sábado, 22 de novembro de 2008

** Punto e seguido moi pausado

Como dicía o amigo DJ Mosto nun comentario da entrada anterior, foi o antivirus AVG o causante de detectar como virus un archivo sano. E a súa eliminación deixoume varios días sen poder usar o PC. Xa está solucionado, non sen bastante esforzo, iso sí.

Este artigo é para dicirvos que cuestións de tipo persoal fan que teña moi pouco tempo para adicarlle ó blog, polo que a partir de agora A Lareira Máxica non se actualizará a cotío como era costume. É posible que so a poida actualizar unha vez por semana ou incluso menos. É unha decisión que me custa moito tomala, nin o imaxinades, pero nesta vida hai que priorizar actividades e, mal que me pese, ALM é SÓ é un entretemento para este xornalista. Unha forma de de poder escribir, de dar as miñas opinións, e de dar a oportunidade a quen o desexe de publicar os seus artigos, opinións, propostas ou suxerencias.

Para min, xa o dixen moitas veces, A Lareira Máxica significa moito. É como se fose -que non o é- un fillo ó que hai que coidar, pero co que disfrutas e que o ves medrar rodeado dunha boa familia. E que xa ten dous anos e medio. O blog está feito con esmero, cariño e moita adicación, máis da que debería tendo en conta que non me reporta ningún beneficio económico, aínda que sí moitos persoais (p.ex. o feito de ter visitantes e comentaristas asiduos). Os que me coñecedes sabédelo ben.

Na vida ás veces temos que tomar decisións amargas e éste é unha: chegou o momento de priorizar outras cousas,de diminuir o tempo que lle viña adicando a esta páxina, polo menos durante unha temporada sen determinar. O blog non vai ter periodicidade fixa. Tentarei de actualizalo unha vez á semana con algún artigo. Outros quedarán programados para publicarse (xa hai algúns en espera).

TEÑO COMO NORMA NON PROMETER NADA QUE NON POIDA CUMPRIR, polo que non podo prometer cada canto se actualizará. O que sí é que non vai desaparecer nin pechar. Ou esa é a miña firme intención a curto e medio prazo. So que se publicarán menos cousas e máis espaciadas. Notaredes tamén que farei menos comentarios nos vosos blogs, aínda que é posible que os visite sen facer comentarios.

En fin, é un día triste, pero xa virán tempos mellores. Din que nunca choveu que non escampara. E diso os galegos sabemos algo. So vos pido paciencia, a mesma que vai que ter este servidor porque nunca é doado ter que priorizar e tomar decisións que nunca che gustaría ter tomado, pero que deben ser tomadas.

Esta decísión non é a única, antes destas xa tiven que renunciar por completo a outras actividades e proxectos que iniciei no 2007. A vida é así, agora toca centrarse no traballo e noutras tarefas que reclaman maior tempo e adicacion da que estaban recibindo. A vida é asi. Sinxelamente hai que priorizar as cousas.

Isto soa a despedida, pero non o é. É UN PUNTO E SEGUIDO MOI PAUSADO. Gracias a tod@s, e seguide visitando o blog, facendo comentarios nel e enviando artigos ou outras propostas (imaxes, humor, música, internet, artigos alleos debidamente identificados,etc.) para publicar. Pola miña parte teño moitos artigos e opinións na cabeza para ir escribindo. Por falta delas non será. Por limitacións de tempo sí. Así que ALM seguirá, pero actualizarase moito menos a cotío. Paciencia!!!

luns, 10 de novembro de 2008

** En BOXES

TEÑO O PC ESTROPEADO. TEREI QUE LEVALO A ARREGLAR POLO QUE DURANTE VARIOS DIAS NON VOU A PODER ACTUALIZAR A Lareira Máxica. Seguramente toque formatealo e volver a instalar todo de novo, co conseguinte traballo que iso entraña (cargueime, por erro meu, o archivo "user32.dll" e sen el non carga o sistema operativo. Se alguén sabe cómo podo facer para solucionar este problema que mo diga, please!!). Espero que teñades paciencia e saibades esperar. Namentras, invítovos a que me enviedes artigos ou propostas para publicar (cando digo propostas estoume a referir a cousas que non son vosas como por exemplo: vídeos, fotos, artigos vistos en internet que poidan dar pé a comentarios ou ser de interes,etc.). Se redactades artigos non importa que non estean ben redactados. Ademais, se queredes, axúdovos a darlle forma se ese é o problema

O dito, espero que na tenda me arranxen o PC o máis axiña e voltar pronto "on the road". Odio os cibers...

domingo, 9 de novembro de 2008

** Un aniversario feliz dentro da desgracia que foi

E é que hai muros que xamais se tiñan que ter construído . O malo é que hoxendía aínda seguen existindo bastantes, invisibles a maior parte, pero muros ó fin e ó cabo. Muros que falan mal dunha sociedade e dun mundo do século XXI. O progreso non avanza, por desgracia, en tódolos sentidos. Cando falamos de progreso non so debería significar tecnoloxía, senón moito diálogo e paz, sobre todo paz. Iso sería navegar cara a un progreso real e amplo, non coartado. Unha sociedade avanzada que non camiña da man da paz, non debera presumir nunca de ser unha sociedad desenvolvida.



UNHA OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** Unha voz que nos deixou moi pronto....

Como vos escribía xa hai dous anos, cada 9 de novembro sempre me acordo dela. Foi unha cantautora española que tivo un gran éxito, so apagado por un desgraciado accidente preto de Benavente (Zamora) no ano 1976, cando regresaba de dar un concerto na Sala Nova Olimpia (Vigo). Contaba tan so 27 anos. O ano anterior quedara segunda no festival da OTI coa canción: Estoume referindo a Cecilia. Pero a parte de "Un Ramito de Violetas" -que podedes ver e escoitar no primeiro dos links deste artigo e é a canción que fai referencia ó 9 de novembro- tamén tivo outras cancións que merece a pena lembrar. Todas elas tiñan un denominador común: o seu ton triste e melancólico, pero non falto de esperanza e debuxando algunha que outra realidade social. Outro das súas cancións famosas foi "Mi querida España".




UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica