sábado, 18 de novembro de 2006

** .....Al agua ¿patos? .....

O tempo está tolo tolo tolo, definitivamente. En Octubre diluvia, a primeira quincena de novembro fai unha calor propia do verán e a xente inlcuso acude á praia. E estes días de novo...inundacións. Está claro que a capa de ozono ten moito que ver. A contaminación atmosférica empeza a pasar factura....
Hoxe os medios de comunicación fanse eco das fortes choivas caídas especialmente en Vilagarcía de Arousa (na foto). Para os que non a coñezades, esta vila ubícase na Comarca do Salnés. É un dos pobos máis grandes da provincia de Pontevedra, pero ten un pequeno problema...: foi crecendo gañándolle terreo ó mar. Iso dalgunha forma debíase notar tarde ou cedo. E así é cada inverno cando chove. Sufre inundacións en pleno casco urbano. E claro, un día de tantas choivas coma o de hoxe, non podía ser unha excepción. O estrano é que chegue tan pronto este ano.

Calquera llo diría á xente que o pasado fin de semana tomaban o sol na mítica Praia de Compostela, areal denominado así porque nun tempo era o preferido polos santiagueses no verán (actualmente non tanto, porque Noia e outros lugares da costa restáronlle protagonismo). Sexa como fose as rúas de Vilgarcía foi tomada pola choiva. O Río do Con desbordoise e anegou as aceras e incluso a carretera que discurre ó seu carón. Como non hai mal que por ben non veña, os patos patos viron incrementado o seu espacio vital, e incluso se permitiron o luxo de camiñar polas aceras, tal e como vedes na foto da portada do artigo....

Lendo os xornais de hoxe atopei fotos das inundacións de hoxe en Vilagarcía e en Ribeira (concello da mesma ría, a de Arousa), se ben parece ser que foron máis as de Vilagarcía. Co fin de que leades a información e vexades as fotos de cómo quedou a vila pontevedra, déixovos os enlaces dos xornais "La Voz de Galicia"
"El Correo Gallego".

Agardemos que a situación se vaia normalizando e que o tempo recobre a súa cordura, do contario non descartedes que en Navidades comamos o turrón na praia, entre chapuzón e chapuzón, e namentres nos esturramos tomando o sol de......decembro!!!....

Con todo, carpe diem

venres, 17 de novembro de 2006

** As despedidas sempre son tristes....A vida é así.


Foise. Sí. Foise. Eu non quería, pero foise. Deixoume. Deixounos. Recoñezo que me gustaba moito. Hoxendía hai poucas persoas que teñan as ideas tan claras como ela e que sepan o que se debe facer en cada momento. Non é que fora guapa, non. Ela tiña outras cousas que a facían moi interesante. Pero foise, foise….Non morreu, pero botareina en falta. E desas persoas que deixan pegada. Deixoume…..que lle vamos facer…. Botareina en falta. Bastante. Máis do que ela poida imaxinar. Máis....


Aínda lembro que ben o pasaba con ela o venres. Eu informal, ela toda arregrada. Creo que ía elegante de máis, pero é que lle gustaba. A pesar de que non me gusta o negro, ela vestíase de negro, agás a blusa que lle encataba branca. Odio o negro, paréceme unha cor funesta. Supoño que ver a pais e avós vestidos de negro para gardar ten moito que ver (¿cando aprenderemos que o do luto é algo social e que non se quere máis a unha persoa por ir de negro?. A dor pola perda dun ser querido vai por dentro, o do negro é para quedar que non fale a xente hipócrita e indoente).

Nada, que semana tras semana, mes tras mes, ela seguía vestindo de negro. Tiña todo un arsenal de traxes negros. E claro, o bolso era de cor…..negra. Faltaría máis. O seu rostro serio, implacable, combinábase co seu bo trato e amabilidade. Claro que o cortés non quita o valiente.

Gustábanlle moito os nenos. Polo de agora non tiña pero gustábanlle, a pesar de que recoñecía que era unha gran resposabilidade. Algún día quería telos, ou iso dicía, a pesar de que penso que non o dicía moi convencida. Quizás tratase de quedar ben. Non sei. Pode ser. Pero, ¿para que mentir?.

Coñecina un venres. Desde aquel venres, tódolos venres con ela eran especiais. Os nosos encontros duraban pouco, pero eran intensos. Moi intensos. Ela falaba todo, eu calaba. Atendíaa con interés, con moito interés. Os seus beizos sempre sabían o que dicir. No preciso momento, non antes, nin despois. Amosaba seguridade e sabía manexar como ninguén o silencio. Se te portabas mal con ela sabía cando non prestarche atención.

Era doña PERFECTA, moi quisquillosa, máis do debido quizás. Despertaba tanto amor como odio. Había persoas que a querían e outras que a odiaban. A vida é así: non lle podes caer ben a toda a xente. Iso tíñao asumido.

O outro día non dixo nada. Despidiuse coma sempre. Non me deu explicacións, nin me dixo nada. Tan so se despidiu. Toda vestida de negro, incluido o bolso. Eu levanteime do asento e ela saiu e botou a andar rúa abaixo.A súa imaxe comenzou a perderse na oscuridade da noite, namentres camiñaba toda seria e erguida. Non a voltei ver máis. Cousas da vida, a nosa despedida tamén foi un venres. O mesmo día da semana na que a coñecera alá por febreiro. Xa é a nosa segunda despedida. A primeira fora en xuño. Logo voltámonos a ver en setembro…. ata o outro día……¿Haberá un terceiro intento?. Dela depende. A min tenme namorado a súa forma de actuar e de resolver tódolos contratempos….Pero, claro, non todos somos a supernanny. Por favor, regresa pronto a televisión, aínda que sexa con adolescentes como se está a dicir.….

xoves, 16 de novembro de 2006

** A Lareira Información>>>> É noticia.........


<> O decreto para "aumentar o galego na secundaria "aplicarase xa o vindeiro curso

<> A Dirección Xeral de Tráfico (D.X.T.) estudia a posibilidade de que sexa "obrigatorio utilizar as luces de cruce" para conducir durante o día

<> Detectan ata 30 tubos en mal estado na "Vía Rápida do Salnés"

<> Un de cada catro galegos maiores de idade " é obeso"

<> Os científicos dan case por "extinguida a cigala" nos caladeiros da costa galega

** A Frase Máxica....(Come back again)

Gústame cumprir o que prometo. Por iso, e tal e como vos adiantaba este martes pasado, regresan as Frases Máxicas. Agardo que vos animedes a comentalas. Se vos gustan, se non, que vos fan pensar, o acertada ou non da súa temática e a forma de dicilo. En fin, o que queirades comentar. Non hai censura, polo que me gustaría que opinarades simpremente o que pensades das que vaia poñendo. Serán benvidas tódalas frases que me enviedes. A poder ser, que fagan pensar, que induzan á reflexión.
En principio publicareinas 2 ou 3 veces por semana. A vosa participación acabará por asignarlle unha periodicidade ou outra a esta sección de A Lareira Máxica
Hoxe para reinaugurar a sección porei 2 frases, sen que sirva de precedente....

“La alegría cuanto más se gasta, más queda” (Ralph Waldo Emerson)
"Entre un hombre y una mujer, la amistad es tan sólo una pasarela que conduce al amor" (Jules Renard)