luns, 12 de marzo de 2007

** Un acordo no que os dous ceden

Menuda fin de semana a dos meus amigos Miguel e Isabel. Acabo de abrir o correo e atópome cun email de Isa e comunicoume a boa nova. Por fin, houbo acordo, Miguel accedeu a que o can durma fora da habitación e recoñece o feito de que Isa xa ceda aceptando o can na casa (xa che dixen, Miguel, que eres un poco terquiño cando queres, pero de sabios e persoas maduras é rectificar. Así me gusta). Ningún gaña. Os dous ceden. Un acordo. E final feliz, do cal me aledo moito. Miguel e Isa tamén nos queren agradecer o feito de que lle axudaramos coas nosas opinións. Que sexades moi felices na vosa futura vida xuntos. Merecédelo os dous.

** A Frase Máxica...¿que nos querrá dicir?

“Unha muller sería encantadora se un poidera caír nos seus brazos sen caír
nas súas mans”



Ambroise Bierce (escritor estadounidense)

domingo, 11 de marzo de 2007

** O caso da burra, o can e a moza

Vaia problema teñen estes dous. Non sei que dicir. Raro, raro, raro, que eu non saiba que dicir. Eu, os problemas sempre llos pregunto ó meu pai, porque eu buscar sí busco respostas, pero nunca dou escollido a mellor delas, que si caldo de repolo ou caldo de nabizas, que si poño o pantalón vaqueiro, que non, que hoxe vou poñer o chándal, e o final poño o pantalón de vestir. Así sempre, é un sinvivir. A vida é unha constante decisión, abofé que sí. A cabeza nunca para, zum, zum, sempre matinando cousas. Pois, estou en branco, porque si meu pai non estivera traballando nas Canarias xa lle tiña preguntado este tema e el habíame de responder unha resposta sabia, porque meu pai, ademais de carpinteiro, coma o paxaro carpinteiro, é un filósofo. Eu salín a el, refírome á filosofía, á carpintería non, non se me da.
...--->Ve-lo Artigo completo....


A mamá pódollo preguntar pero non sei..., de cans non entende gran cousa. Un día pregunteille cal era o mellor can para gardar a casa, se o pastor alemán ou o boxer, e aínda estou agardando pola resposta. De burras sí que entende, o outro día, na TVG, andaban a preguntar cánto duraba a preñez dunha burra e nadie o sabía. Miña nai sí, doce meses, é dicir, un ano. Teño unha idea, voulle facer unha argallada, é dicir, voulle prantexar a cuestión dun xeito que ela poida entender:
- Mamá, qué che parece un home que quere meter unha burra a durmir no cuarto. Nunha esquina, enténdesme, sen molestar nin ornear, caladiña, en plan Platera y yo, e logo, na cama, el durme coa moza, cando durma, ó mellor ás veces non durme, está esperto, claro. Pois, a moza dille que non, que así non, que lle da reparo, que a burra pode pórse celosa. ¿Tí que dis mamá?
- Alvariño non sei..., píllasme en mal momento, ¿non ves que estou virando a tortilla?
- Mamá di algo, é un tema importante para min.
- Bueno, nese caso… ó mellor vai ser que se quede coa burra, sobre todo porque a burra é burra e seguro que nunca dí nada. Non ves, a moza xa protesta pero a burra aínda non dixo ni mu. Non hai comparación, é mellor unha burra que unha muller intolerante.
Mamá dalle a razón ó mozo. Pois…, eu non o teño tan claro, porque eu teño unha cadela, Lúa, e teño unha moza, Rosa, e non sei… Bueno, pillástesme. Sempre me pillan, e que me poño colorado, coma un tomate. Rosa aínda non é a miña moza, pero vaino ser, en canto eu me atreva a decirllo, e que nunca podo. Xa se sabe, na farmacia de Rosa so se fala de medicamentos. Virus, bacterias e xérmenes deber haber un montón, lévaos a xente, pero sentimentos poucos, pouquiños, os mínimos. Ós sentimentos débenlle botar moito desinfectante porque alí nada de nada, asepsia total. Un día voume soltar e daquela xa veredes.
Caramba, xa me estou derivando polos cerros de Úbeda, que o que quería dicir é que se eu tivera que elexir entre Rosa e Lúa non sei que faría, que difícil é, non podo, pero eu sempre soño con Rosa, pois se soño con Rosa o mellor vai ser que durma con Rosa, digo eu, por asociación de ideas, soñar-durmir, choiva-paraugas, can-cocho, xa sabedes como é, pero a Lúa tamén lle quero moito, que a min non me gusta comparar, que cada un é como é, e todos somos fillos de Deus.
Espero ter contribuído a solución do caso do can, a burra e a moza. Bueno, a burra foi un recurso didáctico, unha parábola, como as de Xesús, ou eran fábulas, pois si eran fábulas tiñan que ter moralexa, ou moralina, non sei. Si estivera aquí meu pai non tería tantas dúbidas, sempre as anotaba e logo, a noite, preguntáballe todo. Por teléfono é diferente, non da tempo.
A propósito, quería preguntarlle a Julio se me deixa ser colaborador, xa sabes, a miña maneira, a my way coma Frank Sinatra. Supoño que me dirá que sí, creo que podemos colaborar todos, non fai falla ser catedrático. Ademais, Maria dixo que lle parezo gracioso, non sei, nunca o pensei seriamente. O que sí sei é o que me vai dicir Mariam:
- Anda, un mudiño que sanou, ¿curaches só ou tivéronte que operar Alvariño?
Pois, qué queredes que vos diga rapaces, síntome na miña casa, é o que teño, que me custa soltarme, pero logo xa vedes, non paro, e eso que a min falar, nin fu nin fa.
Un comentario de Alvariño, nada máis, por hoxe.



Comentario remitido por: Alvariño
Debutante en A Lareira Máxica

** ... So faltaba o can por falar. E falou...


Son o famoso can que ten ó meu dono e á súa moza enfadados. Pois eu non vou falar ben do meu dueño, nin mal dela, porque cada un terá os seus motivos para estar enfadados. Eu so vou falar de min, pra que os lectores da “A Lareira Máxica” me coñezan un pouco máis. Porque como a cousa siga asi xa me vexo na tele: “ Por culpa dun can unha parella rompeu a súa relación”. Ou aínda peor, que os nosos políticos se poñan a discutir no Parlamento por culpa miña, xa que calquera cousiña lles vale para enfrentarse uns ós outros.

Eu estaba nunha xaula pequena donde toda a tarde me daba o sol. Era o escaparate dunha tenda de animais Ó dono so lle importaba enseñar a sua mercancía. Miguel paseaba por unha das tantas cidades que ten Galicia mirando os escaparates. Era pleno maio, o mediodía, o sol apretaba o seu, pero eu non daba señais de vida. O sol dábame de pleno e el pensou que estaba morto. Pois non ou pensou máis e esperou toda a tarde hasta que abriron a tenda. O primeiro que fixo e ir a onde min, para saber se estaba ben. Eu coas poucas forzas que me quedaban, pois púxenme en pé e empecei a xogar con el. Caeume ben desde o principio, cousa que non podo decir de todos.

Pois mercoume e non so eso, enseguida me levou ó veterinario para que me fixeran un chequeo. Estaba como un roble so me faltaban algunhas vacunas. Tamén me fixo un pasaporte, si escoitades ben, teño un pasaporte europeo con foto. El viaxa moito e lévame consigo, si escoitades ben, fun xa varias veces en avión e nin siquera me mareo.

Nese sitio lévome moi ben con tódolos meus veciños sobre todo con dúas familias. Unha delas pois faime de canguro e dáme de todo, cociñaba so pra min. Incluso na hora de café eu tamén tiña o meu café con leite, si escoitades ben. A outra veciña dáme máis regalos, roupa e golosinas para cans. Xa o sei: son un can mimado, pero quen non se deixa mimar con eses veciños.

Con tanto mimo pois era un can mal criado, e Miguel non tivo outro remedio que levarme a facerme un curso para adestrar cans. Si déronme o diploma, pero por pouco xa que alí había unha femia da miña raza que me tiña toliño e non lle facía caso á Miguel nin ó instrutor, todo tempo estaba detrás dela embobado e ó final non a conseguín. Sí, son macho e as feminas volveme toliño, como ó meu dueño.

E esta e a miña historia. Agora podedes seguir comentado para axudar ó meu dono e á súa moza. Espero que me teñades un pouquiño en conta.