mércores, 22 de novembro de 2006

** Humor ¿comparativo?.........

Os tópicos sempre levan a comentar ou ensañarse coas mesmas cousas cando de criticar ó sexo contrario se trata. Isto é, a dialéctica liorta "home-muller". Non deixan de ser chistes fáciles....¿ou se cadra levan razón?... Hai tempo xa atopara en internet (fonte de inagotables recursos) uns interesantes gráficos que ilustran o tema en cuestión e que paso a reproducirvos. Podedes comentar todo aquilo que estimedes oportuno, pero sen pasarvos.....que ultimamente "non dou abasto cos miles de comentarios que me enviades"... Aproveito para agradecer a colaborarción das dúas colaboradoras habituais da páxina: Maria e Mariam.

Para o resto de lectores, dicirvos que confío en que vos animedes máis que comentar artigos non perxudica a saúde...polo menos que se saiba....

ATENCIÓN PREGUNTAS:
¿Cales son as grandes diferencias entre os dous seguintes cadros? ¿Que cousas teñen en común (se as teñen, claro)? ¿Que cousas cambiarades en ambos cadros? ¿Sénteste reflectido no cadro do teu sexo? ¿Por qué?

NOTA: Co fin de ler mellor a información dos cadros, aconséllovos que clickedes dentro 2 veces e verédelos ampliados.


Un sáudo a tod@s. Carpe Diem.

martes, 21 de novembro de 2006

** Novidades na Lareira Máxica

Estes últimos días estiven actualizando os vínculos ou enlaces de A Lareira Máxica, incrementado os xa existentes en 8 e chegando á cifra de 101 (sen contar o das prediccións do tempo). Os últimos en incorporarse á columna da esquerda foron os de: FORTA (Agrupación das televisións autonómicas de España), 3 relativas ó mundo da radio: la radio al día, Super radio e radioespaña.net (coas súa noticias e programación, entre outras cousas que abranguen), o da Web da LFP (Liga de Fútbol Profesional), a web do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e, por último, dentro dos xornais on line: o de La Opinión de A Coruña (como deferencia ás numerosas visitas que recibo desde esa cidade ou arredores), e un enlace no que atoparedes vínculos para os xornais publicados en Suiza (igualmente como deferencia ás numerosas visitas recibidas desde ese país). Nos dous últimos casos xa podíades acceder se premiades a opción " Máis xornais (amplia variedade)", pero cos novos enlaces o acceso é, se cabe, máis directo. (...)

Polo demais, introducín máis logos dos enlaces, tanto destes novos como dos antiguos, reagrupando uns poucos. Se algún de vós se pregunta a causa de por qué non tódolos enlaces teñen o seu logotipo propio co seu nome, a resposta é moi sinxela: cantos máis haxa, máis tamaño ocupa a páxina, polo que tarda máis en cargar. Asemade, non recibo ningunha contraprestación económica por facerlles publicidade. Aínda así, son máis da metade os enlaces que teñen logotipo propio......¡¡¡Xa me podían pagar algo por facerlles publicidade, ou, por exemplo, algún que outro xornal xa me podía regalar un exemplar!!!!. Non descarto a posibilidade de facerlles publicidade do seu logo so se recibo algo deles.....

**....QUÉ RABIA DA CANDO.....!!!!

….Qué rabia da cando…. tentas acercarte a alguén, ser amigo desa persona e non che deixan….Qué rabia da cando nos permitimos o luxo de rechazar a posible amistade de alguén…..Qué rabia da cando non che deixan nin darte a coñecer, nin poder coñecer ó outro….!!!
----------------------------------------------------------------------------
REMITIDA POR: María
CATEGORÍA: Maxi-Colaboradora de alareiramaxica
-----------------------------------------------------------------------------

PUBLICIDADE LARELEIRA: E ti, ¿non te animas a enviar o que che da rabia a ti? ¿Non tés nada que che dé rabia? ¿Non tés ganas de desafogarte? ¿Apetéceche? Pois entón aproveita a oportunidade e non o dubides: envía o teu "....Que rabia da cando......." á lareiramaxica@hotmail.com....

** A FRASE MÁXICA.........¿e ti que pensas dela?

"O éxito non é tanto facer o que se desexa como desexar o que se fai" (D. Brown)
"A sorte está na túa mente; si cres que tés mala sorte terala, se cres que tés boa sorte iso mesmo atraerás" (Anónima)

E a raíz destas frases, das que podedes opinar como sempre, pregúntome tamén: ¿Qué é o éxito? ¿De que depende? ¿Qué é a sorte? ¿De qué depende?