mércores, 27 de decembro de 2006

** E Mañán....O Relato de María. Capítulo Segundo

.....Poderemos coñecer cómo continúa o relato de María. A segunda parte, está aínda mellor......¿Cómo continúa? ¿Que pasa cos nosos dous namorados?. Mañán continuaremos sabendo un pouco máis desta fermosa historia coa que nos está a obsequiar María.... Eu xa estou desexando cómo vai ser o terceiro capítulo....

** Anuncio pensando nos Reis Magos....

A Lareira Máxica quere -co gallo do Día de Reis- publicar cartas escritas por vós e dirixidas ós Reis Magos. Valen cartas de todo tipo: de peticións de regalos (sexan os que sexan eh!), de ironía,.....incluso as de amor dirixidas ás Súas Maxestades....
Así que, please, animádevos e enviade as vosas cartas ó mail deste blog: alareiramaxica@hotmail.com, ou deixádeas a modo de comentario deste artigo. Pode ser algo divertido.
Xa sabedes podedes remitilas firmadas con seudónimos se non queredes revelar a vosa identidade. Así que, non hai disculpas para non participar nesta iniciativa lareleira.....So fai falta un par de minutos para escribir unhas cantas palabriñas ou frases para que sexan lias polos Reis de Oriente. Quen sabe.....Ó mellor acceden ás vosas peticións e desexos.....
------------------------------------------------------------------------------------
P.D.: @ que lle pique a curiosidade e queira saber o que pon nesta carta ilustrativa da imaxe, que está baixada de internet, so ten que clickar dúas veces enriba da imaxe e saíra de dúbidas.

** QUÉ RABIA DA CANDO.......!!

........ esa persoa que ocupa a túa mente, esa persoa na que non podes deixar de pensar instintivamente, quéiralo ou non, che felicita o Nadal coa mesma frase anódina, seria, fría e distante que empregou para felicitarlle as festas a outras 50 persoas máis. Unha frase carente absolutamente de orixinalidade algunha. Pero máis rabia da aínda pensar que ti lembras todas e cada unha das datas que marcaron(...) Ve-lo Artigo completo....

aquela “non-relación”: o aniversario do día que vos coñecéchedes, o aniversario da vosa primeira cita, o aniversario da primeira vez que che dixo que te quería, da primeira vez que ti lle dixeches o que querías, o día do seu santo, do seu cumpreanos, do día que, por fin, conseguiu rematar a tan ansiada carreira etc. etc. etc. etc. Moitas datas si, mais ti lémbralas todas. Pero que rabia da cando te decatas de que el é completamente incapaz de recordar o día do teu cumpreanos. Qué rabia da!!!


--------------------------------------------------------
Que rabía enviada por: María
Colaboradora VIP de A Lareira Máxica

martes, 26 de decembro de 2006

** Tan preto como lonxe.......E todo no Nadal.

A vida garda no seu interior cousas boas e malas como se quixera rirse de nós, e rirse sen parar. Ás veces recibimos unha noticia ou unha desagradable sorpresa. Outras, outras acontece todo o contario: deléitanos cunha grata alegría inesperada. Esas son as mellores. Sen dúbida. Incluso as cousas pequenas para os ollos dos demais, se poden trocar grandes e xigantescas para os nosos propios ollos. Na vida todo é subxectivo e os significados dependen dun sinfín de variables.
Este Nadal para min está sendo bo (toco madeira!!!!). Desexo que para ti/vós tamén. Por suposto, cando falo del obvio o compoñente comercial, que para min non é Nadal, senón hipocresía disfrazada de regalo que se adianta ó mesmo Carnaval. Non. O Nadal debe ser outra cousa: (...) Ve-lo Artigo completo....
facerte lembrar máis dos amig@ e seres queridos, estén lonxe ou ó teu lado. Dá igual. Non so voltar a comer ou cear con eles, senón que unha simple mensaxe sms, unha felicitación ou unha chamada recórdache que @s teus amig@s están aí, a pesar de que leves tempo sen velos ou falar con eles. Enche de ledicia non perder o contacto con eles, aínda cando están lonxe, aínda cando non tés tanto contacto como antes, calquera que sexa o motivo.

Se todo vai penso visitar a cidade do Apóstolo a vindeira semana onde aínda teño bos amig@. Algunha non é de Santiago mesmo, pero iso dá igual.....Alégrame moito o revivir os bos momentos pasado con eles. Aqueles tempos pasados, que, de vez en cando, gusto de lembrar, acompañado de bos amig@s. Recoñézoo que non o fago tanto como debera ou quixera. Espero que de aquí a que remate estas vacacións para moit@, poida quedar con varias deses e desas vell@s amig@s. Oxalá!!!

Doutra parte, están os familiares e persoas queridas que podes ver no Nadal. Algunha está fóra de España, nos países que aborberon tantos emigrantes como recibe España agora. .
Pero este tipo de encontros ten un dobre visión: a dóce e a amarga. A dóce do reencontro, de pasalo ben, de sentirse a gusto con eles, de....... de moitas cousas. En troques o lado negativo pono a despedida. O lado amargo que ésta conleva. O non saber cando voltará. Cantos meses van pasar para ver de nova a esa persoa tan querida, coa que pasas uns días, so uns días no Nadal. A vida ten dúas caras. É hipócrita en parte, pero é a vida ó fin e ó cabo.

O outro día, a TVG falaba dos moitos emigrantes que retornaban estas festas de lugares como Canrias ou de países como Suiza......Deste último país dicía que estaban chegando varios ávións con galeg@s. Como sei que recibo moitas visitas desde o país helvético, vaia desde aquí un saúdo moi afectuoso para os galeg@ que por motivos laborais teñen que estar residindo alá. Uns teñen a sorte fugaza de voltar á súa terra aínda que sexa por 15 días. Insisto: alegría e tristura nunha mesma moeda cruel

Este Nadal está sendo especial, e agardo que o continúe sendo (toco madeira!!!). Desexo que para ti/vós tamén o sexa. Non pensaba que ía ser así, pero mellor que superara as miñas expectativas que ó contario. Haberá xente que se marche, pero agardo que volte pronto, moi pronto...

Como dice unha persoa moi querida por min: "É o destino. Xa estaba escrito" (ou algo así di). O que engado que me gustaría que todos eses emigrantes galeg@s que un día tiveron que marchar da nosa terra, poidan voltar a ela definitivamente antes do previsto....

Porque nestas festas non se trata de ensalzar o consumismo desaforado, como cada ano se fai con máis intensidade, como se a vida dependese desta despiadade, egoísta e cruel acción. NON!!!!. E un época de reencontros e lembranzas. Un momento no que é bo parararse a pensar e decatarse que hai xente que che importa e xente á que lle importas ti. Que hai persoas que pertencen ó teu círculo de amizades e que, ti tamén pertences ó delas. E iso redunda en beneficios de ambos. Porque unha boa amizade, cando o é, dura para sempre. É eterna.

¿E vós como vos está tratando o Nadal? ¿Qué vos gusta facer nesta época?.....


------------------------------
Opinión de: Julio
------------------------------