Antes de nada: NON VOU PECHAR A LAREIRA MÁXICA. Dito o cal quero manifestar:
1- Grazas a todos e todas pola interese mostrada. Gracias a Mariam, Guillermo, Eifonso, Martín, Alvariño, Patricia, Rosa, Ineti, Jose e algun/ha comentarista anónimo/a. Gracias tamén ós que me chamástedes por teléfono para preguntarme se me pasara algo. Síntome orgulloso de tervos como amig@s". GRAZAS DE TODO CORAZÓN.
2. Non vou pechar o blog. Non. Se vos fixades en ningún momento dixen tal cousa. A entrada foi ambigüa a propósito. "Colorín, colorado (...) se ha acabado. Foi bonito. Gracias a TODOS por telo feito posible".
Hai uns días que se me pasou pola mente publicar esta entrada. ¿Por que non podía estar referíndome a que o tema da selección española de fútbol se acabou, logo de saturar o blog nos últimos días con este tema? "Grazas a TODOS", escribín. Non dixen a tod@s ou a todos/as.... En realidade o de colorín colorado era pare referirme a que xa tocaba pasar páxina co tema da selección, e da alegría que TODOS OS XOGADORES NOS DERON GAÑANDO A EUROCOPA. Doutro lado, a etiqueta do artigo so poñía "actualidade", non poñía "a lareira máxica" nin, certo é, "deportes".
Quería facer un experimento, no que sen dicir a que me estaba referindo e sen dar explicacións, ver cómo reaccionaba á xente que o lía e era visitante asidua do blog. Conste que se mo fixeran a min, tería reaccionado da mesma maneira que vós. Ás veces sen que ningúen nos diga algo expresamente, xa damos por suposto que nolo dixo. Pero ás veces, non todo é o que parece.
Guillermo Pardo deu no clavo, como sempre o fai: "e volve dicíndonos que era unha broma para ver si picabamos". Mariam e Patricia tamén: estrañáballes que pechara o blog, sabendo a moita ilusión que me fai "este fillo virtual" meu e, como apuntaba Mariam, non podía despedirme cun lacónico colorín colorado e un artigo de dúas liñas no que non explicaba nada.
Tamén se nota que Patricia e Mariam me coñecen ben, aínda que as dúas dubidaron e moito...Sorry. Sí, se de verdade fora en serio o do blog, teríao dito: PECHO A LAREIRA MÁXICA POR XX MOTIVOS. Se algún día tomo esa decisión -espero que tarde moitos anos en tomala- tede claro que explicarei claramente que a pecho e porqué.
DE TÓDOLOS XEITOS, PIDO PERDÓN A TOD@S POLA ENTRADA AMBIGÜA E AGARDO QUE NINGÚEN SE TEÑA OFENDIDO.
Con todo, SI que durante o verán vou reducir drásticamente o ritmo de publicación de A Lareira Máxica porque certo é que tamén preciso recargar pilas. Incluso haberá algunha temporada que non o actualice. A tódolos blogueiros nos pasa que precisamos parar, como apuntaban moi ben Eifonso, Martín Bolívar e alguna persoa máis. Non vai ser a primeira nin a última vez que a min tamén me pase.
INSISTO: perdoade, grazas pola vosa preocupación, A.L.M. non pechará, pero durante o verán verá recortada a súa periodicidade. Paciencia. Digamos que vai ser un semi-pechado por vacacións.
GRAZAS A TOD@ POLOS ÁNIMOS E POR TERVOS COMO AMIGOS, COMPAÑEIROS E VISITANTES. SEN VÓS -e agora si que me refiro A Lareira Máxica- este blog non sería o que é. GRAZASPOR ESTAR AÍ.