mércores, 23 de maio de 2012

** "Alvariño" non so é un bo viño


SANXENXO. Julio Torres

Hoxe ó ir a moderar os comentarios vexo o da despedida (espero que so temporal) de Alvariño. Xa sabedes que admiro profundamente a Alvariño e coido que non son o único. O que moit@s non saberedes e que xa hai máis de 5 anos que a súa simpatía e a súa particular visión do mundo agromou en forma de artigos escritos por este mago das letras.

En marzo de 2007, uns días antes que un servidor se fose de vacacións a Lisboa, Alvariño meteulle leña, e leña san, desenfadada, divertida e entretida a base das pequenas cousas da vida diaria. É curioso o artigo co que principiou a escribir no blog, aínda me lembro daquela saga...Vaia, 5 anos e case tres meses pasaron xa. Pasou o tempo voando, pois coma sempre, cando se pasa en boa compañía voa.

Acabo de titular o artigo e saiume unha rima non buscada para dalgunha forma expresar que dicir "Alvariño" (sí, xa sei que a bebida se escribe con b) non é so falar dun bo viño, senón tamén dunha magnífica persoa, colaborador e escritor. Claro que, coma o bo viño, cos anos é mellor. E iso, non tódalas persoas o poden dicir.

Os relatos de A Lareira Máxica vanse quedar orfos. Espero que so temporalmente. Certo é que Alvariño ten ben merecido un descanso, que tod@s necesitamos e un servidor xa colleu algunha que outra vez. Gracias Alvariño polas túas colaboracións. Un día triste para o blog. A simpatía de Alvariño vaise en globo nunha tarde de sol. Amargo contraste. Deica pronto!!!

-----
[O blog seguirá, pero agás que aparezan novos colaboradores, a frecuencia vai diminuír notablemente a partir dos vindeiros meses. Non so pola ausencia de Alvariño, senón porque tampouco lle vou poder adicar o tempo necesario nas vindeiras semanas pois nesta vida cómpre priorizar as cousas e o tempo]

luns, 21 de maio de 2012

** Efemérides. Tal día coma hoxe...21 a 27 de maio


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao



maio-21 1997 Domingo García Sabell renuncia á presidencia da Real Academia Galega.
maio-21 2000 A Editorial Galaxia (que celebra o seu 50º aniversario) e o Centro Galego de Barcelona reciben os premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra, respectivamente.


maio-22 1932 Nace en Pol (Lugo) Nicanor Rielo Carballo, etnógrafo e articulista. Foi un crego comprometido na implantación da liturxia en galego.
maio-22 1966 Celso Emilio Ferreiro embarca cara a Venezuela, onde seguiría usando o galego cos seus compatriotas emigrantes.
maio-22 1995 Publícase en Negreira o primeiro número d´O Tambre, integramente en galego.


maio-24 1711 O Ilustrado Padre Sarmiento pronuncia os seus votos de ingreso, lonxe de Galicia e do seu idioma da infancia, na orde beneditina.
maio-24 1984 Constitúese a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, AFNL.


maio-25 1891 Os restos de Rosalía de Castro son trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres de Santiago.



É este un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).


xoves, 17 de maio de 2012

** 17 de Maio. Día das Letras Galegas. ¡¡Viva o galego!!


SANXENXO. Julio Torres

Hoxe é o Día das Letras Galegas. Este ano adícase ó pontevedrés Valentín Paz Andrade. Coma tódolos días adicados á algo -ou a alguén coma no caso das Letras Galegas-, a data é simbólica. E como todas elas, de nada vale adicarlle un día a algo se os 364 ou 365 días restantes se mira para outro lado. E co galego pasa o mesmo. Faime gracia escoitar a "persoeiros" que no día de hoxe se lles enche a boca para defender o galego pero o resto do ano apostan máis por outros idiomas e so usan o galego cando lles convén. Fina hipocresía. Din defender algo que non aprecian. Mesmo falan máis en inglés que en galego. Así non é de estrañar que na TVG poñan películas so en inglés sen subtítulos en galego. Non sei, se a TVG non cumpre co seu cometido de divulgar a lingua galega ¿para que servirá a TVG?

Non me parece mal que se falen outros idiomas. Eu mesmo uso o castelán de vez en cando no blog, a pesar de que habitualmente fale en galego (castrapo, pero galego ó fin e ó cabo) e non me importa que se eu falo en galego a persoa coa que falo utilice o castellano.

Con todo, debería apostarse moito máis polo galego e non ceñirse a un so día. Fanme "gracia" os medios de comunicación, políticos e demais que so se acordan e ensalzan o galego so os días 17 de maio, incluso usando ese día so o galego. Non se pode destilar tanta hipocresía xunta. Non se pode ser bo so un día ó ano e o resto comportarse mal...

mércores, 16 de maio de 2012

** Unha segunda oportunidade...


SANXENXO. Julio Torres

Lembro, a principios dos 80, este programa. Era un pequeno e cada vez que vía esta imaxe arrepiábame. Esa roca, ese impacto. Non hai moito, gracias ás novas tecnoloxías unha vez máis, puiden voltar a ver a cabeceira deste programa. Segue asustando aínda hoxe, pois o tema da seguridade vial é algo moi moi serio pois un simple despiste dun excelente conductor pode conlevar fatídicas consecuencias. Outras veces morren inocentes por culpa de conductores neglixentes e temerarios que pouco ou nada lles importa segar vidas alleas sumidos na voracidade do alcohol e a velocidade, combinación altamente explosiva.

Aquí vos deixo unhas imaxes que, estou seguro, alguén de vós lembrará. É dun programa de seguridad vial chamado "La segunda oportunidad". Daquela so había TVE e dúas canles (a segunda había que mover moito a antena para que se vise decentemente), a televisión pechaba ó mediodía e pola noite. Iso sí, o telelixo non existía. Ougallá a segunda oportunidade tamén viñera dada por eliminar o telelixo e realities varios que pouco ou nada bo aportan máis que cousas banais e intrascendentes. E lembrade: precaución ó volante.

Un saúdo desde Sanxenxo neste abafante 16 de maio, víspera do Día das Letras Galegas e no que os termómetros rebasan en moitos casos os 30 grados.