** Cultural.es empeza a emitir en probas
Mañán verá a luz o novo canal de TVE na TDT "Cultural.es", adicado, como o seu nome indica, á cultura. Principiará emitindo en probas para despois incorcorparse ó menú da TDT o vindeiro ano. En realidade sustituirá a "Docu TVE" que ven emitindo por satélite (por internet pódese ver se temos o programa axeitado). Unha boa nova que nestes tempos de telelixo haxa un canal cultural. Mágoa que so o ente público aposte por este tipo de programación. As privadas prefiren coller outros camiños...
Velaquí a promo do novo canal:




