venres, 6 de xullo de 2007

** Enquisa: dereito a votar e xente de fóra

O noso novo colaborador: Drosophyllum, envioume a seguinte ENQUISA:

Que vos parece esta opinión: "Non parece moi lóxico que os cidadáns de fóra que traballan noutro país (sexa España ou calquera outro) e polo tanto pagan os seus impostos no dito país, non teñan dereito a votar en todos os comicios. Parece bastante lexítimo que un teña dereito a decidir sobre quen vai administrar os cartos que paga en concepto de impostos e como o vai facer. Nesa óptica, tamén parecería razoable que esas persoas non puidesen exercer o voto no seu país de orixe, no que xa non residen."

NOTA DO COORDINADOR DO BLOG: O prazo para votar na enquisa remata o vindeiro venres día 13 inclusive.









ENQUISA REMITIDA POR: Drosophyllum
Colaborador de A Lareira Máxica

xoves, 5 de xullo de 2007

** E as 7 marabillas elexidas en ALM son....


O mes pasado facíavos unha pregunta, a raíz de que pasado mañan se elixen as 7 novas marabillas do mundo, posto ó que aspira a "nosa" Alhambra de Granada: ¿cales credes que son as 7 maravillas galegas? Si, seino. Teriamos que ter distinguido entre marabillas feitas polo home e marabillas naturais. Sexa como fose, o nome máis repetido entre tod@s vós foi:


...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]

    A MURALLA DE LUGO. Iso si, as seguintes máis votadas foron. A un so voto quedou A Catedral de Santiago, e a continución: As Dunas de Corrubedo (Ribeira) ,a Praia das Catedrais (en Foz) e o entorno formado polo Monte e Castro de Santa Tegra, todas elas cos mesmos votos. Un chanzo máis abaixo quedaron as maravillosas Illas Cíes, a Torre de Hércules e os Canóns do Río Sil.

    Si, se contamos saen 8 maravillas, pero é que en Galicia temos, como algúen dixo, máis de 7 marabillas entre as naturais e as construidas.

    Agora so resta por coñecer cales serán as 7 novas marabillas mundiais. A Alhambra sexa elixida ou non, é por suposto unha delas. Iso si, ningunha das marabillas galegas lle ten nada que envidiar ás do resto do mundo. Por iso Galicia ten de todo: monte, mar, moita natureza e unha xente con retranca, gheada, seseo (isto último, deberían considerarse como "marabillas lingúisticas e da fala". Se é que temos de todo. Por exemplo: as praias galegas non lle teñen que envidiar nada ás do resto de España. Diso non teño ningunha dúbida ¿ou alguén de vós a ten? ¿a que non?

    ¿Que opinades dos resultados da enquisa? ¿representan a Galicia e a súa beleza? Eu coido que si, pero o resto das que non se citaron como "gañadoras" poderían estar perfectamente nesta lista de elixidas, e nunca mellor dito o de elixidas.

    Gracias por participar na enquisa a tod@s!!
    Carpe Diem,



    NOTA: A pesar de que houbo algúen que votou máis de 7, os resultados non varían, pois tamén cita, entre outras, as máis votadas (agás os Canóns do Sil). Non me estraña que botara a tantas e é que hai moitas marabillas....Que non nunca son poucas, como acabo de lembrar antes.


    OUTRO APUNTE: Fixádevos se non hai marabillas en Galicia se ata hai un pobo en Celanova (Ourense) que se chama.....As Maravillas. ¿Que máis se pode pedir?





ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

mércores, 4 de xullo de 2007

** QUE RABIA DA CANDO....!! Folletos

C ada día vemos publicados máis folletos redactados en galego. Ata aquí, moi ben. E claro, para iso, para impulsalo, a Xunta da subvencións a quen, ao fin, se decide a publicar a súa información en galego.Vale, ben tamén. O que xa non está nada ben é que os ditos folletos editados en galego non teñan que pasar un control de Política Lingüística [en fin, digo eu que non existe tal control polos fallos monumentais que encontramos nestes...].
Sen ir máis lonxe, hoxe atopei no meu buzón un folleto dunha tenda de mobles. E cal foi a miña sopresa (seguida de indignación) cando, xusto na portada e en tamaño grande, atopei

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]

    "estos prezos vante a convencer". Non é que eu sexa unha gran experta en lingua galega pero aínda así puxéronseme os pelos de punta. Por se acaso, lín outra vez o "titular" en cuestión, pero non tiña problemas de vista. Xa van varios fallos na primeira páxina. Ben, sigo lendo. Páxina 2: "montaxe gratuito". Hai que ver, se a todo o mundo - por pouco que saiba - lle vai soando o das excepcións masculinas de "traxe, paxe, garaxe, personaxe".

    Na mesma páxina, atopamos tamén "estos prezos te van a enamorar, consúltenos sin compromiso". Sigamos: "dormitorio moderno con módulo rincón e tiradores realizados en la propia madeira". Páxina 11: "dormitorio combinado en color roble", etc, etc...

    Ben, pasemos a outro folleto. Esta vez, pretenden vendernos iogures. En pouco máis de 80 palabras falannos dun iogur "ecológico", dunha "cremosidad" impresionante, de leite en femenino e de "ingredintes naturais".

    Pero que raios fai política lingüística cos nosos cartos ??????????????? Non comproba nunca os textos antes da súa publicación? Non piden un exemplar do que se vai publicar antes de dar as subvencións?

    Eu, desde logo, teño claro que só daría a subvención unha vez que todo estivese completamente correcto. Entre iso e a vergoña que sinte un cando escoita falar ós políticos... Que mundo!!!!!!!!!!!!!!!!

    Calypso





QUE RABIA ELABORADO POR: Calypso
Colaboradora habitualde A Lareira Máxica

luns, 2 de xullo de 2007

** Reflexións II. Reflexións veraniegas

A Lareira e os larereiros (chamábamonos así) tan dados ás citas e refráns seguramente me dirían que non hai mal que por ben non veña, e que todo sucede por algunha razón. Tamén que non hai mal que cen anos dure.

García Márquez (xa sabedes que son "fan") pola contra, podería dicirme aquelo de que ninguén se merece as miña bágoas e que quen sexa digno delas non me fará chorar, ou que se cadra Deus quere que coñeza moitas persoas equivocadas para que, cando por fin apareza a adecuada, a poida recoñecer.

Citas, refráns, frases sabias e populares para dar e tomar. Por unha vez vou tirar delas e facerlles caso, porque se cadra, teñen o seu de certo.

Ás veces precisamos que algo ou alguén aparentemente alleo a unha determinada circunstancia apareza ou se cruce nas nosas vidas para darnos conta doutras cousas.


...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]

    Vaia galimatías. Xa sabedes como son as miñas reflexións e aínda por encima, agora que estou deixando de lado a García Márquez e me estou aficionado á Alvariño, creo que o seu estilo particular está comezando a facer mella en min. Espero que non me acuse de plaxio. Pero é certo. ¿Cantas veces temos que pasar por unha situación extrema, poñer incluso en peligro a nosa vida, para entender certas cousas, para dar un xiro ó noso peregrinar diario e ver as cousas dende outra óptica?

    Pois algo así me aconteceu a min o outro día. Ás veces cruzaste cunha persoa que che di algo, que parece ser amigo, con quen parece que teñas tantas e tantas cousas en común, con quen en pouquísimo tempo alcanzas unha dose de relación altísima. Desas persoas, aparentemente, importantes para un, desas que coidas que deixarán pegada na túa vida.

    Desas que cando algo negativo acontece, cando ves peligrar a túa relación con el/ela, no primeiro momento te levas un disgusto fenomenal, un berrinche incrible etc etc. Eu cruceime con alguén así fai unhas semanas. Pero como despois da emoción primeiriza sempre chega o batacazo final, cando isto aconteceu, pasei dous días jodida. Sen embargo, ó terceiro: sorpresa!!!

    Acordeime de tódalas citas da Lareira, de tódalas frases que tanto me gustan de García Márquez, de tódolos refráns que citei ó principio deste artigo e, sorpresa de novo, decateime de que había outra persoa que estaba aí á sombra, dende facía tempo, alguén de quen xa case me tiña medio esquecido, alguén que se merecía máis e mellor atención pola miña parte. E descubrín que ás veces, a máis nimia e insignificante das cousas que nos pasan a cotío, se nos parásemos a pensar sobre ela, descubriríamos
    infinidade de matices. Eu descubrín que podemos deixarnos levar por toda a luz, o brillo e a espectacularidade que desprende o ouro, pero que todo o que reluce o é. Que, ó fin e ó cabo, a min sempre me gustou máis a prata, as cousas sinxelas, as persoas sen tantas dobreces e tanta gaita. Aqueles que se ven vir de fronte, que non andan con lerias, que non precisan de palabras bonitas e peloteos manidos para
    deixar pegada.

    Esta semana descubrín que non podo ir contra min mesma, que hai cousas que están por encima de tódalas outras e que non podo controlar o futuro, pero que si podo decidir como quero vivir o presente. E que, de momento, unha das dúas persoas sobre as que falo no artigo está totalmente fora da miña vida por decisión súa propia ademais: ti o quixeches así. E que a outra está, cada vez máis, moi dentro dela.

    Esperemos que para as reflexións otoñais non cambiaran xa as cousas.



ARTIGO REMITIDO POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica