mércores, 23 de abril de 2008

** 23 de febreiro: celebráse o día do libro

Día 23 de abril. Día Mundial do libro. Iso de que haxa un día para cada cousa, paréceme unha parvada. Cada cousa ten que ter tantos días como ten o ano. O resto paréceme márketing publicitario: Día dos namorados, día do planeta, día do pai, día da nai,...

E no día do libro, que coincide no día de San Jordi, en Cataluña tense por costume o regalar un libro e unha rosa. Bonito detalle, diso non hai dúbida pero: ¿máis consumismo romántico coa disculpa do día do libro? Sen dúbida.

De todos modos, sí quero lembrar a importancia que para un pobo ten a cultura literaria. Hai que sabela apreciar a aproveitarse dela. Nos libros está non so o coñecemento, senón o pensamento crítico. Axúdannos a dar diferentes perspectivas dos temas da vida. De aí que sexa tan importante a lectura. Así que, fagamos uso dos libros e dos seus contidos. Mergullémonos nel. Leamos máis. E non nos lembremos disto cada 23 de abril senón durante todo o ano.

Unha das seccións habituais de A Lareira Máxica é "O Recuncho LIterario" que, como sabedes, recolle fragmentos de libros escritos en galego ou en castelán co gallo de lembralos. É unha sección que no seu momento propuxo, acertadamente, a nosa colaboradora mariam. Aproveito para lembrar que calquera pode enviar o seu fragmento literario para publicar nesta sección. E toda unha ledicia recibir as vosas propostas. Gracias. Por certo, hoxe non podía faltar esta sección que estará adicada a Jorge Bucay, un escritor que me encanta.



UN ARTIGO REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.....no día do libro

" Cada libro lido contribúe a mellorar a cultura dun pobo e a facer máis rico o seu pensamento "



Julio Torres

martes, 22 de abril de 2008

** Carlos Sobera ficha por TVE e abandona Antena 3

O home que move as cellas ata o extremo de poñer nerviosos a calquera concursante que se precie, o home dos xestos imposibles, ése, ese home, de nome Carlos Sobera, vai abandoar Antena 3 para incorporarse a TVE. O actor e presentador vasco inicia unha nova aventura en "La 1" según ven de anunciar a canle pública. De momento so se sabe que estará ligada a varios proxectos. Parece, ou iso se da a entender, que será un dos presentadores de referencia, como o son, por exemplo, Jesús Váquez ou Manel Fuentes en Telecinco. Coido que o fai moi ben na súa faceta dual de presentador-humorista. So resta desexarlle sorte nesta nova andaina. Xa se sabe que as audiencias son crueles e inxustos xuices e moitos caso.


** Punto e aparte para o blog La Huella Digital

Outro gran blog pecha temporalmente as súas portas. Parece un "virus" o de pechar blogs ultimamente. A semana pasada foi o xornalista de La Voz de Galicia Nacho Mirás quen "clausuraba" -esperemos que de xeito provisional- Rabudo, o blog deste vigués, residente en Santiago de Compostela. Onte foi o turno doutro xornalista, curiosamente do mesmo xornal (edición Coruña) e de igual nome: Nacho. Refírome ó blog La Huella Digital, de Nacho de la Fuente. Bromeaba, claro está, co asunto do "virus". Os motivos tanto dun coma doutro son moi comprensibles: a familia (ambos con fillos moi pequenos), o traballo e a falta de tempo. Motivos suficientes para aparcar temporalmente o blogueiro que un leva dentro. Mandan as prioridades. A tod@s nos pasa o de priorizar. Estes descansos, lonxe de ser malos, son bos. ¿Por que? Porque logo vóltase con ánimos renovados. Evidentemente a adicación non pode nin debe ser a mesma cando unha causa xustificada o impide: chámese familia ou traballo (como nestes dous casos), saúde ou razóns de peso. Por suposto, que os que somos amantes dos blogs, non nos é nada fácil ter que elixir. Pero a cabeza, neste caso, debe impórse ó corazón cando de blogs falamos. Resulta moi lóxico.

Agardo que os dous Nacho, os dous xornalistas de La Voz de Galicia, os dous pais con fillos pequenos, os dous grandes blogueiros (un da literatura do cotián e outro do análise informativo), os dous....humm moitas coincidencias (Expediente X tal vez, jeje). En fin que espero que volten pronto. Disfrutade do voso merecido descanso pero non vos olvidedes de voltar, aínda que sexan reducindo considerablemente o ritmo de publicación de artigos.



UN ARTIGO REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica