venres, 30 de decembro de 2011

** ¡Qué rabia me dan as esti-LISTAS!


COMPOSTELA. Alvariño
Colaborador de A.L.M.



Detesto o Nadal. Non existe cousa máis estúpida. Como sei o que me pasa, procuro que non me afecte esta leria. Pese a que puxen da miña parte, non o conseguín. A noite do día de Nadal, desmoroneime. A día de hoxe inda ando buscando os meus anacos. Para fastidiala un pouco máis, onte ocurréuseme ir a unha perruquería nova. Miña nai, este ano, cambiou de perruqueira e veu encantada. Miña nai é unha cotorra falsa con artrosis, un dato moi relevante que eu pasei por alto. Tal para cual, a perruqueira é outra cotorra falsa. Descoñezo se ten problemas nos osos. ¡Qué muller máis insoportable! Detesto as perruqueiras que se creen con dereito a interrogar á clientela. Mellor lles sería concentrarse no seu traballo, moitísimo mellor.

O corte de pelo que lle fai a miña nai é bastante estiloso e barato, 14 euros. A min cobroume 19 euros porque seica tiña o pelo largo, primeira sorpresa. O meu corte é patético, segunda sorpresa. Agora terei que ir visitar a “miña Carmen” e pagarlle os seus 23 euros habituales. Conclusión: ¡¡o barato sae caro!! 19 euros tirados+ 23 euros por arreglar o desastre=42 euros cortarlle un anaco a melena. ¡Hai días nos que non se debía salir da casa! Qué lle dean ó aforro, porque a miña intención inicial era que me fixeran o mesmo traballo, con idéntico resultado, e por menos cartos. Nin máis nin menos, motivos estrictamente económicos. Paso de pagar un euro de máis pola mesma cousa. Pois..., non tiven sorte.

E por enriba, a perruqueira cheiraba. Así de claro, arrecendía mal. Nótase que debeu aproveitar o mediodía para darlle unha alegría ó corpo. Cousa moi saludable, sí señor. Tan saludable como manter unha axeitado aseo persoal e non andar apestando polo mundo.

¡Non volvo!

Alvariño.

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Non me estraña o teu cabreo. Como ben dis, ás veces o barato sae caro. Pero xa se sabe que unha para aprender e outra para saber ou máis vale "malo" coñecido que bo por coñecer. Aínda que neste caso diría que máis vale boa coñecido que mala por coñecer.

En fin, que desta vez houbo mala sorte, pero xa se sabe que nesta vida todo é relativo. Iso sí, a esa non voltes máis!!!

Gracias polo artigo e feliz 2012 Alvariño!!

Mariam dixo...

¡Cómo empeza o ano Alvariño! Como non acougue a súa furia, presinto que nos próximos meses vai haber moita actividade na sección "Qué rabia...!
Perdona Alvariño, e que me fixo gracia o das esti-listas. Hai tantas ceibas polo mundo...

O Moucho dixo...

Haiche todo neste mundo. E as veces moi pouca profesionalidade. De calquer xeito. Que che toquen peluquerías pouco profesionales non quita que poida haber outras mais axeitadas e serias. Eso sí, o mellor teras que desplazarte mais lonxe e teras que pagar mais, pero si con iso te vas sentir mellor... Adiante. O Nadal non ten culpa somos as persoas as que fan que o nadal sea fermoso ou un desastre. Saudos navideños.