domingo- que o mércore tivo o seu día malo e perdeu máis de 8 minutos.

Óscar, ó igual que Landis onte, recuperouse do seu día malo, e gracias a unha escapada colleu o maillot amarillo da proba. Iso sí, foi un regalo do pelotón ciclista. O mesmo Óscar o recoñeceu. Sincero e modesto. Como tamén o foi cando voltou a recuperar o liderato da proba o mércores e dixo que ese día se gañar “a huevo” o maillot amarillo de novo. Sincero de novo. E modesto.


Precisamente son dúas virtudes que non me están a pasar inadvertidas deste ciclista galego. Ata o ano pasado coñecíao polas boas etapas que facía na montaña. Este ano tiven a ocasión de velo no programa da TVG “O Programón” (presentado por Mon Santiso) no que era colaborador e contertulio en debates. As súas opinións e a forma de razoar as cousas gustáronme. Amosaba unha madurez e un saber estar impresionantes.

Isto mesmo acontece coas súas declaracións no Tour. Recén acabada a etapa, os xornaliasta abórdano logo de que se pase horas enriba da bicicleta. El colle un pouco de aire, e enseguida fai unha análise sincera, realista, concreta, sin ferir a ningúen, e facendo uso da súa modestia. Non se cre ningún prepotente por ter acadado o Tour de Francia. E nesas entrevistas sempre deixa un oco para o humor (o famoso intento de que Carlos de Andrés, o xornalista que retransmite con Pedro Delgado o Tour en TVE, cante o “Cadillac Solitario” de Loquillo y los Trogloditas, e so unha mostra). Xa o di el, que se escuda no humor para liberar tensións e preocupacións. Intelixente e figura o ciclista de Mos. Sí señor.

En resumo, un profesional como a copa dun pino e, polo que se ve, unha excelente persoa ó que os triunfos non o cegan. Cos pés na terra. Como impón o sentido común.

O que máis me doe é que o domingo non poida gañar o Tour. Vai ser moi complicado, sobre todo por Landis, que é un especialista en contrareloj, a diferencia de Pereiro e tamén amosou que, agás o día malo que tivo, era o máximo aspirante ó triunfo final (e máis logo de ver a súa épica exhibición de onte).Tamén é posible que Sastre quede segundo por diante del na xeral. Sería unha dobre mágoa. Pero quedar no podio será todo un éxito para este bravo corredor. E se non queda para min tamén. Porque o que fixo xa ninguén llo poderá quitar. So me gustaría que acabase o máis arriba posible, e se fose como PRIMEIRO tamén.

Remate como remate o Tour, GRACIAS Öscar por facernos disfrutar tanto estes días contigo e por facernos sentir orgullosos de ser galegos. Galicia estivo en boca do ciclismo mundial. Algo que é dobremente positivo se temos en conta que estivo moi ben representada por un EXCELENTE CICLISTA GALEGO, E coido que, incluso, MELLOR PERSOA.

Chapeau, Óscar. Un podio que saberá a GLORIA.

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Ó final vai ser segundo no Tour de Francia, logo dunha magnífica contrareloj, a pesar de que non é o seu forte precisamente.

O dito, CHAPEAU Óscar Pereiro. Pasarás á historia do deporte español e galego.