martes, 23 de xuño de 2009
venres, 19 de xuño de 2009
** Non hai tres sen catro....
Ó triplete conquerido hai pouco polo F.C.Barcelona de fútbol (Liga, Copa de Europa e Copa do Rei) hai que engadirlle a Liga ACB que conquistou onte a sección de baloncesto. Na final ó mellor de cinco partidos, os do F.C.Barcelona gañaronlle 3 a 1 ó Tau Vitoria, que foi o campión o ano pasado. A "Bomba" Navarro, o galego Fran Vázquez, Gianluca Basile, Anderson e Ilyasova foron os mellores nesta final por parte do Barça. O lado negativo ven protagonizado por TVE, que cometeu erros de bulto. O máis grave foi deixar de dar dous minutos do inicio do último cuarto do partido para ofrecer o sorteo da Lotería Primitiva, pero por riba... EN DIFERIDO!!!!. En realidade, si o estaban dando nunha ventaniña pequena á esquerda, pero que non se podía ver ben o partido. Digo eu: tendo en conta que o sorteo xa se celebrara, ¿non sería mellor dar directamente o resultado do sorteo no descanso entre o terceiro e o cuarto e último cuarto ou, si acaso, ofrecelo tamén en íntegro diferido, unha vez rematado o partido (podíase pór un rótulo na pantalla para avisar)?.
Paréceme pouca seriedade porque sempre debe primar o directo ó diferido e tendo en conta que o diferido era un sorteo pois moito máis. Estes erros, únense ós que adoitan a comenter no Teletexto (txt) de TVE. Onte, por exemplo, no txt dicía que Juan Carlos Navarro acadara a 15ª Liga ACB, cando con ésta suma 5 (15 son as que leva o F.C. Barcelona). Por tanto, falta rigor e seriedade. (Preme na imaxe para ler o txt).
Finalizo: ¿Se en vez do Barcelona xogara o Madrid terían feito o mesmo?. Teño as miñas dúbidas. Nada, que non aprenden logo do ridículo coa emisión en diferido do himno de España na retransmisión da final da Copa do Rei de fútbol.
UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , deportes , Medios de Comunicación , opinión
xoves, 18 de xuño de 2009
** Un jueves 11
Hai historias de amor bonitas e tristes ó mesmo tempo. “A las cinco en el Astoria” é o último álbum de La Oreja de Van Gogh. Nel, ademais de presentarnos a súa nova voz cantante: Leire, recolle varias cancións. Unha deles titúlase “Jueves”. O estribillo está chea de amor:
Y de pronto me miras te miro y suspiras
Yo cierro los ojos tú apartas la vista
Apenas respiro me hago pequeñita
Y me pongo a temblar
Relata a historia de dúas persoas que se namoran nun tren. Non obstante é unha historia con final dramático: está adicada ás víctimas do atentado terrorista do Xoves 11 de marzo de 2004.
Pero el tiempo se para y te acercas diciendo
Yo aún no te conozco y ya te echaba de menos
Cada mañana rechazo el directo y elijo este tren
Y ya estamos llegando mi vida ha cambiado un día especial este 11 de marzo
Me tomas la mano llegamos a un túnel que apaga la luz
A canción escoiteina onte por primeira vez. Gustoume a música e, se prestamos atención á letra, é sobreacolledora, con sabor agridóce debido ás circunstancias e ó contexto no que se produce todo.
Unha sentida e merecida homenaxe ás víctimas de tan cruenta barbarie, simbolizada nesta tenra canción de amor.
UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 13 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS música , opinión , sociedade , vídeos e xogos
luns, 15 de xuño de 2009
** O señor do anel americano
Los Ángeles Lakers proclamáronse na pasada madrugada, hora española, campións da NBA (ou sexa, a liga americana de baloncesto, catalogada como a mellor do mundo). Neste equipo xoga
Pau Gasol. O catalán conquire así o seu primeiro anel na NBA, logo de 8 anos na liga americana. Ata principios do 2008 xogara sempre cos Memphis Grizzlies ata ó seu traspaso ó equipo dos Lakers. No equipo anxelino é peza importante, xunto a outras estrelas, en especial Kobe Bryant. O de Pau Gasol é unha historia de sacrificio e crer en sí mesmo, que deu os seus froitos. Primeiro triunfou no seu equipo, o F.C.Barcelona, logo deu o salto á NBA, posteriormente fichou por un dos equipos máis grandes (os Lakers) e agora é campión na NBA con este equipo. Entre medias, no 2006 foi campión de Europa con España. Casi nada. E so ten 28 anos. Ademais, é un referente para moitos xóvenes que se deciden a practicar baloncesto. Noraboa Pau!!!
UN ARTIGO FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , deportes , opinión






