luns, 4 de setembro de 2006

** Empresas mal ubicadas e contaminación

Definitivamente, ós galegos mirounos un torto.No 2002 foi o chapatote do "Prestige". Nos últimos anos os lumes intencionados (este verán máis ca nunca e levados adiante de forma planificada). Sen non era suficiente, agora temos un vertido no Río Umia. ¿A causa?: o incendio da fábrica que unha empresa alemana: Brenntag ten en Caldas. Por mor deste incendio os seus productos vertéronse no Río Umia, quedando afectada gran parte da Comarca do Salnés, sobre todo.
É intolerable a instalación de fábricas contaminantes nas marxes dos ríos e menos sen tomar as medidas de seguridade axeitadas. Nunca pasa nada ata que pasa... Como todo. Que triste é ...


Parece mentira, nunha sociedade tan moderna como a nosa que pasen estas cousas máis propias de países pobres que non saben planificar a ubicación das empresas que entrañan perigosidade para a saúde.


Non sei cantos anos hai que leva instalada Brenntag en Caldas, preto do río Umia. Considero que este tipo de empresas non debían de deixarse instalar tan preto da natureza e, se se instala, facer cando menos controles periódicos moi rigurosos sobre o seu funcionamento e sobre as medidas de seguridade en particular.

O dano xa está causado. Un río contaminados e moitos peixes e outras especies mortas. Nadie se acorda das consecuencias dun desastre como estes ata que pasa. Como todo. Que siginifican as palabras PREVENCIÓN PLANIFICACION SEGURIDADE PROTOCOLO INSPECCIÓN....


Chove sobre mollado neste tipo de cousas. Amais outro tipo de empresas como son as pirotécnicas tamén provocaron diversos accidentes nos últimos tempos, véndose afectadas as casas situadas a escasa distancia destas pirotecnias. Tampouco estas empresas se deberían poder instalar preto das casas.

Xa non falo dos casos de trens vellos ou de avións militares, como o Yakolev, prehistóricos. A xente seguira morrendo. Faranse promesas de melloras (sendo optimistas), e ningúen se acordara de novo ata que haxa unha nova traxedia e morran persoas. Logo haberá máis promesas. Non se fará nada. E ata outra traxedia e volta a empezar.

¿Quen autorizou a instalación de tantas empresas sen importarlle os riscos que a súa ubicación podía conlevar? ¿Por que non se é moi riguroso nas súas imspeccións periódicas (¿fanse?). Os políticos creo que pensan cos bolsillos máis que coas cabezas....

E a ver se cesan tanto desastre natural en Galicia. Éche boa verdade: a can fraco todos son pulgas.

Carpe Diem

domingo, 3 de setembro de 2006

** We´re the basket´s champions


Somos campións!!!. Gañamos o Mundial de baloncesto. Unha fazaña histórica. Na final deste Mundial os xogadores entrenados por Pepu Hernández vapulearon 70 a 47 a Grecia. E todo sen a súa gran estrela: PAU GASOL, quen vibrou desde o banquillo logo de lesionarse nas semifinais contra Arxentina.
O que acadaron hoxe posiblemente tarde moitos anos en repetirse. O que sí sei e que este elenco de 12 baloncestistas vai ser moi díficil que se volte a dar. Quédense cos seus nomes: Pau Gasol, Jorge Garbajosa, José Manuel Calderón, Juan Carlos Navarro, Carlos Jiménez, Sergio Rodríguez, Carlos Cabezas, Berni Rodríguez, Felipe Reyes,Rudy Fernández,Álex Munbrú e Marc Gasol. Unha ducia case irrepetible.


Pasaban uns minutos das 14:30 horas da tarde en España cando a selección española vencía a Grecia. Os nosos saíron convencidos de que podían vencer, incluso sen Gasol. Estaban mnoi motivados. Gañar o ouro motivábaos de por si. E se a iso se lle unía o querer adicarlle o triunfo a Pau Gasol, o seu compañeiro lesionado.
O mesmo Gasol cansouse de repetir que para gañar a final os seus compañeiros e amigos tiñan que crerse gañadores, saber que podía logralos, con esforzo iso sí.

A defensa de España foi excelente. Conseguiuse que os gregos so anotasen 23 puntos ó descanso (ó que se chegara cun 23-43 favorable a España) e so 47 ó remate do encontro. Unha férrea defensa. Xa é complicado de por si que un equipo anote menos de 50 puntos, pero cando temos enfronte á actual campiona de Europa, que dous días antes conseguira gañarlle ós EE.UU. meténdolle 101 puntos pois......

Ó remate do partido e durante as celebración houbo de todo, incluso o disfraz dos xogadores españoles de kamikaces. E é que, no bo sentido da palabra, son uns kamikaces do baloncesto. Acabaron con tódolos seus rivais. Ninguén foi quen de gañarlles. Os que máis cerca estiveron foron os arxentinos, ós que lles gañaron por so un punto. O resto de 10 puntos ou máis de diferencia.

A aquel equipo das Olimpiadas de Los Ángeles 1984, en Estados Unidos, composto por xogadores míticos como Epi, Solozábal, De la Cruz, Corbalán, Romay, Fernando Martín, Andrés Jiménez, Margall, Iturriaga, Fernando Arcega, José Luis Llorente e Beirán,adestrados polo tamén mítico ANTONIO DÍAZ MIGUEL hai que sumarlle a partir de hoxe ó seguinte plantel, campión do Mundo de Baloncesto 2006:



ADESTRADOR: José Vicente Hernández (data de nacemento: 11/02/1958)



BASES:
Carlos Eduardo Cabezas Jurado (14/11/1980)

José Manuel Calderón (28/09/1981)

Sergio Rodríguez Gómez (12/06/1986)


ESCOLTAS:

Rodolfo "Rudy" Fernández Farrés (04/04/1985)

Juan Carlos Navarro Feijoo (13/06/1980)


ALEROS
Carlos Jiménez Sánchez (10/02/1976)

Alex Mumbrú Murcia (12/06/1979)

Bernardo "Berni" Rodríguez Arias (07/06/1980)


PÍVOT
Pau Gasol (06/07/1980)

Jorge Garbajosa Chaparro (19/12/1977)

Felipe Reyes Cabanas (16/03/1980)

Marc Gasol (29/01/1985)


Se vos fixástedes, ningún ten máis de 30 anos, superando so os 26 anos so 3 dos 12 xogadores. Casi ná....

A ver se toman notas os da selección española de fútbol, os eternas promesas. A outras grandes promesas non lles fixo falta máis ca uns poucos anos para alzarse co cetro mundial do Basket.

Noraboa, gracias por facernos disfrutar tanto e moitos máis éxitos para o futuro, porque os vosos éxitos serán os nosos.

Carpe Diem

sábado, 2 de setembro de 2006

** Mundial de basket fabuloso


Mañán pola tarde saberemos que selección gaña o Mundial de baloncesto que se está disputando en Xapón. Unha final inédita: ESPAÑA- GRECIA. As dúas selección fixeron méritos máis que sobrados para acadar tan merecido premio como é esta final. España apeou, in extremis, a Arxentina. Pola contra, Grecia eliminou na mesma ronda á "superpoderosa" EE.UU. Vai ser complicado impoñerse á selección helena, sobre todo logo de coñecer a baixa definitiva de Pau Gasol para o partido por unha lesión nun pé.


Aínda sen Gasol, España merece unha victoria. Unha selección de ensoño, invicta ata hoxe, que conseguiu excelentes resultados cuns magníficos xogadores, moitos dos cales xogarán a vindeira tempada na NBA.

España, rebautizada, como a ÑBA (polo de tantos españoles naquela liga), conseguiu chegar máis lonxe que os seus compañeiros da selección de fútbol (aquela "eterna promesa" que nunca pasa de cuartos.....



Dóeme que Pau Gasol, o gran líder do combinado español, non poida disputar a final. Merecíao, pero hai que gañar con él. Vai ser moito máis complicado, pero non imposible, e senón que llo digan á propia Grecia que eliminou, contra pronóstico, a EE.UU. (finalmente medalla de bronce).

Considero que a calidade técnica dos xogadores españoles, hai que sumarlle o carácter que Pau Gasol lle supo infundir ós seus compañeiros. Un carácter gañador, outrora descoñecido. So a selección española que acadou a medalla de plata en 1984 nas Olimpiadas de "Los Ángeles". Daquela unha EE.UU. moito máis potente que a actual privaranos da medalla de ouro. Non había color entre os dous combinados....

Os Epi, Corbalán, Villacampa, Iturriaga, Fernando Martín, Fernando Romay, Fernando Arcega, Margall, etc. foron segundos nas Olimpiadas. Tamén hai que ter en conta que naquela olimpiada non participara a extinta U.R.S.S. hoxe xermen de outras selecciós como Rusia ou Lituania, moito menos potentes que a España de hoxendía.

Se ben xogamos aquela mítica final na Olimpiada, nunca o fixemos nun Mundial. O noso mellor resultado foi un 4º posto hai máis de 20 anos... Nunhas horas temos a oportunidade de facer MOITA MÁIS HISTORIA e proclamarnos CAMPIÓNS DO MUNDO...casí ná....

Desde aquí tódolos meus mellores desexos ós xogadores da selección española de basket. A ver se lle gañamos a Grecia. E agardo que Pau se recupere pronto.



So me resta dicir que a ver se aprende a selección española de fútbol da de baloncesto, pero penso que salvo que haixa varios Paus Gasoles tan bos en técnica, como en cualides e espíritu gañador, vamos dados....

Carpe Diem.

venres, 1 de setembro de 2006

** SOLUCIÓN: Vacacións dóce vacacións


Seguro que algúns xa vos imaxinarades algo disto. As últimas pistas de onte eran moi grandes....Pois si, estou de vacacións. 15 días para descasar. Logo a finais de octubre, agardo disfrutar dos outros 15 días. Para min o 1 de setembro supón máis que a depresión postvacacional, a explosión vacacional.
Canto á páxina web, e como sempre, irei introducindo pequenos cambios en A Lareira Máxica. De momento, música, 70 vínculos de interés, humor, calendario, hora, tempo e artigos aderezan o seu contiodo. As expectativas que tiña con esta páxina víronse cumpridas. Máis de 4000 visitas recibidas en 4 meses e bastantes internautas que se pasan por aquí a diario. So un pero: gustaríame que escribirades e comentarades en A Lareira Máxica.
En vindeiras datas retomarei ó ritmo habitual da páxina antes do verán: artigos case tódolos días, e introducción de novos apartados e pequenos cambios. Por suposto, aberto a suxerencias...
A TODOS GRACIAS!!!!