sábado, 17 de novembro de 2007

** Non todo é o que simple vista parece

U n novo amigo de A Lareira Máxica chamado "O Moucho" mandounos un vídeo mui gracioso e divertido. Asemade deixa mui claro que os humanos sempre pensamos no pior. Debuxa mui ben a persoa do vídeo (i é zurdo!) pero creo que, nembargantes está algo obsesionado con empezar tódolos debuxos de forma parecida. Jaime e máis eu partímonos cos seus debuxos. Seguro que vos gosta. E bem bido "Moucho". Agradaríanos seguir contando coa túa colaboración.





VÍDEO ENVIADO POR: O Moucho
Debutante en A Lareira Máxica

venres, 16 de novembro de 2007

** “Be patient, my friend” by Alvariño

D óeme a cabeza. Migraña. Qué día máis puñetero. Na vida real os malos gañan case sempre. Nas películas non, nas películas case sempre gañan os bos. Debe ser que na vida real fan falla máis heroes. Claro, ten que ser eso. Os malos son avariciosos a máis non poder, cánto noxo me dan. Hoxe estiven nun palacete en construcción, xa case rematado. ¿Pode sentirse un mal nun sitio tan suntuoso? Abofé que si, eu sentinme fatal. É normal que me doia a cabeza, foi unha situación estresante, moi estresante.

A diplomacia é así, hoxe sentinme coma se fora o embaixador do baldosín de visita nun país hostil. A misión, a priori, parecía un asunto sinxelo. Logo, o sinxelo foise complicando e empezou a prolongarse máis e máis. Máis horas, máis cuartos, máis salóns, non sei cantos baños, o despacho, a bodega, a lavandería, a chimenea, a piscina climatizada, o estanque grande, o estanque pequeno,... ¡uf! só lle falta unha estatua no xardín e un busto de bronce no oco das escaleiras. Se o tío Manolo segue delegándome este tipo de actividades voulle ter que pedir un plus de peligrosidade. Aturar tanta soberbia pode causar estragos irreparables na miña menguada psique.

Ós ollos dos testemuños foi un encontro cordial e distendido. ¡Puro teatro! Non foi un encontro cordial, foi un encontro interesado revestido de falsa cordialidade, xa sabedes, con moito sorriso falso por aquí e por alá. Ó dono do palacete gústalle que lle alaben o gusto, reflexo delirante do seu poderío económico. Sinceramente, creo que ten moita sorte, sempre está no lugar axeitado no momento apropiado. Non digo que non sexa intelixente, ser cabrón non é incompatible con ter certo grado de intelixencia. Quero dicir que ambos rasgos son perfectamente compatibles, polo menos no seu caso. Todo o luxo que o rodea procede de negocios feitos ó amparo da especulación urbanística e ó manexo de información privilexiada. Non é un segredo, presume constantemente das súas amizades e das súas “operacións”. É un luxo indecente. Detrás do enriquecemento ilexítimo está a desdicha de moita xente. Chegados a este punto seguro que vos preguntaredes que fago eu tratando con ese elemento. Eu tamén mo pregunto. Non me queda outro remedio, non teño poder para decidir con quen desexo tratar, ¿quén o ten?¿terao alguén?

Cando cheguei a miña casa tomei a medicación da migraña e púxenme a ver fotos no ordenador. Si, de sobras sei que é unha actividade totalmente contraproducente para a dor de cabeza. Pareceravos unha parvada, pero necesitaba facer urxentemente algo que me devolvese a confianza na humanidade, velo seu sorriso, recordar o seu talento, sentir que si estivera ó meu carón habíame de dar unha aperta e habíame de dicir unhas frases cheas de sabedoría que me axudaran a aceptar esta realidade tan amarga. Sei que sería así. Era unha persoa marabillosa, chea de paz, que me axudaba a non perder xamais a confianza: na xente, no futuro, na vida,... Espero non esquecelo nunca, nin a el, nin ó seu exemplo. “Hai que ter paciencia”. Estouno oíndo.



UN RELATO DE: Alvariño
Gran colaborador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica......dun grego ¿ti que opinas?

"Cásate; se por casualidade dás cunha boa muller, serás feliz; se non, volveraste filósofo, o que sempre é útil para un home"



Sófocles

mércores, 14 de novembro de 2007

** Consumismo navideño en novembro ¿estamos tolos?

N ovembro, o mes que menos me gusta de todo o ano. E iso a pesar de que cada vez máis teño a sensación que xa é navidade cando se empeza este mes. ¿O motivo? O que todos sabemos. A decoración navideña en máis dun establecemento, rúas que xa están engalanadas, bombardeos de anuncios na t.v. (deberían estar prohibidos en determinadas franxas ata o mes de decembro, porque creo que é contraproducente para os cativos). En fin, que xa é nadal e eu sen enterarme. Ay, Julio, Julio que non te enteras...

O outro día preguntáballe un neno de 5 anos á súa nai en plena rúa:

- ¿E logo mamá, xa é navidad?
- Non, fillo, ata o mes que ven non. Aínda falta moito.
- ¿E entonces porque xa hai árbores de navidad nesa tenda? ¿e por qué xa puxeron tantas luces nesa calle mamá?
- Non sei fillo será que estaban aburridos e por iso os puxeron.

En fin, a inocencia dun cativo de 5 anos coas súas certeiras e inocentes preguntas deixan a calquera seco e case sen posiblidade de respostar. Se é que hai cousas que nin os adultos acadan comprender. Ó mellor máis que celebrar a Nadal queremos potenciar a chegada do consumismo de determindadas, e se se amplían estas datas mellor que mellor. Total como a xente gasta aínda que non chegue a final de mes, pois que máis da gastar en decembro que xa en novembro. Será que as hipotecas dos pisos van baratas ou que a cesta da compra sopra con vento a favor e a toda vela....

Lía hoxe que a xente se vai gastar menos no Nadal que outros anos. Se finalmente é certo noN me estraña en absoluto. Non. Porque con tanta subida de precios, nin que estiveramos nunha subasta....E a televisión bombardeando con anuncios. Que queredes o consumismo está en perigo de extinción e hai que potencialo non vaia ser que desapareza. Viva a retranca galega!!!

En fin, que nos tempos que corren e cos altosprezos en España ó mellor empezamos a pedirlles á Papá Noel ou ós Reis (ós magos, eh, que eu son deles e non de Papá Noel, falando un pouco de todo): tomates, froita, aceite, pan, porque tal e como están os precios para dicir que non. Ah, ó mellor ata é bo o carbón, que con tanto frío, non ven mal. Ou postos a pedir casi cambio o carbón por un barril de petróleo, que casi non gañamos para gasoil....E é que como xa dixen no seu momento neste mesmo blog: " Se Isaac Newton levantara a cabeza", voltaría a baixar porque non todo o que sube baixa, por desgracia....



UN ARTIGO DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica