** Esperando unha chamada de Diana por San Valentín
Onte foi o día dos enamorados, mais non puiden falar contigo. Xa sei que o noso é un amor platónico, utópico, imposible, que so vive nos sonos e que nunca endexamais se fará realidade. E é que, como diría Segismundo: ¿Que é a vida? Unha ilusión, unha sombra, unha ficción porque toda a vida é sono, e os sonos,sonos son. Non podo estar máis dacordo con isto. Tamén hai quen di que dos sonos se alimentan as ilusións. E será certo. Ou non...¿Díxenche que son galego?...
Onte gustaríame ter falado contigo, expresarche tódolos meus sentimentos, pero cando te chamei non te puxestes ó teléfono. Será que estarías ocupada coa túa parella. Para iso é a túa parella. No teu caso hai amores que traspasan a barreira da ficción e se fan realidade. Que llo digan a Antonio (Zabálburu). Qué sorte ten el de contar coa túa compañía...
A min dáme igual que te chames Miranda, que Laura, que Diana. Ó fin e ó cabo as tres persoas son unha mesma. E non é o misterio da Santísima Trinidade. Máis ben é un misterio alicantino. Onte chamoume Elsa, pero non me quixen pór. A cantos lle gustarían que ela os tivese chamado. Servidor, so tiña ganas e ollos para ti, querida amiga, pero non puido ser. Non respondestes á miña chamada, e iso que te chamei dúas veces...Será o destino, caprichoso el. Bueno, o destino e...o teu Antonio.
A distancia é o que ten: é un importante obstáculo, máis aínda cando alá en Madrid (quen di Madrid, podería ter dito outra cidade calquera), ti xa tés ó teu amor. El non é o teu amor platónico, quizás sexa o teu amor verdadeiro. Ou quizás non.
Onte foi o Día dos Namorados e acordeime moito de ti, Diana. Dese amor platónico que che profeso e que nunca se verá correspondido. Nin tan sequera nunha película ou serie túa. E é que a vida está chea de sonos e os sonos, sonos son...¿Ou non?...
Adicado á unha beleza chamada DIANA PALAZÓN
UN ARTIGO FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica







