domingo, 18 de decembro de 2011

** O F.C.Barcelona, rei do fútbol mundial


SANXENXO. Julio Torres


O F.C.Barcelona conquistou hoxe a seu Mundialito de clubes de fútbol (antiga Copa Intercontinental) ó derrotar na final ó Santos brasileiro por un contundente 4-0. Leo Messi en 2 ocasións, Xavi e Cesc foron os autores dos goles. Con este novo título o Barça pecha o ano con 5 de 6 títulos posibles: Liga, Champions, Supercopa de España, Supercopa de Europa e Mundialito de clubes. Tan so non gañou a Copa do Rei, na que foi subcampión. Non iguala os 6 títulos de 6 do ano 2011, pero obter 5 de 6 é un tremendo éxito.

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Im-Pulso dixo...

E o máis rechamante é que dos once membros da alineación inicial, ¡nove! saíron da canteira.

Julio Torres dixo...

Moi bo apunte Félix. Iso di moito da canteira do Barça!!