
Eu non son Julio. Tampouco sinto un fervor especial por Diana Palazón. Pero coma el, tamén eu esperaba unha chamada por San Valentín. E tamén coma no seu caso, non chegou.
A decir verdade, levo case 4 meses esperando esa chamada. E a decir verdade tamén, non sei porque pensaba que, se non se producira antes, se ía producir agora.
Primeiro foi polo meu cumpreanos. Despois polo Nadal. Máis tarde esperaba que os Reis se lembraran de min. Pero nin Papá Noel, nin os Reis nin ninguén me fixo o regalo que esperaba. Máis tarde chegou unha data importante. Agora San Valentín. Da igual o día que sexa. Tanto ten que sexa luns ou venres. Eu vivo colgada do móvil. Pero a chamada non chega.
Certo que eu fun a que che pediu que non chamaras. Máis nunca pensei que foses tan obediente.
Será certo aquelo que din de que nunca hai que facer caso a unha muller porque sempre di o contrario do que pensa?
A ver se eses correos que circulan por aí a cotío e que eu sempre pensaba eran obra dalgún retrógrado machista van ser certos.
Non entendes que cando decimos que non as veces queremos decir si? Que cando che digo que te odio, as veces o que quero decir é que te quero? Non comprendes que teño tanto medo coma ti? Que por moito que fale de tonterías, so o fago para que non se note tanto que evito falar dos temas importantes?
Non entendes que teño tanto medo de que me fagan dano coma ti? Que me costa tanto falar de min, como a ti falar de ti?
Non entendes que o único que teño de valor son os meus sentimentos, e que se permito que calquera xogue con eles, permitiría que xogaran co máis preciado que posúo?
Non comprendes que so pretendía chamar a túa atención? Que so quería que me quixeras?
Non o entendes?
UN ARTIGO ELABORADO POR:
MaríaColaboradora habitual de
A Lareira Máxica