sábado, 21 de febreiro de 2009

** Un teléfono que nunca chegou a sonar

Eu non son Julio. Tampouco sinto un fervor especial por Diana Palazón. Pero coma el, tamén eu esperaba unha chamada por San Valentín. E tamén coma no seu caso, non chegou.
A decir verdade, levo case 4 meses esperando esa chamada. E a decir verdade tamén, non sei porque pensaba que, se non se producira antes, se ía producir agora.
Primeiro foi polo meu cumpreanos. Despois polo Nadal. Máis tarde esperaba que os Reis se lembraran de min. Pero nin Papá Noel, nin os Reis nin ninguén me fixo o regalo que esperaba. Máis tarde chegou unha data importante. Agora San Valentín. Da igual o día que sexa. Tanto ten que sexa luns ou venres. Eu vivo colgada do móvil. Pero a chamada non chega.
Certo que eu fun a que che pediu que non chamaras. Máis nunca pensei que foses tan obediente.
Será certo aquelo que din de que nunca hai que facer caso a unha muller porque sempre di o contrario do que pensa?
A ver se eses correos que circulan por aí a cotío e que eu sempre pensaba eran obra dalgún retrógrado machista van ser certos.
Non entendes que cando decimos que non as veces queremos decir si? Que cando che digo que te odio, as veces o que quero decir é que te quero? Non comprendes que teño tanto medo coma ti? Que por moito que fale de tonterías, so o fago para que non se note tanto que evito falar dos temas importantes?
Non entendes que teño tanto medo de que me fagan dano coma ti? Que me costa tanto falar de min, como a ti falar de ti?
Non entendes que o único que teño de valor son os meus sentimentos, e que se permito que calquera xogue con eles, permitiría que xogaran co máis preciado que posúo?
Non comprendes que so pretendía chamar a túa atención? Que so quería que me quixeras?
Non o entendes?



UN ARTIGO ELABORADO POR: María
Colaboradora habitual de A Lareira Máxica

xoves, 19 de febreiro de 2009

** Motivos para SER FELIZ, a pesar de todo



Adicado a "O Moucho"




"A vida vale moito e ti vales moito máis do que poidas nunca imaxinar. Non hai cartos no mundo que te poidan comprar, porque eres un ser único dun valor incalculable. Lémbrao"
Julio Torres

mércores, 18 de febreiro de 2009

** ¿Cuestión de humor? Vexamos...

Mércores. Xa falta menos para a fin de semana e menos para o entroido. Fixen unha recopilación de viñetas gráficas vistas en internet. Agardo que, nestes tempos de crise e malas noticias, vos consigan quitar un sorriso, aínda que so sexa por dous segundos.






Vía | Migramundo


Vía | Im-Pulso





...E un sin palabras...¿Por qué podería ser a multa?????


RECOMENDACIÓN: Como sempre, preme nas imaxes para velas máis grandes.

domingo, 15 de febreiro de 2009

** Esperando unha chamada de Diana por San Valentín

Onte foi o día dos enamorados, mais non puiden falar contigo. Xa sei que o noso é un amor platónico, utópico, imposible, que so vive nos sonos e que nunca endexamais se fará realidade. E é que, como diría Segismundo: ¿Que é a vida? Unha ilusión, unha sombra, unha ficción porque toda a vida é sono, e os sonos,sonos son. Non podo estar máis dacordo con isto. Tamén hai quen di que dos sonos se alimentan as ilusións. E será certo. Ou non...¿Díxenche que son galego?...

Onte gustaríame ter falado contigo, expresarche tódolos meus sentimentos, pero cando te chamei non te puxestes ó teléfono. Será que estarías ocupada coa túa parella. Para iso é a túa parella. No teu caso hai amores que traspasan a barreira da ficción e se fan realidade. Que llo digan a Antonio (Zabálburu). Qué sorte ten el de contar coa túa compañía...

A min dáme igual que te chames Miranda, que Laura, que Diana. Ó fin e ó cabo as tres persoas son unha mesma. E non é o misterio da Santísima Trinidade. Máis ben é un misterio alicantino. Onte chamoume Elsa, pero non me quixen pór. A cantos lle gustarían que ela os tivese chamado. Servidor, so tiña ganas e ollos para ti, querida amiga, pero non puido ser. Non respondestes á miña chamada, e iso que te chamei dúas veces...Será o destino, caprichoso el. Bueno, o destino e...o teu Antonio.

A distancia é o que ten: é un importante obstáculo, máis aínda cando alá en Madrid (quen di Madrid, podería ter dito outra cidade calquera), ti xa tés ó teu amor. El non é o teu amor platónico, quizás sexa o teu amor verdadeiro. Ou quizás non.

Onte foi o Día dos Namorados e acordeime moito de ti, Diana. Dese amor platónico que che profeso e que nunca se verá correspondido. Nin tan sequera nunha película ou serie túa. E é que a vida está chea de sonos e os sonos, sonos son...¿Ou non?...

Adicado á unha beleza chamada DIANA PALAZÓN




UN ARTIGO FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica