** Cando un ano remata ...
Cando un ano remata chega o momento de facer balance, de voltar a vista atrás, de facer compendio, borrón e conta nova se fose o caso, que non o é.
Di Calamaro nunha das súas cancións que non se pode cambiar de parella como de sombreiro, sen ter sufrido primeiro e María di que non se pode pretender mirar cara adiante sen deixar atadas e ben atadas as cousas de atrás. Por tanto, cando un ano remata a mellor forma de encarar o seguinte e despedirse do anterior. E iso pretendo eu hoxe: despedirme dun dos meus mellores anos.
Porqué? Preguntarédesvos. Porqué un dos teus mellores anos? Eu preguntaríamo. Pois por varias cousas.
Porque o 2007 era ademais o meu 31 ano. Dous números impares como seguro xa tedes observado. E a unha, que non é precisamente supersticiosa, si que lle gustan os impares.
Porque o 2007 foi a nivel económico – laboral un ano considerablemente bo. Ademais das miñas habituais facetas laborais durante este ano emprendín algunha nova con aparente boa sorte e sentido de continuidade.
Pero sobre todo, e por encima de todo, porque durante este ano que remata madurei aínda máis se cabe como persoa e especialmente como amiga.
Porque neste ano coñecín e aprendín o verdadeiro valor desa palabra tan manida pero tan pouco comprendida: a amizade.
O ano comezou para min cun regalo de reis longamente esperado. Mira que levaba anos pedíndolle ós magos un Ken.
UN KEN-ARTIGO DE: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica
(Que hoxe está de cumpreanos. FELICIDADES!!!)





