sábado, 22 de decembro de 2007

** Yellowfin and Christmas business

Esta temporada escribín moito, a pluma éme de gran axuda. Non sei cantos anos terá, uns cantos. Levaba unha gran temporada dormitando no fondo dun caixón do escritorio. Atopeina un día, por casualidade, mentres buscaba uns papeis. Sigue estando igual que sempre, é un pracer escribir con ela, un pracer que me ocasiona algunha que outra incomodidade. A min gústame escribir na cama, a medianoite. Teño que recoñecelo, son máis rudimentario que Pedro Picapiedra. Logo ven o peor, teclear o texto no PC. Dáme moita pereza, nunca atopo un momento. Quizais debería comprar un impresora multifunción e escanear os meus folios en vez de teclear.

Non é mala idea pero os indicadores económicos máis fiables, e non me refiro ós que manexa o ministro de economía, senón ós petos dos consumidores, indican que se aveciñan tempos de crise. Hoxe, por exemplo, foi noticia no telexornal de Matías Prats que van subir as latas de atún un 20% e as dos berberechos un 10%. A subida do atún aféctame, gústame o atún. Segundo dixo un mandamáis da patronal, parece ser que as conservas mantiñan os prezos dos anos 80. Non sei, daquela eu soamente me preocupaba dos prezos das chucharías, e, a verdade, tampouco lles afectaba moito a inflación. Estou sensibilizado co tema do consumo, canto máis temos máis queremos. Somos insaciables. Pois non, así non pode ser. Por agora, non vou mercar o trebello multifunción, que por certo non é nada caro... Bo intento, pero non, non caio na tentación.

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]


    Este tema queda aprazado, polo menos ata as rebaixas. Daquela, xa se retomará e se volverá a valorar. Febreiro é o mellor mes do ano para as compras impulsivas e compulsivas, polo menos, os cartos cunden un chisco máis. É curioso como acaba o Nadal, as rebaixas poñen fin á campaña navideña. Os centros comerciais son os que marcan os tempos, as caixas rexistradoras dominan o noso mundo.

    O Nadal empeza dous meses antes do 25 de decembro, coa invasión dos estantes dos supermercados polos doces navideños. Logo, van colocando o alumeado nas rúas e aparecendo os primeiros Papa Noeles pendurados nas ventás. O peor de todo é que os da tele póñense pesadísimos cos anuncios dos perfumes e do omnipresente Freixenet. Deben ser mensaxes subliminais dirixidas a Ramón García para que se acorde de que ten que planchar a capa. A parafernalia é sempre a mesma, hai pouco marxe para a improvisación. Un sábado pola tarde, mellor se chove, adornamos o abeto de plástico e xa está, xa estamos inmersos no Nadal. Eso si, falta o calvo da lotería que xa parecía un máis da familia.

    No século XXI faise unha gran celebración do Nadal. Sen embargo, paréceme que algo falla, ¿non se celebra o 25 de decembro o nacemento de Xesús nun portal de Belén? Sí, é eso, xa case non me lembro. Polo visto, aquela noite, a mula e a vaca conformáronse con media ración e non lle comeron ó colchón de pallas do neno Deus. Posiblemente, Xesús xa as vía vir o día que expulsou os mercaderes do templo.

    Cando lle falo deste tema a Juanjito, a meu primo Juanjito, que xa parecemos parella de feito, el sempre me recorda que moita xente é atea. Ten toda a razón, cadaquén é dono das súas crenzas e das súas opinións, faltaría máis. Pois eu, facendo uso do meu dereito a libre opinión, aproveito para afirmar que me dan noxo os despilfarros navideños dos falsos católicos, que, a verdade, inda me parecen peores que o colectivo das falsas beatas. Anque Rabudo, (un saúdo, mestre), diga que non hai elemento máis ruín que unha falsa beata nun autobús urbano de Santiago, a min as falsas beatas sempre me pareceron un pouco bobaliconas e inocentes. Qué tempos aqueles, non sei onde botaría miña tía Florentina o velo e o rosario. O velo debeuno gardar no baúl do faiado e o rosario inda lle é un bo complemento para as tardes de velorio e cotilleo. As beatas forman parte da idiosincrasia do noso país e ó mellor o día que desaparezan inda lle fan homenaxes. Agora, que andamos a voltas coa recuperación da memoria histórica pode pasar calquera cousa, todo depende de quen mande...

    Xa está ben, estou a piques de entrar no territorio comanche da temática política e vai ser mellor que pare. Vou durmir. Oxalá me acompañe a sorte e teña un soño bonito, que o imposible non quita o bonito e, ademais, nos soños todo é posible...Cousas miñas.








UN ARTIGO DE: Alvariño
Gran Colaborador de A Lareira Máxica

** Non nos tocou a lotería ¿e a vos?

Non me tocou a lotería. Outro ano máis. Pero tocoume outra: A SORTE DE TERVOS COMO LECTORES de A Lareira Máxica, unha páxina pensada para que poida participar nela quen queira e non so un servidor. O que máis me gusta é que ALM poida ser sitio onde publiquen diversas cousas, diferentes persoas.

A lotería non sempre toca (ou case nunca, no mellor dos casos), pero o tema económico non é o aspecto máis importante desta vida (aínda que, loxicamente, axude).

Noraboa para os que tiveron a visita da Deusa Fortuna e para os que non: APRECIADE TODO AQUILO QUE TEDES, PORQUE OUTROS TEÑEN MENOS QUE VOS. E non falo do do aspecto económico...E que mellor época para pensalo que nestas época de Nadal, que non debería ter nada que ver co CONSUMISMO...

Carpe Diem

mércores, 19 de decembro de 2007

** Cando un ano remata ...

Cando un ano remata chega o momento de facer balance, de voltar a vista atrás, de facer compendio, borrón e conta nova se fose o caso, que non o é.

Di Calamaro nunha das súas cancións que non se pode cambiar de parella como de sombreiro, sen ter sufrido primeiro e María di que non se pode pretender mirar cara adiante sen deixar atadas e ben atadas as cousas de atrás. Por tanto, cando un ano remata a mellor forma de encarar o seguinte e despedirse do anterior. E iso pretendo eu hoxe: despedirme dun dos meus mellores anos.

Porqué? Preguntarédesvos. Porqué un dos teus mellores anos? Eu preguntaríamo. Pois por varias cousas.

Porque o 2007 era ademais o meu 31 ano. Dous números impares como seguro xa tedes observado. E a unha, que non é precisamente supersticiosa, si que lle gustan os impares.

Porque o 2007 foi a nivel económico – laboral un ano considerablemente bo. Ademais das miñas habituais facetas laborais durante este ano emprendín algunha nova con aparente boa sorte e sentido de continuidade.

Pero sobre todo, e por encima de todo, porque durante este ano que remata madurei aínda máis se cabe como persoa e especialmente como amiga.
Porque neste ano coñecín e aprendín o verdadeiro valor desa palabra tan manida pero tan pouco comprendida: a amizade.

O ano comezou para min cun regalo de reis longamente esperado. Mira que levaba anos pedíndolle ós magos un Ken.

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]
    Si, un Ken, jo que a Barbie xa facía anos que a tiña. Ahora so me faltaba o meu Ken. E como din que quen sembra, recolle ... que quen sabe esperar, atopa ... que máis vale tarde que nunca, o meu momento parece que chegara. Algo debín facer bo durante o 2006 porque por fin os meus rogos foran escoitados.

    E aínda que a prantación soe facerse a principios de ano para despois xerminar na primavera, no meu caso a primavera prantou na miña vida a outra persoa (que vergoña me da escribir sobre esto) para que esa semilla fose xerminando tempo despois.
    O caso é que hoxe por hoxe, non sei mañá, (eu prudente coma sempre) podo dicir que teño o enorme privilexio de ter na miña vida a dúas persoas que ó longo deste ano contribuíron a facerma non só máis fácil, senón a ensinarme un montón de cousas, directa ou indirectamente sobre infinidade de aspectos. De verdade que a través deles medrei como persoa, entendín cal era o verdadeiro significado da amizade, aprendín a deixar atrás temores e medos varios, a improvisar. Si, de verdade, a improvisar, por raro e estraño que pareza.

    Aprendín que ser amigo non significa estar ás boas e as malas, senón simplemente estar. Aprendín que os amigos, como os amores, non se buscan, atópanse, e que tampouco existe un lugar mellor que outro para iso. Aprendín que nesta aldea global que nos tocou vivir non existen as distancias. Aprendín a confíar nas persoas e na vida. Aprendín a dar e darme tempo. Aprendín a ser paciente, a compartir, a respetar. Pero aínda aprendín algo mellor ó longo deste ano. Aprendín que cando das un pouco, podes recibir moito. Aprendín a rir en compañía. Aprendín que abrirse ós demais, que deixar que outros te coñezan case tan ben como te coñece túa nai, non só significa que coñezan os teus defectos, puntos débiles e demais senón tamén coñecer os SEUS defectos e puntos débiles e por conseguinte, coñecérmonos uns a outros. Porque eu non son perfecta, e eles tampouco, e iso é o que os fai tan marabillosos.
    Tantas cousas aprendín ó longo deste ano e grazas a eles que non quero olvidalas máis.




UN KEN-ARTIGO DE: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica
(Que hoxe está de cumpreanos. FELICIDADES!!!)

** Wanted...Single it lives because it is worth much

Yes. Búscase so viva, porque vale moito. Foi vista por última vez hai unhas horas, cando transportaba caixas de bombóns e unha gran tarta, para celebrar o seu cumpreanos neste 19/12/07. Esbozaba ledicia de ourella a ourella da súa faciana. Non é para menos. Portaba multitude de regalos (Lóxico: meréceos).

Por favor, quen vira a María, gran persoa e gran colaboradora de A Lareira Máxica que nos avise. Porque os restantes membros e colaboradores deste blog queremos saborear un bombón ou un chisco de tartiiiña. Veña María, envíanos un bombón virtual!!!!

Felicidades María!!! Happy Birthday to you!!! Que cumpras moitos máis (xa, xa sei, e que os anos pasen a modiño, como diría eu)


P.D.: Entre o cumpre, Papa Noel e os Reis Magos que envidia sana nos dás...reparte alghun reghalo eh!!. Por certo, a rosa da frase máxica anterior é un presente de A Lareira Máxica



UNHA FELICITACIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica