** Porque aínda somos moi Novos....
Coñecinos no ano 1988. Nunca pensei que me fosen deixar tan profunda pegada…Nunca, pero foron pasando os anos, e a súa ausencia, os bos momentos vividos, todo o que me fixeran rir estaban aí. Non se esvaeceran no lúgubre e indiferente baúl dos olvidos. Non. Hoxe, 18 anos despois (como pasa o tempo…) voltaron. Están igual que a última vez que os vin. Iso si, as súas voces cambiaron. A pesar de que nos tratan de convencer que son as súas voces orixinais, algunha, polo menos, non o é. Ademias, agora falar ese “galego normativo” tan insulso e lonxano do pobo que realmente fale o auténtico galego de Galicia. Non esoutro galego de laboratorio..Os novos voltaron. A mítica serie inglesa foi reposta pola TVG. Sabia decisión…..
SÍ, sabia decisión a pesar de que para todo hai unha época. Mike (o empresario cabr--), Neill (o hippie), Rick (o anarquista de pacotilla) e Vyvyan (o punki) eran os protagonista. Residian xuntos nun piso alquilado e pelexaban seguido porque as súas personalidades eran encontradas. Aínda así, eran entrañables e durantes os 30 minutos que duraba a ficción ríaste ben. Tiña lugar na Inglaterra gobernada por Margaret Tatcher e facía as súas críticas veladas (ou incluso sen velar….).
A TVG sucumbiu á petición dos numerosos internautas que pedían a berros a súa reposición. A canle autonómicos accedeu ás súas peticións e comprou de novo os dereitos da serie inglesa, tal e como afirmaron desde a TVG ós medios de comunicación.
Lía o outro día nun xornal unha opinión sobre a volta desta serie. Comentaba o seu redactor que a serie lle gustara cando a vira, pero que era un tremendo erro voltar a pola denovos, xa que a situación política na que se enmarcaba cambiara totalmente e, ademais, para os que a viran –como el- suporía desmitificar a lembranza da serie. Argumentaba algo asó como que non se debe voltar ó pasado aínda cando sexa para recuperar gratos recordos.
Persoalmente, en parte ten algo de razón a situación política é distitna., Pero como a min nunca me gustaron os políticos dáme exatamente igual. Sobre o que é un risco de voltar a ver unha serie moi querida e ver que 18 anos despois que non era tan boa como nos pareceu daquela, pois si que é un risco e seguro que non nos gustara tanto. É certo, pero non menos certo é que ós que a vimos daquela nos congratulará ver novamente a Mike, Neil, Vyvyan e Rick e rirse coas súas tramas (ás veces estrambóticas), Quizás os que vexan por primeira vez non lles cautive ó que os que a viron hai 18 anos, porque a tv de hoxe é distinta….Pero aínda así ten o seu aquél.
Por último, sobre o de que non é aconsellable voltar ós bos momentos do pasado porque é algo pasado aínda que fose bo, para nada estou dacordo. Non se trata de vivir sempre do pasado, pero ¿Por qué non voltar á lembrar cousas boas do pasado de vez en cando? Xa suficientes cousas malas pasan, como para permitirnos o luxo de non acordarnos das boas…Por riba, estamos a falar dunha serie de ficción…Que trabucado estaba o redactor, parececía que non quixese lembrar….!!!! Pero, aínda que non comparto todo o que di, respétoo, faltaba máis.
A min non me borrou a imaxe boa da serie. É verdade que a tiña moi mitificada, e non sexa para tanto, pero é divertida e entretida. Tamén se debe ter presente que é unha serie antiga e que os medios eran outros. Pero ¿acaso unha película antiga boa se nos gustou moito non a vemos varias veces???Entón???
Para os que nunca vístedes a serie, o día eleixido pola TVG para vela son os domingos ás 12 da noite. Mala hora, pero tampouco demasiado mala. Botan dous capítulos. Empezaron a emitilos o domingo 24 de setembro. Ese día descoñecía a súa reposición. Este últmo domingo botaron outros dous. En total consta de 12 capítulos….
Xa vos adianto que deberon de ter que pór infinidade de decorados, porque a cada pouco os protagonistas rompían na ficción a casa ós poucos….Menudo era Vyvyan!!!!!
Se as paredes fosen de verdad, tería roto a cabeza, as cervicais…..logo dos seus cabezazos “punkeiros”….
Amais, a serie faime lembrar toda unha época de incipiente adolescencia….Pero iso é outro tema…
Agora gustaríame que désedes a vosa opinión sobre OS NOVOS: ¿gustouvos? ¿gústavos? ¿Qué faciades no 88 cando a botaron na TVG por primeira vez? ¿Qué recordos ou lembranzas vos trae?, etc. O que vos poida suxerir, en definitiva.
Sexas benvidos de novo "OS NOVOS" e gracias á TVG por repoñer unha serie que nos fixo rir a tod@s hai xa 18 anos...
Carpe Diem



